A Igrexa, Caldelas de Tui, Tui
A Igrexa | |
---|---|
Parroquia | Caldelas de Tui |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°03′36″N 8°33′48″O / 42.060022933212, -8.5634295462029 |
Poboación | 42 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Igrexa é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. No ano 2009 tiña 46 habitantes (22 homes e 24 mulleres), segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Nacional de Estadística. Isto supón un incremento do 15 por cento respecto ao ano 2000, aínda que un descenso en relación ao 2008.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa.[1]
Aspectos de interese
[editar | editar a fonte]O lugar recibe o seu nome por ser onde se atopa a igrexa parroquial de Caldelas de Tui, consagrada a San Martiño. Segundo os estudosos, o templo estivo na súa orixe nas beiras do río Miño, preto da confluencia co río Caselas. É trasladada ao seu lugar actual en 1674, data que figura nunha inscrición da fachada. En 1719 é reconstruída en parte, e en 1766 érguese a torre en forma de espadana, cunha soa campá.
Esta torre é, precisamente, o único que se salva na reconstrución da igrexa que se inicia en 1965. En 1967 é inaugurado o actual templo. As festas de San Martiño celébranse na súa contorna, mentres que as da Virxe da Rocha, en agosto, teñen como marco as beiras do Miño.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Caldelas de Tui
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Caldelas de Tui no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
Os Baños | O Calvario | O Coello | Engarde | O Foxo | Os Gaios | A Igrexa | O Monte | O Monteiro | As Peteiras | O Piñeiro | O Pozón | O Seixal | O Souto de Arriba | O Souto de Engarde | A Telleira |
Parroquias de Tui
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MARTÍNEZ SIGÜENZA, Xulio: "As parroquias de Tui —síntese histórica—", en Pontevedra, Revista de Estudios Provinciais, número 19. Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2003.