Constitución española de 1978: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:1978 mediante HotCat |
Sen resumo de edición |
||
Liña 45: | Liña 45: | ||
Á súa vez, o Título preliminar contén os [[Principios constitucionais]] que determinan a configuración do Estado e os seus acenos de identidade. |
Á súa vez, o Título preliminar contén os [[Principios constitucionais]] que determinan a configuración do Estado e os seus acenos de identidade. |
||
A [[soberanía nacional]] faise residir no pobo español, pero a polémica redacción do artigo 2, que inclúe o ''dereito á autonomía das nacionalidades e rexións'' que integran a [[nación española]] sempre foi destacado pola |
A [[soberanía nacional]] faise residir no pobo español, pero a polémica redacción do artigo 2, que inclúe o ''dereito á autonomía das nacionalidades e rexións'' que integran a [[nación española]] sempre foi destacado pola ambigüidade da súa redacción, que aínda que permitiu o consenso para a súa aprobación, tamén deu lugar a múltiples interpretacións. |
||
=== Parte orgánica === |
=== Parte orgánica === |
||
Liña 62: | Liña 62: | ||
=== Reformas === |
=== Reformas === |
||
A Constitución española foi modificada |
A Constitución española foi modificada dúas veces: |
||
*A primeira, ''Artigo 13.2'', para estender aos cidadáns da [[Unión Europea]] o dereito a voto (electores e elixibles como candidatos) nas eleccións locais. Esta [[reforma constitucional]] entrou en vigor o [[28 de agosto]] de [[1992]]. |
|||
*A segunda, ''Artigo 135'', redactado polo artigo único da Reforma da Constitución Española de 27 de setembro de 2011 («B.O.E.» 27 setembro). Vixencia: 27 setembro 2011. |
|||
== O sistema político e as autonomías == |
== O sistema político e as autonomías == |
||
Liña 76: | Liña 78: | ||
=== As autonomías === |
=== As autonomías === |
||
[[Ficheiro:Escultura constitución Campolongo.jpg|miniatura |
[[Ficheiro:Escultura constitución Campolongo.jpg|miniatura|300px|Monumento á Constitución en [[Campolongo, Pontevedra|Campolongo]] ([[Pontevedra]]), co texto do preámbulo.]] |
||
A Constitución de 1978 rompe unha tradición centralista iniciada en 1700 por [[Felipe V de España|Felipe V]]. Como intento de solución ao problema rexional e ás reivindicacións dos grupos [[Nacionalismo|nacionalistas]] vasco e catalán, sen esquecer as [[minoría]]s [[nacionalismo|nacionalistas]] galegas, valencianas, canarias e andaluzas, créase un novo modelo de Estado descentralizado, no cal cada rexión convértese nunha [[comunidade autónoma]] con autogoberno, parlamento autonómico, tribunais de ámbito rexional e un [[Estatuto de autonomía]] que establece o modelo e as competencias que pode asumir. |
A Constitución de 1978 rompe unha tradición centralista iniciada en 1700 por [[Felipe V de España|Felipe V]]. Como intento de solución ao problema rexional e ás reivindicacións dos grupos [[Nacionalismo|nacionalistas]] vasco e catalán, sen esquecer as [[minoría]]s [[nacionalismo|nacionalistas]] galegas, valencianas, canarias e andaluzas, créase un novo modelo de Estado descentralizado, no cal cada rexión convértese nunha [[comunidade autónoma]] con autogoberno, parlamento autonómico, tribunais de ámbito rexional e un [[Estatuto de autonomía]] que establece o modelo e as competencias que pode asumir. |
||
Liña 106: | Liña 108: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
⚫ | |||
===Outros artigos=== |
|||
* [[Constitución]] |
* [[Constitución]] |
||
== Ligazóns externas == |
=== Ligazóns externas === |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
* [http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1978-31229 Constitución española de 1978] (texto consolidado). |
|||
* [http://www.congreso.es/constitucion/ficheros/c78/cons_gall.pdf Texto completo en galego] na páxina do [[Congreso dos Deputados]]. |
|||
* [http://www.constitucion.es/ Páxina oficial (en castelán)]. |
|||
⚫ | |||
* [http://www.congreso.es/funciones/constitucion/proceso.htm Congreso.es: Proceso de elaboración e aprobación da Constitución Española de 1978 (en castelán)]. |
|||
[[Categoría:Constitucións de España]] |
[[Categoría:Constitucións de España]] |
||
[[Categoría:Dereito constitucional]] |
|||
[[Categoría:Fontes do dereito]] |
[[Categoría:Fontes do dereito]] |
||
[[Categoría:1978]] |
[[Categoría:1978]] |
Revisión como estaba o 29 de agosto de 2013 ás 17:15
A Constitución Española de 1978 é a norma suprema ou máxima do ordenamento xurídico español, consecuencia dun proceso histórico denominado Transición Española que converteu o réxime franquista de 1975 nunha Monarquía parlamentaria.
Historia
Como parte da Transición Española cara á democracia, a morte do ditador Xeral Francisco Franco, o 20 de novembro de 1975, supuxo a proclamación como rei de Don Juan Carlos I, e pouco despois (en xullo de 1976) a formación dun Goberno presidido por Adolfo Suárez González, e designado segundo a lexislación vixente. O Goberno enviou, en outubro de 1976, ás Cortes un proxecto de Lei para a Reforma política, que foi aprobado polas Cortes, e, posteriormente, e segundo todos os requisitos esixidos polas Leis Fundamentais (sinaladamente a Lei de Sucesión) sometido a referendo.
Esta Lei para a Reforma política viña supoñer unha notable alteración das leis fundamentais, sen introducir ela mesma un sistema democrático-constitucional pero facendo posible a creación deste. A Lei inseríase formalmente no ordenamento vixente (a súa disposición final definíaa expresamente como «Lei fundamental») pero difería radicalmente no seu espírito dese ordenamento, xa que:
- recoñecía os dereitos fundamentais da persoa como inviolables (artigo 1)
- confería a potestade lexislativa en exclusiva á representación popular (artigo 2)
- prevía un sistema electoral inspirado en principios democráticos e de representación proporcional.
- Posteriormente o Real Decreto Lei 20/1977, de 18 de marzo, regulou o procedemento para a elección das Cortes, elección que se levou a cabo o 15 de xuño de 1977, nas primeiras eleccións libres desde febreiro de 1936.
Unha das tarefas prioritarias das Cortes foi a redacción dunha Constitución. A Lei de Reforma Política ofrecía a posibilidade de que a iniciativa da reforma constitucional correspondese ao Goberno ou ao Congreso dos Deputados, elixíndose esta última opción. A Comisión de Asuntos Constitucionais e Liberdades Públicas do Congreso dos Deputados designou un Relatorio de sete deputados, que elaborou un anteproxecto de Constitución. Estas sete persoas, coñecidas como os Pais da Constitución foron:
- Gabriel Cisneros (UCD)
- José Pedro Pérez Llorca (UCD)
- Miguel Herrero e Rodríguez de Miñón (UCD)
- Miguel Roca Junyent (CDC)
- Manuel Fraga Iribarne (AP)
- Gregorio Peces-Barba (PSOE)
- Jordi Solé Tura (PCE)
O anteproxecto discutiuse na Comisión e, posteriormente foi discutido e aprobado polo Congreso dos Deputados. A continuación, procedeuse ao exame do texto do Congreso pola Comisión Constitucional do Senado, e o Pleno do mesmo órgano.
A discrepancia entre o texto aprobado polo Congreso e o aprobado polo Senado fixeron necesaria a intervención dunha Comisión Mixta Congreso-Senado, que elaborou un texto definitivo. Este foi votado e aprobado polas dúas Cámaras. Sometido a referendo, foi ratificado o día 6 de decembro de 1978 co 87% dos votos ao seu favor, sancionado o día 27 do mesmo mes polo Rei, e publicado no BOE o 29 de decembro (evitouse o día 28 por coincidir co día dos Santos Inocentes, tradicionalmente dedicado ás bromas). Desde entón, cada 6 de decembro é festa nacional en España, celebrándose o Día da Constitución.
Estrutura
A Constitución é a Norma Fundamental do Estado, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns. Toda disposición ou acto contrario á Constitución carece de validez e será convenientemente expulsado do ordenamento xurídico ou sancionado con arranxo ás normas sobre xustiza constitucional e outras disposicións constitucionais e legais.
Seguindo a liña das constitucións modernas, a Constitución Española de 1978 se estrutura en dous partes claramente diferenciadas en canto ao seu contido: a parte dogmática e a parte orgánica.
Parte dogmática
Nesta parte da norma xurídica faise unha declaración de principios que indican e recollen os valores imperantes na sociedade que a promulga. Na Constitución Española a parte dogmática está constituída polas seguintes partes:
- Preámbulo Preámbulo
- Título preliminar (artigos 1 a 9).
- Título I, denominado «Dos dereitos e deberes fundamentais» (artigos 10 a 55).
Na parte dogmática aparecen os principais dereitos constitucionais dos cidadáns españois. Á súa vez, o Título preliminar contén os Principios constitucionais que determinan a configuración do Estado e os seus acenos de identidade.
A soberanía nacional faise residir no pobo español, pero a polémica redacción do artigo 2, que inclúe o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que integran a nación española sempre foi destacado pola ambigüidade da súa redacción, que aínda que permitiu o consenso para a súa aprobación, tamén deu lugar a múltiples interpretacións.
Parte orgánica
Deséñase a estrutura do Estado regulando os órganos básicos que exercen os poderes estatais. O sistema español conserva o deseño tripartito de división de poderes de Montesquieu, entre Poder executivo, Poder lexislativo e Poder xudicial. Os apartados correspondentes na Constitución Española son os seguintes:
- Título II, «Da Coroa» (artigos 56 a 65)
- Título III, «Das Cortes Xerais» (artigos 66 a 96)
- Título IV, «Do Goberno e da Administración» (artigos 97 a 107)
- Título V, «Das relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais» (artigos 108 a 116)
- Título VI, «Do poder xudicial» (artigos 117 a 127)
- Título VII, «Economía e Facenda» (artigos 128 a 136)
- Título VIII, «Da organización territorial do Estado» (artigos 137 a 158)
- Título IX, «Do Tribunal Constitucional» (artigos 159 a 165)
- Título X, «Da reforma constitucional» (artigos 166 a 169)
A Constitución finaliza coas Disposicións Adicionais, Transitoria, derrogatoria e final.
Reformas
A Constitución española foi modificada dúas veces:
- A primeira, Artigo 13.2, para estender aos cidadáns da Unión Europea o dereito a voto (electores e elixibles como candidatos) nas eleccións locais. Esta reforma constitucional entrou en vigor o 28 de agosto de 1992.
- A segunda, Artigo 135, redactado polo artigo único da Reforma da Constitución Española de 27 de setembro de 2011 («B.O.E.» 27 setembro). Vixencia: 27 setembro 2011.
O sistema político e as autonomías
O sistema político
A ideoloxía liberal impregna a Constitución e o sistema político. A monarquía constitucional é a forma de Estado, cun rei, Juan Carlos I de Borbón, herdeiro lexítimo dos dereitos dinásticos de Alfonso XIII, traspasados pola abdicación de Don Xoán (III) en maio de 1977. Os poderes do monarca están limitados e enumerados na Constitución.
