Ruta rosaliana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
A '''Ruta Rosaliana''' é un percorrido que se fai polos lugares máis singulares na vida da poetisa de Galicia [[Rosalía de Castro]], todos eles vinculados sentimentalmente coa escritora, manifestándose ostensiblemente na obra poética de Rosalía.
A '''Ruta Rosaliana''' é un percorrido que se fai polos lugares máis singulares na vida da poetisa de Galicia [[Rosalía de Castro]], todos eles vinculados sentimentalmente coa escritora, manifestándose ostensiblemente na obra poética de Rosalía.


[[Avelino Abuín de Tembra]], escritor que elaborou algunha das máis destacadas antoloxías sobre a obra de Rosalía de Castro, foi quen ideou a creación dun itinerario e promoveu a viaxe polos lugares máis sobranceiros na vida da poetisa.
[[Avelino Abuín de Tembra]], escritor que elaborou algunha das máis destacadas antoloxías sobre a obra de Rosalía de Castro, foi quen ideou a creación dun itinerario e promoveu a viaxe polos lugares máis sobranceiros na vida da poetisa<ref name="ruta_lit.">''Galicia Hoxe'' (3-3-2009) [http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/amor-galician/idNoticia-401631/ «O amor galicián»]. "A súa outra paixón foi a figura e a obra de Rosalía de Castro (...) Froito desta paixón son as antoloxías que realizou da escritora. Porén, foi máis alá e creou para ela unha rurta literaria, que percorre as paisaxes que evocaron os seus escritos".</ref>.
== Percorrido ==
== Percorrido ==
=== O Camiño Novo en Compostela ===
=== O Camiño Novo en Compostela ===
Liña 72: Liña 72:


Lectura recomendada: [http://bitaculas.as-pg.com/literaria/2009/08/19/adios/ !Adiós¡], de Follas Novas.
Lectura recomendada: [http://bitaculas.as-pg.com/literaria/2009/08/19/adios/ !Adiós¡], de Follas Novas.

== Notas ==
{{listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2014 ás 12:22

A Ruta Rosaliana é un percorrido que se fai polos lugares máis singulares na vida da poetisa de Galicia Rosalía de Castro, todos eles vinculados sentimentalmente coa escritora, manifestándose ostensiblemente na obra poética de Rosalía.

Avelino Abuín de Tembra, escritor que elaborou algunha das máis destacadas antoloxías sobre a obra de Rosalía de Castro, foi quen ideou a creación dun itinerario e promoveu a viaxe polos lugares máis sobranceiros na vida da poetisa[1].

Percorrido

O Camiño Novo en Compostela

42°52′25″N 08°33′07″O / 42.87361, -8.55194

Comeza o itinerario na praza de Vigo en Compostela, ao pé do monumento a Rosalía de Castro, que se lle dedicou á poetisa romántica en 1982, no lugar onde Rosalía naceu, nunha casa hoxe desaparecida, a carón do Camiño Novo. Por trás da casa estendíanse os campos de San Xosé, de Ramírez e de Cornes, hoxe integrados na zona urbana de Santiago.

Ortoño; *Aquí naceu o Seminario de Estudos Galegos * XII-X-MCMXXIII*

Ortoño

42°51′09″N 08°38′18″O / 42.85250, -8.63833

Pasou Rosalía a súa infancia en Ortoño, concello de Ames, no Castro de Ortoño, domicilio da familia paterna. Neste lugar fundouse en conmemoración da figura de Rosalía o Seminario de Estudios Galegos en 1923.

Bastavales

42°49′27″N 08°40′13″O / 42.82417, -8.67028

Igrexa de San Xulián de Bastavales.

San Xulián de Bastavales en Brión é unha importante freguesía da arcebispado compostelán. Na aldea de Soigrexa tivo residencia esporádica Rosalía. As campás do templo de Bastavales son un dos seus elementos máis singulares, instaladas en 1828. Rosalía podía escoitalas dende a casa do Castro de Ortoño. Comezouse a construír a igrexa en 1585 e rematouse en 1772. A nave está orientada cara o abrente, axexando cara o monte Ruibal e o mítico Castro Lupario. Por Bastavales transcorre o río Sar, moi vinculado tamén á poesía rosaliana.

Pazo de Hermida

42°43′58″N 08°40′16″O / 42.73278, -8.67111

Artigo principal: Pazo de Hermida.
Pazo da Hermida ou Torres de Lestrobe.

No Pazo da Hermida, en Lestrobe (Dodro), propiedade de parentes próximos, pasou Rosalía tempadas enteiras e mesmo escribiu alí parte da súa obra. O panorama que se contempla é o val do Sar e Ulla e a veiga de Lestrobe.

Estatua de Rosalía no paseo do Espolón en Padrón.

Padrón

42°44′20″N 08°39′41″O / 42.73889, -8.66139

A vila de Padrón está vinculada tamén coa poetisa galega. Na vila padronesa podemos atopar a casa onde Rosalía viviu, na rúa Juán Rodriguéz, camiñar paseniño polo Espolón ou pasear sosegadamente polo xardín botánico de Padrón.

Pazo de Arretén

42°44′45″N 08°38′47″O / 42.74583, -8.64639

Na Arretén, o pazo dos devanceiros maternos de Rosalía, coñecido como a Casa Grande e así aparece nos versos de Rosalía. O pazo de Arretén está delicadamente restaurado.

Casa Museo de Rosalía.

Casa da Matanza

42°44′18″N 8°39′07″O / 42.73833, -8.65194

Artigo principal: Casa Museo Rosalía de Castro.

A Casa Museo está na aldea da Matanza, regresando do pazo de Arretén. A visita ó museo, xunta coa horta, representa un dos puntos culminantes da Ruta Rosaliana.

A Casa da Matanza é a casa na que Rosalía viviu os derradeiros anos da súa vida. Neste espazo faise un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, denominada O perfil dunha sombra, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada O seu, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.

Colexiata de Iria Flavia.

Lectura recomendada: Miña casiña, meu lar, de Follas Novas.

Colexiata de Iria Flavia

42°44′45″N 8°39′20″O / 42.74583, -8.65556

A igrexa de Iria Flavia está rodeada por un fermoso adro. É o cemiterio onde estivo soterrada entre 1885 e 1891, a tumba está sinalizada. É o cemiterio de Adina que canta Rosalía, unha antiga necrópole do século V.

Lectura recomendada: ¡Padrón...! ¡Padrón...!, de Follas Novas.

Mausoleo de Rosalía en Bonaval.

O Panteón de Galegos Ilustres

42°52′58″N 08°32′19″O / 42.88278, -8.53861

Artigo principal: Panteón de Galegos Ilustres.

En San Domingos de Bonaval de volta en Santiago conclúe a viaxe. En Bonaval está o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres. Neste lugar sagrado e intimo podemos contemplar o mausoleo de Rosalía.

Lectura recomendada: !Adiós¡, de Follas Novas.

Notas

  1. Galicia Hoxe (3-3-2009) «O amor galicián». "A súa outra paixón foi a figura e a obra de Rosalía de Castro (...) Froito desta paixón son as antoloxías que realizou da escritora. Porén, foi máis alá e creou para ela unha rurta literaria, que percorre as paisaxes que evocaron os seus escritos".

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas