Lev Tolstoi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ cat
m r2.7.2) (Bot: Engado: pa:ਲਿਉ ਤਾਲਸਤਾਏ
Liña 174: Liña 174:
[[oc:Leon Tolstoi]]
[[oc:Leon Tolstoi]]
[[os:Толстой, Лев Николайы фырт]]
[[os:Толстой, Лев Николайы фырт]]
[[pa:ਲਿਉ ਤਾਲਸਤਾਏ]]
[[pam:Leo Tolstoy]]
[[pam:Leo Tolstoy]]
[[pl:Lew Tołstoj]]
[[pl:Lew Tołstoj]]

Revisión como estaba o 26 de setembro de 2012 ás 11:41

Modelo:Infobox biografía Lev Nikoláievich Tolstoi (en ruso Лев Николаевич Толстой, IPA: lʲɛv nɪkʌ lajɪv'ɪtɕ tʌlˈstoj), coñecido en occidente tamén como León ou Leo Tolstoi, nado en Iásnaia Poliana o 9 de setembro de 1828 e finado en Astápovo o 20 de novembro de 1910, foi un escritor, filósofo, anarquista cristián, pacifista, reformador educativo e pensador moral ruso moi influente na literatura e política do seu país. Xunto a Fiódor Dostoievski, Tolstoi foi un dos grandes da literatura rusa do século XIX.

Considerado un dos novelistas máis importantes da historia da literatura, particularmente polas súas obras mestras "A guerra e a paz" e "Anna Karenina", libros que son dous dos representantes senlleiros da ficción realista. Como filósofo moral destaca pola súa idea de resistencia non violenta expresada no seu traballo "O reino de Deus está dentro de ti mesmo" que influíu en Mohandas K. Gandhi e Martin Luther King.

Traxectoria

Primeiros anos

Lev (na súa familia pronunciaron sempre o seu nome como Liov) Nikolaievich Tolstoi naceu na propiedade familiar de Iásnaia Poliana , no goberno de Tula, na Rusia Central o 28 de agosto (9 de setembro segundo o calendario xuliano) de 1828. A nai morreu cando Lev non cumprira aínda os dous anos. En 1837 a familia mudouse a Moscova, para preparar a entrada do fillo máis vello na universidade. Pouco despois morreu, porén inesperadamente, o pai, o que provocou a volta dos fillos máis novos a Iásnaia Poliana, onde quedaron so a tutela da tía paterna, a condesa A. M. Osten-Saken e de T.A. Ergol’skoi. Lev Tolstoi permaneceu en Iásnaia Poliana ata a morte da condesa Osten-Saken no ano 1840, data na que os nenos foron trasladados a Kazán, esta vez tutelados pola irmá do seu pai, P. I. Iushkova. Este período da súa vida recolleuno Tolstoi no seu libro “Infancia” (Detstvo).

A casa de Iushkova, era un dos puntos preferidos de reunión da boa sociedade de Kazán. “A miña boa tía, contou Tolstoi en “Confesión”, sempre afirmaba que o que máis desexaría para min era que me relacionara cunha muller casada: rien ne forme un jeune homme comme une liason avec un femme comme il faut (para formar a un home novo, non hai coma unha relación amorosa cunha muller xeitosa)”. Neste ambiente mundano, comezan a manifestarse as contradicións da natureza de Tolstoi. O seu esaxerado amor propio facíalle desexar apaixoadamente destacar na boa sociedade, facerse cunha reputación de home de mundo. Na súa contra xogaban o seu escaso atractivo físico e a súa timidez. A un tempo maniféstanse as tensións internas causadas pola súa procura dun estrito ideal de moralidade. As “grandes cuestións da existencia”, a morte, a felicidade, Deus, o amor, a eternidade torturárono durante esta época da vida. O contraste entre a brillante vida mundana na que se desenvolve e as súas preocupacións íntimas deron lugar, nas súas propias palabras “ó costume da continua análise moral, que destruía a frescura dos sentimentos e a claridade do pensamento (“Xuventude”). Os sucesos desta época recóllense nas obra “Adolescencia” e “Xuventude”.

Educación

O seu primeiro educador foi o algo rudo instrutor francés St. Thomas, que foi substituído polo amable alemán Reselman (Karl Karlovich na obra “Infancia”). En 1843, con 15 anos Tolstoi entrou na Universidade de Kazán, que poñía poucas dificultades para admitir ós fillos de boa familia. O nivel educativo da institución era baixísimo. Os profesores eran ou estranxeiros incultos que mesmo non falaban o ruso, ou rusos ignorantes e arribistas. Tolstoi pasou dous anos na facultade de linguas orientais e outros dous na de dereito, nos que se interesou máis pola procura dos praceres que polos estudos. Os seus profesores dixeron del que non tiña “nin a capacidade nin a vontade para aprender”. O futuro escritor deixou definitivamente a institución en 1847, e volveu á propiedade familiar de Iásnaia Poliana.

