Os Baños, Caldelas de Tui, Tui: Diferenzas entre revisións
m DEFAULTSORT -> ORDENAR |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Outroshomónimos| |
{{Outroshomónimos|Baños}} |
||
{{Lugar |
{{Lugar |
||
|nome = Os Baños |
|nome = Os Baños |
Revisión como estaba o 29 de novembro de 2015 ás 22:26
Os Baños | |
---|---|
Parroquia | Caldelas de Tui |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°03′21″N 8°34′06″O / 42.055769695265, -8.5682987806189Coordenadas: 42°03′21″N 8°34′06″O / 42.055769695265, -8.5682987806189 |
Poboación | 284 hab. (2009) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Baños é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Tiña 284 habitantes no ano 2009, segundo o padrón municipal do Instituto Nacional de Estatística, dos que 132 eran homes e 152 mulleres, o que representa unha variación dun 1,4 por cento respecto ao ano 2000.
Aspectos de interese
Os Baños é o lugar máis relevante e con máis habitantes de Caldelas de Tui, e nel sitúanse varios dos elementos máis importantes da parroquia, como as augas termais[1], a estación do tren, o Gran Hotel Balneario, a vella escola unitaria, O Pelouro co seu recoñecido proxecto pedagóxico, o torreiro (denominación habitual na comarca para os campos da festa) e a capela do Carme.
O barrio medrou grazas a dous elementos, a estación do tren, erixida a finais do século XIX, e a sona das súas augas termais, que foron o motivo de que se erixira o Gran Hotel, no mesmo século. Ao seu redor floreceu o sector servizos, principalmente a hostalería, a restauración e o pequeno comercio.
Hotel balneario
Situado fisicamente a medio camiño entre a estación do tren e o balneario en si, o hotel foi promovido en 1889 por Antonio Oliver Rubio, quen chegara a xeneral do exército nos tempos de Afonso XIII, e que tamén era propietario dos baños (nome co que se coñecen as augas termais).
O establecemento viviu épocas de esplendor a comezos do século XX, igual que ocorría en outras localidades galegas, como Caldas de Reis, Cuntis, Mondariz-Balneario ou A Toxa. A sona das augas de Caldelas fixo que o hotel tivera moito éxito e propiciara o crecemento ao seu carón, no mesmo barrio, de numerosos aloxamentos. Nos bos tempos, chegaron a contarse ata sete hoteis, á marxe das fondas.
Esta situación mantívose ata a Guerra Civil. Daquela comezou un declive que se mantivo ata bastante avanzado o século XX e hoxe vive mellores tempos[2].
O Pelouro
O Pelouro é unha experiencia educativa posta en marcha en 1973 por Teresa Ubeira Santoro e Juan Rodríguez de Llauder Riesco. En 1988 foi declarado pola Xunta "centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración"[3].
É un proxecto de integración de pequenos normais e outros con discapacidades que ten sido recoñecido con diversos premios e en numerosas investigacións. O seu obxectivo é, segundo contan os responsables, "propiciar a integración saudable de nenos normais con outros con déficits psicosociocognitivos e trastornos xerais do desenvolvemento"[4].
Lugares e parroquias
Lugares de Caldelas de Tui
Lugares da parroquia de Caldelas de Tui no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
Os Baños | O Calvario | O Coello | Engarde | O Foxo | Os Gaios | A Igrexa | O Monte | O Monteiro | As Peteiras | O Piñeiro | O Pozón | O Seixal | O Souto de Arriba | O Souto de Engarde | A Telleira |
Parroquias de Tui
Notas
- ↑ Véxase no artigo dedicado á parroquia
- ↑ Como curiosidade, foi un dos escenarios do filme Hotel Danubio de José Luis Garci.
- ↑ Diario Oficial de Galicia do 8 de agosto
- ↑ Texto de presentación, na páxina web do centro.