A división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial), idea fundamental no pensamento liberal, é o eixe do sistema político. Na base, a soberanía nacional permite a elección, por sufraxio universal (homes e mulleres maiores de 18 anos), dos representantes do pobo soberano nas Cortes. Exercen o poder lexislativo entre as dúas cámaras, o Congreso dos Deputados e o Senado, elixen ao Presidente do Goberno e controlan a acción do poder executivo.
O Presidente do Goberno desempeña o poder executivo coa axuda do seu consello de ministros.
O poder xudicial recae nos xuíces, cargo ao que se accede mediante oposición pública, e no xurado popular, formado por cidadáns elixidos por sorteo en cada xuízo. O Tribunal Constitucional controla que as leis e as actuacións da administración pública se axusten á Carta Magna.
As autonomías
A Constitución de 1978 rompe unha tradición centralista iniciada en 1700 por Felipe V. Como intento de solución ao problema rexional e ás reivindicacións dos grupos nacionalistas vasco e catalán, sen esquecer as minorías nacionalistas galegas, valencianas, canarias e andaluzas, créase un novo modelo de Estado descentralizado, no cal cada rexión convértese nunha comunidade autónoma con autogoberno, parlamento autonómico, tribunais de ámbito rexional e un Estatuto de autonomía que establece o modelo e as competencias que pode asumir.
A Carta Magna establecía dúas posibilidades de autonomía. As nacionalidades históricas, Cataluña, País Vasco e Galicia, seguirían unha vía rápida e con maiores competencias (aplicación do artigo 151). Andalucía tamén conseguiu o título de nacionalidade histórica, grazas a que así o solicitaron a maioría dos seus concellos e foi ratificado en referendo o 28 de febreiro de 1980.
O resto de rexións rexeríase polo artigo 143, excepto Navarra (que se constituía en Comunidade foral respectando a súa peculiar tradición foralista). A concesión da autonomía demorouse máis no tempo e a transferencia de competencias foi máis lenta.
Entre o 18 de decembro de 1979, cando se aprobaron os primeiros Estatutos de Autonomía de Cataluña e País Vasco, e febreiro de 1983, todas as rexións constituíronse en Comunidades Autónomas. Os dous últimos Estatutos de Autonomía foron os de Ceuta e Melilla (1995), establecéndose como Cidades Autónomas.
De forma paulatina, durante os últimos vinte anos, o Estado transferiu competencias ás Comunidades Autónomas. Dúas das últimas materias que se transferiron foron sanidade e educación. Hoxe en día, cada unha das Comunidades Autónomas pode lexislar en cuestións sanitarias e educativas de xeito diferente ao resto de España.
Dereitos fundamentais
Recolleuse unha ampla declaración de dereitos individuais, sen restricións. Incluíronse dereitos sociais (dereito ao traballo, á vivenda, á educación, á sanidade) e económicos.
Preámbulo ou Limiar
A redacción do limiar da Constitución era considerada un honor e unha habilidade literaria. A persoa elixida para este propósito foi Enrique Tierno Galván, a continuación móstrase o texto íntegro do limiar
A Nación española, desexando establecer a xustiza, a liberdade e a seguridade e promover o ben de cantos a integran, en uso da súa soberanía, proclama a súa vontade de:
- Garantir a convivencia democrática dentro da Constitución e das leis conforme a unha orde económica e social xusto.
- Consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresión da vontade popular.
- Protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos dereitos humanos, as súas culturas e tradicións, linguas e institucións.
- Promover o progreso da cultura e da economía para asegurar a todos unha digna calidade de vida.
- Establecer unha sociedade democrática avanzada, e
- Colaborar no fortalecemento dunhas relacións pacíficas e de eficaz cooperación entre todos os pobos da Terra.
En consecuencia, as Cortes aproban e o pobo español ratifica a seguinte
CONSTITUCIÓN
Véxase tamén
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Constitución española de 1978 |
Outros artigos
Ligazóns externas
- BOE n. 311 de 29/12/1978 (en castelán).
- Constitución española de 1978 (texto consolidado).