Conversa:Ruta rosaliana

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maiúsculas ... ou non[editar a fonte]

E non debería ser "Ruta rosaliana" ("rosaliana" en minúsculas)? --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2017 ás 17:04 (UTC)[responder]

Na Rede aparecen diversas formas: Ruta Rosaliana, ruta Rosaliana, ruta rosaliana. No DRAG non aparece explicitamente ruta rosaliana, mais si que aparece no exemplo da acepción de xacobeo, xacobea ruta xacobea (literalmente Ruta xacobea, o r en maiúscula por comezar a frase), así que por analoxía penso que o máis apropiado sería todo en minúscula "ruta rosaliana", pois como indican as ortografías galegas os nomes xenéricos non se escriben en maiúscula (mar Mediterráneo, catedral de Santiago, guerras napoleónicas, serra do Courel...).--Isili0n (conversa) 1 de abril de 2017 ás 17:30 (UTC)[responder]
Boas tardes. Concordo con Isili0n. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 1 de abril de 2017 ás 18:01 (UTC).[responder]
Por min adiante! --Dodro (conversa) 1 de abril de 2017 21:24 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Non creo que "Ruta" teña que ir en minúscula. O artigo refírese a un producto cultural concreto, ideado por Avelino Abuín de Tembra, non a unha ruta calquera. Aquí "Ruta rosaliana" é un nome propio. Unha ruta rosaliana calquera, en minúscula, podería incluír outros lugares vinculados a Rosalía, como a Calle de la Ballesta de Madrid, a Rúa Real de Vigo etc, e non é o caso. Por iso (@Banjo:[1]) en Modelo:Rosalía de Castro, no "group5", eu prefería poñer "Lugares" ou "Lugares rosalianos" en lugar de "Ruta rosaliana" (inda que "lugares" ligue cara a Ruta rosaliana así: [[Ruta rosaliana|Lugares]]), para poder poñer máis lugares vinculados a Rosalía, non únicamente os incluídos por Abuín de Tembra. --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2017 ás 22:01 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Feito! Feito! Modifica segundo consideres mellor, o meu facer nese modelo só é por cuestións de formato. Banjo tell me 2 de abril de 2017 ás 18:45 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ruta rosaliana. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 9 de decembro de 2019 ás 22:51 (UTC)[responder]