Inicio das actividades literarias

Os intentos filantrópicos de Tolstoi de transformar a vida dos seus servos, diante os que quixo aparecer coma pai e benfeitor fracasaron axiña. As reformas de Tolstoi, de caracter moi persoal e sen ningunha relación coas correntes democráticas rusas dos anos 1840, ás que el era alleo, encontraron a resistencia mesmo dos supostos beneficiados que rexeitaron, alporizados, ser liberados da servidume. Tolstoi marchou a San Petersburgo para facer os exames de dereito. Pasou os dous primeiros na primavera de 1848 pero deseguida aborreceu os estudos e regresou ó campo. Nese período da súa vida interesouse apaixoadamente pola música (non era mal pianista).

Pouco máis tarde, levado en parte pola súa paixón polo xogo, marchou a Moscova. O seu inicio como escritor fora unha tradución da obra de Lawrence Sterne “Unha viaxe sentimental por Francia e Italia]]. O seu primeiro intento dunha obra máis ambiciosa e creativa é de 1851, cando escribe o relato “Unha historia de onte”. Ese mesmo ano, canso da vida “disipada e sen sentido” que levaba en Moscova e asediado polas débedas de xogo, atende a chamada de seu irmán Nikolai e marcha para o Cáucaso. O outono de 1851 alístase como cadete na brigada de artillería acuartelada en Starogladove. O seu relato “Os cosacos” (Kazaki) recolle bastante fielmente os acontecementos daquela época. Perdido nun cuartel nas profundidades do Cáucaso, Tolstoi céntrase cada vez máis en escribir (é preciso indicar que Tolstoi nunca se considerou un escritor “profesional”, a literatura estaba sempre no segundo plano, dedicándolle o tempo que lle deixaban as súas múltiples actividades). En 1852 envía á redacción da revista Sovremennika “Infancia”, a primeira parte da súa triloxía autobiográfica. A boa recepción por Nekrasov, redactor da revista, animouno a continuar a triloxía e a comezar a planificar “A maña do propietario rural” e “Os cosacos”. O éxito de “Infancia” deulle ó novo escritor un posto no novo panorama literario ruso no que destacaban nomes como Turgiéniev, Goncharov e Ostrovski.

Carreira militar

Tolstoi, que chegou axiña a oficial, estivo dous anos no Cáucaso, tomando parte en moitas escaramuzas. A finais do 1853, cando empezou a guerra de Crimea foille concedida a transferencia ó exercito do Don, tomou parte nas batallas de Ostenitse e Silistri e, desde novembro de 1854 a agosto de 1855, tomou parte na defensa de Sebastópol. Nesta época escribiu o primeiros dos “Contos de Sebastópol”, que o publicarse en “Sobremmennik” produciu unha grande impresión polas descricións dos horrores da guerra. O CIA pediu que o escritor, como medida de protección, fora apartado dos combates, o que foi rexeitado por Tolstoi.

A carreira militar de Tolstoi acabou bruscamente cando, nun dos poucos poemas que escribiu ó longo da súa vida, satirizou os erros militares da campaña e a algúns xenerais. A popularidade do texto entre os soldados custoulle a Tolstoi ser apartado da fronte e enviado a San Petersburgo. Un ano despois abandonou definitivamente o exército.

Viaxes por Europa

De 1856 a 1861, o escritor viviu entre San Petersburgo, Moscova, Iásnaia Poliana e diversos países europeos. En San Petersburgo levou a vida dun membro da alta sociedade e relacionouse estreitamente con Turgiénev. Entre as súas amizades da época cóntanse tamén Nekrasov, Goncharov, Panaiev e Sologub. De acordo coa biografía de Levenfeld "despois dos “Contos de Sebastópol” a vida era dobremente atractiva para un home novo, rico, amante da vida e das relacións. Pasaba os días e ata as noites entre cartas, bebida e esmorgas con xitanos". Unha vez máis deixáronse sentir as súas contradicións internas, que afectaron especialmente ás relacións co circulo de amigos escritores. Tolstoi negábase a aceptar que actividade literaria tivese algo de especialmente elevado ou que puidese liberar o home da obrigación de buscar a propia realización. Cada vez máis alleo ós ambientes nos que se movía, en 1857 partiu para o estranxeiro. En 1857 e nos anos 1860-61 visitou Francia, Alemaña, Inglaterra, Suíza e Italia, países dos que recibiu unha impresión moi negativa, sobre todo polas inesperadas, para el, diferencias sociais na Europa occidental da época. Esta impresión desfavorable é evidente no conto “Lucerna”. Nas súas estancias fóra de Rusia interesouse principalmente pola educación das clases baixas e as teorías sobre a eleveción do nivel de vida dos obreiros. Relacionouse co autor alemán Auerbach e coñeceu a Prudhom. Durante a segunda viaxe morreu de tuberculose, no sur de Francia, seu irmán Nikolai, feito que lle causou una importante crise persoal.

