Diferenzas entre revisións de «Fonema»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Non tal: "ch" <> /k/ + /0/ (cero); "nh" <>/n/ + /0/, senón /n/ (velar)
m (Non tal: "ch" <> /k/ + /0/ (cero); "nh" <>/n/ + /0/, senón /n/ (velar))
* os [[líquido]]s poden ser [[vibrante]]s (/r/ e /ɾ/ (suave)) ou [[lateral|laterais]] (/l/ e /ʎ/ (en ''fillo'');
 
Na escrita non existe unha correspondencia unívoca entre fonemas e a súa representación, os [[grafema]]s. Por exemplo, os grafemas B e o V correspóndense co mesmo fonema en galego, mais non en portugués. Para evitar esta ambigüidade no valor dos grafemas inventouse o [[Alfabeto Fonético Internacional]] ou AFI (''IPA'' en inglés), se ben aínda existen transcricións que usan o Alfabeto da [[RFE|Revista de Filoloxía Española]] (RFE). No AFI, usado nos parágrafos anteriores, os fonemas deben ir transcritos entre barras e márcase o [[Acento ortográfico|volume acentual]] cun apóstrofo: así ''verquer'' transcribirase /beɾ'keɾ/. Dado que hai moitas menos letras que fonemas (que se transcriben como a súa realización central ou máis prototípica), bótase man de certos signos de todas as linguas do mundo: por exemplo, /x/ representa o fonema fricativo velar xordo que en castelán se escribe "J" e en alemán "CH". Os dígrafos nunca se transcriben como un fonema, senón como os dous aos que representa: '''ch'''amar = /ʧaˈmaɾ/.
 
Nalgunhas zonas occidentais de Galicia, o fonema oclusivo velar sonoro (/g/) realízase aspirado e fricativo: é a chamada [[gheada]]. Nalgunhas localidades maiormente costeiras desta zona de gheada, o fonema fricativo interdental xordo (/θ/) non existe e no seu lugar aparece o fricativo alveolar xordo (/s/): é o chamado [[seseo]].
86

edicións

Menú de navegación