Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética |
amaño referencia |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* {{Cita libro |título= Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración|nome= Rafael|apelidos= Vallejo Pousada|ligazónautor= |coautores= Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan|ano= 2005|editor= Deputación Provincial|localización= Pontevedra|isbn= 84-8457-255-2 |
* {{Cita libro |título= Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración|nome= Rafael|apelidos= Vallejo Pousada|ligazónautor= |coautores= Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan|ano= 2005|editor= Deputación Provincial|localización= Pontevedra|isbn= 84-8457-255-2}} |
||
{{ORDENAR:Bugallal Araujo, Gabino}} |
{{ORDENAR:Bugallal Araujo, Gabino}} |
Revisión como estaba o 11 de maio de 2015 ás 09:50
- Véxase tamén: Isidoro Bugallal.
Gabino Bugallal Araújo, conde de Bugallal, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.
Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.
Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.
Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.
Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, onde repousa[1].
Predecesor: Eduardo Dato |
Presidente do Goberno de España 1921 |
Sucesor: Manuel Allendesalazar |
Familia
Irmán de Isidoro Bugallal, foi neto do xornalista Isidoro Araújo. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. ISBN 84-8457-255-2. A referencia usa o parámetro obsoleto
|coautores=
(Axuda)