Dedo maior: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: es:Dedo medio
Liña 41: Liña 41:
[[en:Middle finger]]
[[en:Middle finger]]
[[eo:Mezfingro]]
[[eo:Mezfingro]]
[[es:Dedo corazón]]
[[es:Dedo medio]]
[[eu:Hatz luze]]
[[eu:Hatz luze]]
[[fa:انگشت میانی]]
[[fa:انگشت میانی]]

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2012 ás 03:09

Dedo medio
Latín digitus medius

Dedo medio, dedo do medio ou pai de todos é un dedo quirodáctilo situado na rexión central da man, entre o dedo índice e o anular.

Como xesto obsceno

Na cultura occidental este xesto popular é utilizado para ofender. Na Grecia Antiga o dedo medio estendido coñecíase como κατάπυγον (katapugon, de kata -κατά-, "para baixo" e pugē -πυγή- "nádegas") e as primeiras referencias deste dedo estendido para insultar outra persoa aparecen na comedia grega antiga, onde o termo katapugon tamén significaba "un home (ou unha muller, katapugaina) que se somete a penetración anal.

Este dedo tamén aparece nomeado como impudicus digitus (dedo atrevido) en antigos escritos romanos e ese uso probabelmente se xeneralizou en moitas culturas debido á influencia xeográfica do Imperio Romano e a civilización greco-romana. Outra posíbel orixe dese xesto pode encontrarse no século I no Mediterráneo, onde estender o dedo foi un dos moitos métodos usados ​​para desviar a ameaza sempre presente do mal de ollo.