Hockenheim: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
engado control de autoridades |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
{{Cidades de Baden-Württemberg}} |
{{Cidades de Baden-Württemberg}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Cidades de Baden-Württemberg]] |
[[Categoría:Cidades de Baden-Württemberg]] |
Revisión como estaba o 12 de marzo de 2016 ás 01:29
Modelo:Cidade Alemaña Hockenheim é unha cidade de Alemaña de 21.000 habitantes situada no Land de Baden-Württemberg. É unha das seis cidades meirandes do distrito de Rhein-Neckar-Kreis. En 1999, o número de habitantes sobrepasou os 20.000, polo que o goberno da vila acordou a organización dunha administración central coas municipalidades veciñas de Altlußheim, Neulußheim e Reilingen.
Política
A partir das últimas eleccións locais do 13 de xuño de 2004, o consello local de Hockenheim está integrado por 22 membros, que teñen a denominación de "Stadtraetin/Stadtrat". Dirixindo a cidade está o alcalde, que é elixido directamente pola poboación cada oito anos. O seu representante permanente é o "Erste Beigeordnete", coa designación de "Bürgermeister" (Burgomestre).
Escudo
Adoptado en 1609, o escudo de armas de Hockenheim está composto por dous ganchos de prata cruzados diagonalmente coroados por un león dourado. O león é o animal do Palatinado Electoral, ao que pertencía a vila. Os ganchos probabelmente derivan do nome do lugar. A forma dos símbolos trocou varias veces, mais a súa forma actual está especificada por lei municipal dende 1895.
Deporte
O Hockenheimring, é un circuíto construído en 1932, e acolle o Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 dende 1970, concretamente 28 veces nos últimos 35 anos.
Cidades irmandadas
- Commercy (Francia) dende 1970.
- Hohenstein-Ernstthal (Alemaña) dende 1990.
- Mooresville (Estados Unidos) dende 2002.