Río Inxerto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Inxerto
Desembocadura na ría de Ferrol (enseada da Gándara)
PaísGalicia Galicia
NacementoFerrol
Altitude-
Caudal medio-
DesembocaduraRía de Ferrol

Río Inxerto é un pequeno río do concello de Narón que fai de límite natural co concello de Ferrol. É un río urbano encaixado entre edificios e canalizado no seu tramo final.

Estación de bombeo do Inxerto, na Gandara.

Dende a década de 1980 a construción do Polígono industrial da Gándara e a urbanización da Gándara fixeron que o río fose canalizado, e o aumento da poboación provocou que terminase sendo parte do servizo de saneamento do concello vertendo augas sen tratamento á ría de Ferrol. En inverno a canalización insuficiente facía que desbordase. Estas novas canalizacións fixeron que fose trocado o trazado orixinal do río. En 2010 aprobouse un proxecto de saneamento.[1] En 2016 iniciáronse as obras para rematar coas verteduras ao río facendo un colector paralelo que levaría as augas residuais á EDAR de Cabo Prioriño.[2] As obras rematarían a finais do 2018 deixando o río xa vertidos. Estes traballos de canalización foran denunciados por ADEGA.[3]

Notas[editar | editar a fonte]