Coello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova información
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 23: Liña 23:
Os coellos distínguense das [[lebre]]s por seren [[altricial|altriciais]] <ref>Chámanse ''altriciais'' ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan ''precociais''.</ref>
Os coellos distínguense das [[lebre]]s por seren [[altricial|altriciais]] <ref>Chámanse ''altriciais'' ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan ''precociais''.</ref>


O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro [[incisivo]]s na mandíbula superior e dous na inferior que medran continuamente durante a súa vida. Nisto diferéncianse dos [[roedor]]es, que posúen dous incisivos tanto na superior como na inferior. Os coellos teñen orellas longas, patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas se achan revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da especie poden atinxir unha velocidade de 15-20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar.Os coellos viven entre 4 e 10 anos.
O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro [[incisivo]]s na mandíbula superior e dous na inferior que medran continuamente durante a súa vida. Nisto diferéncianse dos [[roedor]]es, que posúen dous incisivos tanto na superior como na inferior. Os coellos teñen orellas longas, patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas se achan revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da especie poden atinxir unha velocidade de 15-20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar. Os coellos viven entre 4 e 10 anos.


Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.
Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.


== Os coellos domésticos ==
== Os coellos domésticos ==
Cando os coellos están ben coidados son animales amigables e xoguetóns, son comúns en todo o mundo e son mantidos tanto en interiores como exteriores.
Cando os coellos están ben coidados son animais amigables e xoguetóns, son comúns en todo o mundo e téñense tanto en interior como en exterior.


Os mantidos en interiores son máis sáns e sociables xa que están a salvo dos seus depredadores naturais e de temperaturas extremas.
Os mantidos en interior son máis sans e sociables xa que están a salvo dos seus depredadores naturais e de temperaturas extremas. Os mantidos en exterior necesitan un abrigo que sexa caloroso en [[inverno]] e un lugar que lles proporcione sombra no [[verán]].

Os mantidos en exteriores necesitan abrigo que sexa caluroso en inverno e un lugar que lles proporcione sombra no verán.


A temperatura ideal para os coellos domésticos oscila entre os 10 e 21 graos centígrados.
A temperatura ideal para os coellos domésticos oscila entre os 10 e 21 graos centígrados.
Liña 47: Liña 45:
Na tradición [[Xapón|xaponesa]], os coellos viven na [[Lúa]], onde fan ''[[mochi]]'', un petisco a base de [[arroz]]. Esta idea parte da interpretación visual dos [[mar da lúa|mares da lúa]] como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.
Na tradición [[Xapón|xaponesa]], os coellos viven na [[Lúa]], onde fan ''[[mochi]]'', un petisco a base de [[arroz]]. Esta idea parte da interpretación visual dos [[mar da lúa|mares da lúa]] como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.


Outras manifestacións pódense encontrar nun trazo conocido como Sailor Moon cuxo nome é Usagi(coello en xaponés)
No [[manga]] ''[[Sailor Moon]]'' aparece un personaxe cuxo nome é Usagi (coello en xaponés).


=== O coello na cultura popular galega ===
=== O coello na cultura popular galega ===

Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2015 ás 22:18

Coello
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: ''Oryctolagus''
Lilljeborg, 1873
Especie: ''O. cuniculus''
Nome binomial
'Oryctolagus cuniculus'
(Linnaeus, 1758)
Distribución
Distribución

Distribución

O coello (Oryctolagus cuniculus) é un mamífero lagomorfo, da familia dos Lepóridos, que existe en estado salvaxe, habendo tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola pel, usada para confeccionar vestiario. Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte. Hoxe en día é tamén frecuente criar coellos como animais de compañía.

Os coellos distínguense das lebres por seren altriciais [2]

O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro incisivos na mandíbula superior e dous na inferior que medran continuamente durante a súa vida. Nisto diferéncianse dos roedores, que posúen dous incisivos tanto na superior como na inferior. Os coellos teñen orellas longas, patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas se achan revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da especie poden atinxir unha velocidade de 15-20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar. Os coellos viven entre 4 e 10 anos.

Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.

Os coellos domésticos

Cando os coellos están ben coidados son animais amigables e xoguetóns, son comúns en todo o mundo e téñense tanto en interior como en exterior.

Os mantidos en interior son máis sans e sociables xa que están a salvo dos seus depredadores naturais e de temperaturas extremas. Os mantidos en exterior necesitan un abrigo que sexa caloroso en inverno e un lugar que lles proporcione sombra no verán.

A temperatura ideal para os coellos domésticos oscila entre os 10 e 21 graos centígrados.

O coello na cultura

O coello é un animal presente na cultura popular como símbolo de fertilidade e asociado tamén á Pascua. Polo seu carácter de animal de presa parece que se presta como símbolo da inocencia e do ser que non desexa mal para outros. Ademais, utilízase con frecuencia como símbolo de sexualidade, baseada precisamente na imaxe de inocencia xunto coa súa reputación como enxendrador (como o logotipo da revista Playboy).

Tamén é un arquetipo popular do trampulleiro, que utiliza o seu enxeño para vencer os seus inimigos, como aparece nas fábulas centroeuropeas e no personaxe de Bugs Bunny. Ademais deste último, teñen aparecido moitos outros coellos antropomórficos na literatura, como o Coello Branco das aventuras de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll e nas novelas de Beatrix Potter.

Un dos doce animais do Zodíaco chinés é un coello.

Disque as patas de coellos traen sorte, polo que se levan como amuleto.

Na tradición xaponesa, os coellos viven na Lúa, onde fan mochi, un petisco a base de arroz. Esta idea parte da interpretación visual dos mares da lúa como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.

No manga Sailor Moon aparece un personaxe cuxo nome é Usagi (coello en xaponés).

O coello na cultura popular galega

En Cambados, para cura-la decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos.

  • Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
  • ¡Inda o demo ten cara de coello!
  • Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor.
  • O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá.
  • Ó abade vello, polos e coello.
  • Ó coello fuxido, consello vido.
  • Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas.

Notas

  1. Smith, A. T. & Boyer, A. F. (2008). "Oryctolagus cuniculus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 May 2011.  Database entry includes a brief justification of why this species is Near Threatened
  2. Chámanse altriciais ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan precociais.

Véxase tamén