The Incredibles: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio sk:Úžasňákovi por sk:Rodinka úžasných
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: sk:Rodinka úžasných
Liña 59: Liña 59:
[[ru:Суперсемейка]]
[[ru:Суперсемейка]]
[[simple:The Incredibles]]
[[simple:The Incredibles]]
[[sk:Rodinka úžasných]]
[[sq:The Incredibles]]
[[sq:The Incredibles]]
[[sv:Superhjältarna]]
[[sv:Superhjältarna]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2013 ás 22:05

The Incredibles (Os Incribles) é a sexta película animada de Pixar Animation Studios, gañadora na súa categoría dos Premios Oscar, e a primeira cun reparto enteiramente composto por personaxes humanos, estreada nos Estados Unidos o 5 de novembro de 2004 e en España o 26 do mesmo mes.

A película foi escrita e dirixida por Brad Bird, antigo director de capítulos de The Simpsons e máis coñecido por ser responsable da dirección da película de animación El gigante de hierro. Inicialmente foi concibida coma unha película de animación convencional para a compañía Warner Bros pero esta clausurou a súa división de animación. Brad Bird foi contratado daquela por Pixar para desenvolver alí o proxecto.

Trama

A historia comeza con tres superheroes, Mr. Increíble (Bob Parr), a superheroina Elastigirl (Helen Parr) e Frozone (Lucius Best) nos seus días de gloria, salvando ó mundo ata que Mr. Incrible foi demandado por unha persoa que o salvou. Isto provocou unha vaga de accións legais contra todos os superheroes, que foron mandados a un retiro forzado polos próximos 15 anos.

Bob Parr agora ten un emprego rutineiro e aburrido cun xefe insoportable. Bob traballa para manter a súa encantadora familia, composta pola súa dona Helen (Elastigirl) e os seus tres fillos Jack-Jack, Violet, e Dash.

Furioso co seu traballo e co xefe, golpéao, acción que fai que quede sen emprego. É nese momento cando Bob recibe unha proposta para traballar de superheroe, por parte dunha misteriosa e sedutora muller chamada Mirage. Non dubida en aceptar a súa oferta, pero non imaxina que se trata dunha trampa preparada polo malvado Syndrome (Síndrome), un antigo ex admirador de Mr. Incrible, que quixo ser o seu axudante, só véndose rexeitado por el, e despois diso, esta en busca de vinganza. Por fortuna a súa familia acode na súa axuda e xuntos tratarán de impedir que Syndrome faga realidade o seu malvado plan.

Premios

A película gañou os premios Oscar da academia de cine norteamericana ó mellor filme de animación e mellor edición de son do ano 2004.

Ademais, recibiu excelentes críticas e foi galardoada noutros moitos certames recibindo multitude de premios premios e nominacións.

Véxase tamén

Ligazóns externas