O carniceiro: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Substitución automática de texto (-==Reparto== +==Elenco de actores==); cambios estética |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
'''''Le Boucher''''' é un filme franco-italiano, dirixida por [[Claude Chabrol]] en [[1969]] e estreada en [[1970]]. |
'''''Le Boucher''''' é un filme franco-italiano, dirixida por [[Claude Chabrol]] en [[1969]] e estreada en [[1970]]. |
||
==Sinopse== |
== Sinopse == |
||
{{spoiler}} |
{{spoiler}} |
||
Na pequena vila de [[Trémolat]], no [[Périgord]] ([[Dordoña]]), celébrase a voda do profesor Léon Hamel cunah rapaza do lugar. Entre os convidados á cerimonia están unha compañeira da profesora, Hélène David, que é tamén a directora da escola, e Paul Thomas, alcumado Popaul, o carniceiro da vila. |
Na pequena vila de [[Trémolat]], no [[Périgord]] ([[Dordoña]]), celébrase a voda do profesor Léon Hamel cunah rapaza do lugar. Entre os convidados á cerimonia están unha compañeira da profesora, Hélène David, que é tamén a directora da escola, e Paul Thomas, alcumado Popaul, o carniceiro da vila. |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
Logo de abandonar o hospital, Hélène deténse en plena noite a carón do río, abatida polo que pasou, e permanece alí até a alba. |
Logo de abandonar o hospital, Hélène deténse en plena noite a carón do río, abatida polo que pasou, e permanece alí até a alba. |
||
== Elenco de actores == |
|||
==Reparto== |
|||
*[[Stéphane Audran]]: Hélène David |
* [[Stéphane Audran]]: Hélène David |
||
*[[Jean Yanne]]: Paul Thomas, Popaul |
* [[Jean Yanne]]: Paul Thomas, Popaul |
||
*[[Roger Rudel]]: inspector Grumbach |
* [[Roger Rudel]]: inspector Grumbach |
||
*[[William Guérault]]: Charles |
* [[William Guérault]]: Charles |
||
*[[Mario Beccaria]]: Léon Hamel |
* [[Mario Beccaria]]: Léon Hamel |
||
*[[Antonio Passalia]]: Angelo |
* [[Antonio Passalia]]: Angelo |
||
*[[Pascal Ferone]]: Padre Charpy |
* [[Pascal Ferone]]: Padre Charpy |
||
*[[Dominique Zardi]] |
* [[Dominique Zardi]] |
||
*Os habitantes de [[Trémolat]] |
* Os habitantes de [[Trémolat]] |
||
==Premios== |
== Premios == |
||
*[[Festival Internacional de Cine de Donostia]] 1970: [[Cuncha de Prata á mellor actriz]] para [[Stéphane Audran]] |
* [[Festival Internacional de Cine de Donostia]] 1970: [[Cuncha de Prata á mellor actriz]] para [[Stéphane Audran]] |
||
*Premio Bodil 1971 ao mellor filme europeo para [[Claude Chabrol]] |
* Premio Bodil 1971 ao mellor filme europeo para [[Claude Chabrol]] |
||
*Nomeada aos [[Premios BAFTA]] 1973 á mellor actriz para [[Stéphane Audran]] |
* Nomeada aos [[Premios BAFTA]] 1973 á mellor actriz para [[Stéphane Audran]] |
||
==Curiosidades== |
== Curiosidades == |
||
A película foi rodada en [[Trémolat]] ([[Dordoña]]) e nas [[covas de Cougnac]] ([[Lot]]) entre setembro e outubro de 1969. Supuxo a terceira colaboración entre [[Claude Chabrol]] e [[Jean Yanne]] despois de ''[[La Ligne de démarcation]]'' ([[1966]]) e ''[[Que la bête meure]]'' ([[1969]]). Volveron traballar xuntos en ''[[Madame Bovary (filme de 1991)|Madame Bovary]]'' ([[1991]]). |
A película foi rodada en [[Trémolat]] ([[Dordoña]]) e nas [[covas de Cougnac]] ([[Lot]]) entre setembro e outubro de 1969. Supuxo a terceira colaboración entre [[Claude Chabrol]] e [[Jean Yanne]] despois de ''[[La Ligne de démarcation]]'' ([[1966]]) e ''[[Que la bête meure]]'' ([[1969]]). Volveron traballar xuntos en ''[[Madame Bovary (filme de 1991)|Madame Bovary]]'' ([[1991]]). |
||
[[Claude Chabrol]] fai unha chiscadela a [[Honoré de Balzac]] facendo ler á profesora un anaco do capítulo V da novela ''[[La Femme de trente ans]]'' como ditado escolar. |
[[Claude Chabrol]] fai unha chiscadela a [[Honoré de Balzac]] facendo ler á profesora un anaco do capítulo V da novela ''[[La Femme de trente ans]]'' como ditado escolar. |
||
==Véxase tamén== |
== Véxase tamén == |
||
===Ligazóns externas=== |
=== Ligazóns externas === |
||
*{{IMDb título|0064106}} |
* {{IMDb título|0064106}} |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2016 ás 16:01
Le Boucher | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Claude Chabrol |
Produtor | André Génovès |
Guión | Claude Chabrol |
Intérpretes | Stéphane Audran Jean Yanne Roger Rudel |
Música | Pierre Jansen; canción de Dominique Zardi |
Fotografía | Jean Rabier |
Montaxe | Jacques Gaillard |
Distribuidora | ParaFrance |
Estrea | 27 de febreiro de 1970 12 de setembro de 1970 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Francia Italia |
Xénero | Drama, thriller |
Na rede | |
Le Boucher é un filme franco-italiano, dirixida por Claude Chabrol en 1969 e estreada en 1970.