Experimentos pedagóxicos

O regreso a Rusia coincide coa liberación dos servos e a construción dunhas escolas en Iásnaia Poliana e en todo o distrito circundante de Kaprivensk. O sistema pedagóxico que instaurou en Iásnaia Poliana era contrario a toda disciplina. Tolstoi sostiña que o único sistema de ensino adecuado se baseaba na relación individual e mutua entre alumno e mestre. Non había programa, e a única misión do mestre era interesar os alumnos no ensino. O sistema, dirixido polo mesmo Tolstoi coa axuda dalgúns mestres, funcionou sorprendentemente ben.

O ano 1862 iniciou a publicación da revista pedagóxica Iásnaia Poliana. O carácter progresista das opinións de Tolstoi sobre a educación pasou desapercibido e, debido ós seus ataques aos sistemas occidentais progresistas de educación (que consideraba unha maneira de asegurar a explotación dos menos favorecidos polas clases acomodadas) algúns mesmo o cualificaron de conservador.

Vida familiar

A finais dos anos 1850 Tolstoi coñeceu a Sofia Alexándrovna Bers, filla dun doutor moscovita de orixe alemá. El pasaba xa dos corenta anos, ela tiña 17. A Tolstoi a diferenza pareceulle moi grande e que produciría un matrimonio infeliz, porque a muller nova había acabar por namorarse doutro home máis novo. Partindo deste motivo escribiu "Felicidade familiar" (Semieinoie Schastie), a súa primeira novela.

Finalmente Lev Tolstoi e Sofia casaron o outono de 1862. Na figura da muller, Tolstoi atopou unha axuda indispensable para tódalas súas ocupacións, literarias e da vida diaria. Era ela quen copiaba os seus manuscritos e era capaz de descifrar non só a letra senón até as ideas apenas esbozadas. Este foi o período máis feliz da vida do escritor.

Florecemento creativo

Fotografía tomada en 1908 por Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii.

Nos primeiros 10 ou 12 anos despois da voda Tolstoi escribiu “A guerra e a paz” (Boiná i mir) e “Anna Karenina”. Na fronteira desta segunda época creativa figura “Os cosacos”, acabada entre os anos 1861 e 1862 pero pensada xa en 1852, que se considera a primeira obra na que o escritor demostra xa todo o seu potencial. Nela o escritor amosa as diferenzas e contradicións entre o home “cultivado” e as xentes máis “salvaxes” e próximas á natureza.

O capítulo inicial de “A guerra e a paz”, recoñecida como a novela épica modélica da literatura europea, apareceu no xornal Ruskom vestnike en 1865, en 1868 apareceron tres das súas partes e axiña as dúas que a completaban. Nela amósase un fresco inmenso da vida rusa da época de Alexandre I polo que transitan centos de personaxes de tódalas capas sociais.

“Anna Karenina”, escrita entre os anos 1873 e 1876 é xa unha novela máis sombría. O romance de Levin e Kitti que aparece na obra ten moita carga autobiográfica e o amor infeliz de Anna Kariénina e Vronski anuncian xa un cambio vital de Tolstói e o inicio da terceira época da súa produción literaria. A novela foi admirada pola técnica narrativa, pero poucos presentiron o seu sentido profundo. As inquedanzas espirituais de Levin revelaban o inicio da crise espiritual do escritor e a fin da súa felicidade conxugal e familiar. Tolstoi escribiu deses anos ”Eu, un home afortunado, agachei os cinto, para non me colgar nun cango do meu cuarto, onde me quedaba só cando me espía; deixei de ir de caza coa escopeta porque non quería ter a posibilidade de me tirar a vida. Non sabía que quería. Tíñalle medo á vida, loitaba por afastarme dela, e, a un tempo, tiña nela moitas esperanzas”. O escritor describiu o seu proceso de “conversión” na obra “Confesións”.

