Martiño Rivas: Diferenzas entre revisións
Ironía sobre o cambio de nome. |
m Desfixéronse as edicións de 91.116.225.114 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0 |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
Sentimentalmente relacionouse no pasado con [[Sara Casasnovas]] e Elena Furiase e na actualidade mantén unha relación coa actriz [[Irene Escolar]]<ref>http://www.poprosa.com/2008/04/25-martin-rivas-y-su-nueva-novia</ref>. |
Sentimentalmente relacionouse no pasado con [[Sara Casasnovas]] e Elena Furiase e na actualidade mantén unha relación coa actriz [[Irene Escolar]]<ref>http://www.poprosa.com/2008/04/25-martin-rivas-y-su-nueva-novia</ref>. |
||
Martiño decidiu castelanizarse o seu nome por Martín porque non lle entendían en Madrid |
Martiño decidiu castelanizarse o seu nome por Martín porque non lle entendían en Madrid.<ref name="elpaís"/> |
||
== Filmografía == |
== Filmografía == |
Revisión como estaba o 8 de maio de 2015 ás 05:48
Modelo:Actor Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985,[1] é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas[2]. É coñecido por interpretar a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e polo seu papel no filme Os xirasois cegos, que lle valeu un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.
Traxectoria
Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie de da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel de reparto, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasois cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.
Vida persoal
Fillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.[4]
Sentimentalmente relacionouse no pasado con Sara Casasnovas e Elena Furiase e na actualidade mantén unha relación coa actriz Irene Escolar[5].
Martiño decidiu castelanizarse o seu nome por Martín porque non lle entendían en Madrid.[2]
Filmografía
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2008 | Os xirasois cegos | Lalo | Drama dirixido por José Luis Cuerda |
2013 | Gente en sitios | ||
2013 | Tres bodas de más | Dani | |
2014 | Por un puñado de besos | Dani |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1998-2000 | Mareas vivas | Dani | 22 episodios |
2006-2007 | SMS | Moisés | 5 episodios |
2006-2008 | Maridos e mulleres | David | 21 episodios |
2007-2010 | El internado | Marcos Novoa Pazos | 71 episodios |
2012-2013 | El don de Alba | Pablo Escudero | 13 episodios |
2014 | Romeo and Juliet | Romeo | Miniserie |
Curtametraxes
- Puzzle (2004). Curtametraxe gravada en Santiago de Compostela.
- Atopeite (2006). Dirixida por Susana Pérez.
- Universos (2009). Dirixida por José Corbacho e Juan Cruz. Como Álex.
Obras de teatro
- Drácula (2007). Dirixida por Eduardo Bazo y Jorge de Juan e protagonizada por Emilio Gutiérrez Caba e Ramón Langa, entre outros. Como Jonathan Harker.
Notas
- ↑ Martín Rivas en… ¡Algo se mueve!
- ↑ 2,0 2,1 Martín Rivas nació en un café.
- ↑ "Martín Rivas, el más guapo de ‘El Internado’". www.seriesblog.es (en castelán). 3 de setembro de 2012. Consultado o 3 de outubro de 2012.
- ↑ Pontevedra, Silvia (16 de xuño de 2007). "Martín Rivas nació en un café". El País (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2012.
- ↑ http://www.poprosa.com/2008/04/25-martin-rivas-y-su-nueva-novia
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Martiño Rivas na IMDb (en inglés).