Sinopse
Na pequena vila de Trémolat, no Périgord (Dordoña), celébrase a voda do profesor Léon Hamel cunah rapaza do lugar. Entre os convidados á cerimonia están unha compañeira da profesora, Hélène David, que é tamén a directora da escola, e Paul Thomas, alcumado Popaul, o carniceiro da vila.
Hélène e Paul coñécense na voda e simpatizan. Atraído pola rapaza, o carniceiro cóntalle que para fuxir da violencia do seu pai se enrolou no exército e participou na guerra da Indochina e mais na guerra de Alxeria. Hélène, pola súa banda, procede de París e viviu unha historia de amor quue rematou mal. A mestra, que considera a Popaul como un amigo co que curar a súa soidade, faino partícipe nas actividades cos rapaces da escola e convídao a cear na súa casa.
A tranquilidade da vila disípase ao descubrirse o cadáver dunha moza do lugar, que morreu acoiteladas. Durante unha excursión cos alumnos, Helen descobre o corpo doutra rapaza, que resulta ser a muller de León, asasinada do mesmo xeito. Na escena do crime encontra un mecheiro similar ao que lle regalara a Popaul polo seu aniversario, e recólleo. O comisario Grumbach, que leva o caso, interroga a Hélène. Unha noite, cando Popaul a visita, ela ofrécelle un cigarro para que el o acenda, e tranquilízase ao ver que aínda ten o mecheiro que lle regalara.
Popaul axuda a Hélène a pintar o teito da súa vivenda, e mentres busca un pano descobre que nun caixón ten o mecheiro que ela lle regalara, e que recollera xunto á segunda rapaza morta. Cólleo, e cando ela regresa a casa dille a el que tivo lugar un terceiro asasinato similar aos dous primeiros.
Hélène descobre que Popaul colleu o mecheiro do caixón e pensa que é el o asasino das rapazas. Pola noite el chámaa para falar con ela, pero esta négase a deixarlle entrar na escola. Asustada, pecha as portas e as ventás, pero mentres el aproveita para colarse dentro. Armado coa navalla de resortes, explícalle os motivos dos asasinatos. De sócato, apuñálase no abdome. Hélène lévao ao hospital, e na viaxe el confésalle os seus sentimentos. Na sala de espera pídelle un bico e ela dállo, e no ascensor de camiño ao quirófano morre.
Logo de abandonar o hospital, Hélène deténse en plena noite a carón do río, abatida polo que pasou, e permanece alí até a alba.
Elenco de actores
- Stéphane Audran: Hélène David
- Jean Yanne: Paul Thomas, Popaul
- Roger Rudel: inspector Grumbach
- William Guérault: Charles
- Mario Beccaria: Léon Hamel
- Antonio Passalia: Angelo
- Pascal Ferone: Padre Charpy
- Dominique Zardi
- Os habitantes de Trémolat
Premios
- Festival Internacional de Cine de Donostia 1970: Cuncha de Prata á mellor actriz para Stéphane Audran
- Premio Bodil 1971 ao mellor filme europeo para Claude Chabrol
- Nomeada aos Premios BAFTA 1973 á mellor actriz para Stéphane Audran
Curiosidades
A película foi rodada en Trémolat (Dordoña) e nas covas de Cougnac (Lot) entre setembro e outubro de 1969. Supuxo a terceira colaboración entre Claude Chabrol e Jean Yanne despois de La Ligne de démarcation (1966) e Que la bête meure (1969). Volveron traballar xuntos en Madame Bovary (1991).
Claude Chabrol fai unha chiscadela a Honoré de Balzac facendo ler á profesora un anaco do capítulo V da novela La Femme de trente ans como ditado escolar.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- O carniceiro na IMDb (en inglés).