Provincia de Vigo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m es:
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
Certamente na división provincial do estado español as discusións sobre capitalidade son escasas, na práctica totalidade delas a capital é a cidade principal e mellor comunicada, en ben poucos casos hai dúas cidade de similar importancia, no caso de [[Asturias]] con [[Ovieu]] e [[Xixón]], ou [[Cádiz]] e [[Xerez da Fronteira]] na [[Provincia de Cádiz]]. Serva coma reflexión que o único caso no que na actualidade hai diferencia importante entre o tamaño da capital e o da primeira cidade, é o caso de [[Vigo]] na [[Provincia de Pontevedra]].

[[Category: Galicia]]
[[Category:Historia de Galicia]]

[[es:Provincia de Vigo]]
[[es:Provincia de Vigo]]

Revisión como estaba o 15 de xuño de 2007 ás 12:18

Aínda que actualmente non existe a Provincia de Vigo, históricamente esta tivo unha existencia efímera. Hai varios momentos históricos no século XIX nos que se outorga á cidade de Vigo a capitalidade da provincia. En 1810, o goberno de José Bonaparte intenta ordea-lo territorio, dividíndoo en 38 prefeituras, ao estilo das establecidas en Francia, e 111 subprefeituras, segundo o proxecto do clérigo Llorente. As prefeituras, coma na Francia actual, recibirían nomes relativas a accidentes xeográficos, fundamentalmente ríos e cabos. Esta división nunca chegou a entrar en vigor.

En Galiza facía unha división, onde aparece a capitalidade da cidade de Vigo nunha prefeitura supostamente chamada Miño Baixo. Outras prefeituras galegas serían: Tambre, capital A Coruña; Miño Alto, capital Lugo; e Sil capital Ourense. As de Miño Baixo e Tambre coicidían coas actuais provincias de Pontevedra e da Coruña respectivamente. A de Sil comprendía o Sul da actual Provincia de Lugo.

Na división territorial de 1822, realizada no trienio liberal no mes de xaneiro se establece que en Galiza hai catro provincias, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Tamén é salientable que existe unha provincia en Vilafranca do Bierzo á que pertencía a Comarca de Valdeorras, mais situada na rexión de León. Esta división deu lugar a problemas polos límites e capitalidades, e en realidade en 1823 co retorno do Antigo Réxime, quedou sen validez.

En 1833 co decreto de Javier de Burgos establécese a actual división de provincias, onde Pontevedra toma a capitalidade. Certamente na división provincial do estado español as discusións sobre capitalidade son escasas, na práctica totalidade delas a capital é a cidade principal e mellor comunicada, en ben poucos casos hai dúas cidade de similar importancia, no caso de Asturias con Ovieu e Xixón, ou Cádiz e Xerez da Fronteira na Provincia de Cádiz. Serva coma reflexión que o único caso no que na actualidade hai diferencia importante entre o tamaño da capital e o da primeira cidade, é o caso de Vigo na Provincia de Pontevedra.