Dupla articulación da linguaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Articulación da linguaxe")


A dupla articulación da linguaxe é a organización das linguas naturais humanas en dous planos ou articulacións. Segundo o lingüista funcionalista André Martinet, esta característica é o que opón estas linguas naturais ó resto de sistemas comunicativos.

Mediante a articulación do discurso, ou primeira articulación, o enunciado (oral ou escrito) pode ser segmentado en unidades dotadas de sentido: oracións, frases, sintagmas e, por último, monemas (lexemas e morfemas).

Mediante a articulación fonética, ou segunda articulación, os monemas poden ser segmentados en fonemas, xa desprovistos de sentido. Isto evita sobrecargar a memoria e economizar esforzos, xa que as unidades lingüísticas poden reutilizarse: con só unhas ducias de fonemas e as súas combinacións pódense formar miles de monemas que, arranxados diversamente, transmiten unha infinidade de mensaxes.

Walter Porzig afirma que a articulación é o procedemento que permite distinguir entre a linguaxe dos homes e a dos animais: a enunciación vocal humana é articulada porque se presta a unha división sistemática, por medio da cal chegamos a elementos sonoros significativos; e por outro lado, eses elementos existen porque a súa significación permanente asegura a súa individualidade e nolos fai recoñecer sempre iguais a si mesmos nas máis variadas circunstancias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]