Taboada, Silleda: Diferenzas entre revisións
m →Historia: referencia |
→Galería de imaxes: arranxo pé de foto |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
Ficheiro:Igrexa de Santiago de Taboada. Galiza 3.jpg |
Ficheiro:Igrexa de Santiago de Taboada. Galiza 3.jpg |
||
Ficheiro:Igrexa de Santiago de Taboada. Galiza.jpg |
Ficheiro:Igrexa de Santiago de Taboada. Galiza.jpg |
||
Ficheiro:Ponteromanataboada.JPG| Ponte |
Ficheiro:Ponteromanataboada.JPG| [[Ponte Taboada]], sobre a que pasa o camiño de Santiago |
||
</gallery> |
</gallery> |
||
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2014 ás 13:56
Taboada | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Silleda |
Coordenadas | 42°41′12″N 8°13′05″O / 42.686797222222, -8.2181583333333Coordenadas: 42°41′12″N 8°13′05″O / 42.686797222222, -8.2181583333333 |
Poboación | 240 hab. (2004) |
Entidades de poboación | 9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Taboada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 240 habitantes (127 mulleres e 113 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.
Historia
A historia da parroquia xira ó redor da ponte que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da maragatería. A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, medieval, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima na que figura o ano da construción (912).
Augas abaixo, atópase a ponte da antiga estrada a Compostela, levantada en 1862, que deixou se ser tan transitada na década de 1970, ao reformarse o trazado da N-525 e construírse un novo viaduto.
Preto desa ponte, está localizada a estación de ferrocarril, á que se accede desde a outra beira do río Deza grazas a outro viaduto[1], dende o cal se precipitaron os últimos vagóns dun convoi e foron parar ao río, cargados con conservas e ferramentas agrícolas. Na actualidade, aínda se poden ver os restos dos vagóns no leito do Deza[2] .
Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real.
Patrimonio
A igrexa de Santiago de Taboada é románica, data do século XII, ten planta e ábsida rectangular, destacando a portada. No adro hai un singular cruceiro de fuste cónico acanalado con altar. Nas proximidades, cruzando a N-525, hai un área recreativa dedicada ó peregrino con dous monumentos ó Apóstolo Santiago e ó Peregrino Anónimo, deseño de Francisco Alen, obra da Escola Taller de Silleda.
Nesta parroquia, a carón do río Deza, atópase a estación da Ponte Taboada, con parada para viaxeiros da liña de ferrocarril Santiago-Ourense. Ademais destaca a Casa de Carballeda, no lugar do mesmo nome, que conta cunha capela baixo a advocación de San Roque e que foi propiedade no seu momento da familia Gil Taboada.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Taboada, Silleda.
-
Ponte Taboada, sobre a que pasa o camiño de Santiago
Lugares e parroquias
Lugares de Taboada
Lugares da parroquia de Taboada no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Carballeda | Carral | Eirexe | A Estación | A Ponte Taboada | Reboredo | A Regueira | Taboada Vella | Trasdovalo |