Diferenzas entre revisións de «A Gándara, Narón, Narón»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
→‎Economía: edición
(engadido negocio)
(→‎Economía: edición)
==Economía==
[[File:Fenya centro de formación A Gándara Narón 3300ertwGL.jpg|thumb|dereita|Centro de formación, antiga Fenya.]]
As orixes da Gándara, do seu aproveitamento económico, están na agricultura de autoconsumo, no aproveitamento forestal (rematado nos anos 1980 e aínda cas últimas talas no Colmeote) e no aproveitamento da ría en marisqueo a pé e en pequenas enbarcaciónsembarcacións e a súa posterior organización ca Lonxa da Gándara. Aínda queda un pequeno uso en leiras e algún aproveitamento para uso ornamental.
O crecemento do barrio ca chegada de inmigrantes para traballar nos estaleiros e a consolidación como zona residencial foi trocando o uso que se lle deu aos terreos. Os pequenos negocios como bares algún dos cales tamén tiña tenda como a Casa Curtis na estrada da Gándara e o uso que se facía do bus número 7 para o transporte de mercadoriasmercadorías deu paso a fornos de pan e a pequenos supermercados de barrio condeados ao peche ca apertura de Alcampo. Ata a apertura do polígono industrial da Gándara eran negocios os que había na zona como obradoiros de costura que traballaban para empresas como [[Caramelo (empresa)|Caramelo]], unha pequena empresa química de lixivia que houbo na rúa María Pita e pequenos obradoiros de mecánica e mantemento que sempre houbo e que coa transformación do polígono da Gándara en comercial trouxo á zona concesionarios de coches de diversas marcas. Os intentos por asentar industrias na zona levaron á creación de empresas como unha queixería que rematou pechando, [[Poligal]] e o traslado da ferrolana Fenya hoxe centro de formación do concello. Este pequeno tecido industrial foi complementado ca apertura do [[Odeón Shopping|centro comercial Odeón]]. Os cinco millóns de clientes que se achegan cada ano a Odeón supuxeron a apertura na zona de novos negocios de hostalería e ocio.
 
==Lugares da Gándara==
Usuario anónimo

Menú de navegación

Ferramentas persoais

Espazos de nomes

Variantes