Luis Martín-Santos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1381427
Liña 31: Liña 31:
[[Categoría:Finados en 1964]]
[[Categoría:Finados en 1964]]
[[Categoría:Nados en Marrocos]]
[[Categoría:Nados en Marrocos]]

[[de:Luis Martín-Santos]]
[[en:Luis Martín-Santos]]
[[eo:Luis Martín Santos]]
[[es:Luis Martín-Santos]]
[[eu:Luis Martin-Santos]]
[[fr:Luis Martín Santos]]
[[sv:Luis Martín-Santos]]

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2013 ás 16:04

Luis Martín-Santos, nado en Larache (Marrocos) o 11 de novembro de 1924 e finado en Gasteiz o 21 de febreiro de 1964, foi un médico psiquiátrico e escritor en lingua castelá. A súa novela máis coñecida é Tiempo de silencio (1961), obra de denuncia social cunha valente renovación estilística. A trama trancorre en Madrid no outono de 1949 e o autor amosa, con fina ironía, o panorama das clases sociais da cidade.

Biografía

Aos cinco anos trasladouse a Donostia, onde o seu pai (médico militar), fora destinado. Cursou Medicina en Salamanca e doutorouse en Madrid no 1947. Especializouse en Psiquiatría, tanto en Madrid coma na Alemaña. Á súa volta consegue o posto de director do Centro Psiquiátrico de Donostia, sendo frecuentes as súas estancias en Madrid, onde conta con amigos coma Sánchez Ferlosio ou Juan Benet.

Tamén tivo unha salientable actividade política, chegando a ser membro do Comité Executivo do daquela clandestino Partido Socialista Obrero Español, circunstancia pola cal foi detido en varias ocasións.

Finou nun accidente de automóbil en 1964.

Obras de Psiquiatría

  • Dithey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955)
  • Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964).

Obras literarias

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura Española. Ed. Anaya

Ligazóns externas