Xázaro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Liña 11: Liña 11:
[[Categoría:Historia de Rusia]]
[[Categoría:Historia de Rusia]]
[[Categoría:Historia de Hungría]]
[[Categoría:Historia de Hungría]]

{{Link GA|de}}

Revisión como estaba o 18 de outubro de 2014 ás 23:36

Os xázaros[1] ou kházaros[2] (en hebreo, Kuzari כוזרי, en árabe: خزر, en turco: Hazar, en grego: Χαζαροι, en ruso: Хазары, en latín: Gazari ou Cosri) foron un pobo turco procedente de Asia central. Entre os séculos VIII e IX, o xudaísmo converteuse na relixión de estado.

O nome "khazar" parece estar vinculado a un verbo túrquico que significa "errante" (gezer en turco moderno). No século VII, fundaron un Khanato independente no Cáucaso Norte a beiras do Mar Caspio, onde co paso do tempo o xudaísmo converteríase en relixión oficial. No seu momento de máximo esplendor, eles e os seus tributarios controlaron boa parte do que hoxe é o sur de Rusia, Casaquistán occidental, este de Ucraína, parte importante do Cáucaso, (Daguestán, Acerbaixán, Xeorxia,...) e Crimea.

Os xázaros foron importantes aliados do Imperio Bizantino contra o Imperio Sasánida, ademais dunha significativa potencia rexional no seu momento de máximo esplendor. Emprenderon unha serie de guerras, todas vitoriosas, contra os califatos árabes, evitando así posiblemente a invasión de Europa Oriental. A finais do século X, o seu poder declinaría fronte ao Rus de Kiev, desaparecendo misteriosamente da historia.

Notas

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2215. ISBN 9788482893600. 
  2. Enciclopedia Galega Universal.

Véxase tamén