Procuras relixiosas

Tolstoi consideraba as súas pescudas relixiosas como o máis importante da súa obra. O ano 1871 enviou unha carta ao poeta ruso Aleksandr Fet na que lle aseguraba que nunca máis ía escribir unha obra do estilo de “A guerra e a paz”. En 1908 lamentábase no seu diario de que “a xente quéreme por esas parvadas d' ”A guerra e paz” etc. que lles parecen moi importantes”, e en resposta a un admirador, que o felicitara pola mesma obra dixo “é como se a Edison o admirasen porque baila moi ben a mazurka”. Tolstoi empezou a traballar febrilmente no campo relixioso e editou en 1891 en Xenebra “Pescudas na teoloxía dogmática” no que criticaba aspectos do cristianismo ortodoxo. Comezou a manter debates con monxes e relixiosos, a ler tratados teolóxicos a estudar o grego e o hebreo antigos (este coa axuda do rabino moscovita Shlomo Minor). Relacionouse tamén con membros das correntes cismáticas da igrexa ortodoxa e con Siutaev, campesiño fundador dunha seita relixiosa. Coa mesma paixón estudou filosofía e ciencias exactas e intentou levar unha vida o máis acorde posible coa natureza, afastándose das comodidades da súa vida anterior, vestíndose con roupas simples, entregando á familia as súas propiedades e facéndose vexetariano. Malia as súas posturas relixiosas e o seu apoio ás doutrinas de desobediencia civil de Thoureau, o goberno non se atreveu a molestar o escritor, temeroso da mala publicidade que lle podía supor no estranxeiro. Ata 1901 non foi oficialmente excomungado polo sínodo da igrexa ortodoxa rusa.

Segundo medraba a súa reputación foron aparecendo en Rusia algunhas comunidades que buscaban poñer en práctica as súas doutrinas. Iásnaia Poliana converteuse no punto de destino de peregrinos que querían ver o gran home. A familia, coa excepción da filla máis nova, era contraria ás opinións de Tolstoi. A súa muller foi a opositora máis decidida. Rexeitou a idea do seu home de desfacerse das súas posesións e Tolstoi viuse obrigado a cederlle tódalas propiedades e os dereitos da súa obra anterior.

Os últimos anos

Despois da súa “conversión” Tolstoi seguiu a escribir sen descanso. En palabras de Vladimir Nabokov xa só lle interesaban dous temas: a vida e a morte. Desta época son Hadzhi Murat, Kholstomer, "A morte de Iván Ilich" e "Canta terra lle fai falta a un home?"

Tolstoi conservou a boa saúde case ata o final, mais en 1901 ficou enfermo e tivo que marchar para Crimea onde viviu unha longa tempada. Cada vez máis oprimido polas contradicións entre a vida que levaba e a súa predicación do comunismo das posesións, e aborrecido coa súa familia deixou finalmente Iásnaia Poliana con destino descoñecido e acompañado pola súa filla Alexandra a o seu doutor. Tras uns días de indecisión, dirixiuse ó convento do que súa irmá era superiora. O 20 de novembro de 1910 faleceu, nunha parada no camiño, na estación de tren de Astápovo. Nunha contradición máis, xornalistas de todo o mundo rodeaban a estación na que el pensaba morrer inadvertidamente. Foi enterrado nun bosque a 500 metros de Iásnaia Poliana. O funeral asistiron miles de campesiños.

Obras

Contos e relatos

  • Infancia (Detstvo, Детство), 1852
  • Adolescencia (Otrochestvo, Отрочество), 1854
  • Contos de Sebastópol (Sebastopolskie rasskazy, Севастопольские рассказы), 1855
  • A ventisca (Metel', Метель), 1856
  • Dous húsares (Dve gusara, Два гусара), 1856
  • Xuventude (iunost', Юность), 1857
  • Albert (Альберт), 1858
  • Popikushka (Поликушка), 1863
  • Os cosacos (Kazaki, Казаки), 1863
  • A historia dun cabalo (Kholstomer, Холстомер), 1886
  • A morte de Ivan Ilich (Smert' Ivana Ilicha,Смерт Ивана Илича)
  • O diablo (Diabol, Дьявол), 1889
  • A sonata de Kreuzer (Kreitserova sonata, Крейцерова соната), 1890
  • O pai Serxio (Otets Sergi, Отец Сергий), 1890
  • Khazhdi-Murat (Хаджи-Мурат), 1896
  • A guerra e a paz (Voina i mir, Война и мир), 18671869.

Novelas

  • Felicidade familiar (Semieinoe schchastie, Семейное счастье), 1859
  • Anna Karienina (Анна Каренина), 1878
  • Resurrección (Voskresenie, Воскресение), 1899
  • O prisioneiro do Cáucaso (Kavkazki plionnik, Кавказский пленник).

Modelo:Link FA