Nadal: Diferenzas entre revisións
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}} |
|||
Liña 15: | Liña 15: | ||
== Galería de imaxes == |
== Galería de imaxes == |
||
{{ |
{{Artigo principal|Galería de imaxes do nadal en Galicia}} |
||
<gallery> |
<gallery> |
||
Ficheiro:estrela_de_Belén_GDFL.jpg|Estrela de [[Belén]] |
Ficheiro:estrela_de_Belén_GDFL.jpg|Estrela de [[Belén]] |
Revisión como estaba o 10 de marzo de 2015 ás 21:55
- Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.
O nadal é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret ou Xesús Cristo. A Igrexa Católica Latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.
Data
A data orixinal de celebración do Nadal na tradición cristiá oriental era o 6 de xaneiro, xunto coa Epifanía, e segue a ser así no calendario litúrxico da Igrexa Apostólica Armenia, e festividade pública en Armenia. En 2013 hai unha diferenza de 13 días entre o actual calendario gregoriano e o calendario xuliano. Aqueles países e Igrexas que empregan o calendario xuliano (ou equivalentes) celebran, xa que logo, o Nadal e a Epifanía o 25 de decembro e o 6 de xaneiro respectivamente, que correspóndense co 7 e o 19 de xaneiro do calendario xuliano. Por esta razón Exipto, Etiopía, Eritrea, Rusia, Xeorxia, Ucraína, Serbia, Macedonia e Moldova celebran o Nadal cando no calendario gregoriano é o 7 de xaneiro. As igrexas ortodoxas de Bulgaria, Grecia, Romanía, Antioquía, Alexandría, Albania, Finlandia e América celebran o Nadal o 25 de decembro no calendario xuliano revisado, que correspóndese tamén co 25 de decembro do gregoriano.
Historia e características
Segundo os Evanxeos, Xesús naceu en Belén de Xudea. Seus pais foron María e Xosé, estando estes de viaxe para seren rexistrados no censo romano. O nacemento de Xesús, de acordo cos seus seguidores, cumpría as profecías xudías sobre a chegada dun mesías que redimiría ao mundo do pecado.
As súas orixes remóntanse ao espallamento da relixión cristiá no século II: os romanos celebraban o día 25 o Natalis Solis Invicti (Nacemento do Sol Invicto); por outra banda, os pobos xermánicos celebraban unha festa pagana no solsticio de inverno. Ben puido ser que a Igrexa decidise facer coincidir as datas.
A noite do 24 de decembro celébrase a misa do galo que conmemora o nacemento de Xesucristo. Porén, nos países occidentais no último século celébrase o Nadal dende o 24 de decembro ata o día de Reis o 6 de xaneiro como unha festa de reunión familiar e cun compoñente comercial importante, perdendo en grande medida o espírito relixioso.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do nadal en Galicia.
-
Estrela de Belén
-
Iluminación de Nadal xunto á casa consistorial de Pontevedra.
Véxase tamén
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Nadal |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nadal |