Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii
(1912) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ru) Сергей Михайлович Прокудин-Горский 18 de agosto de 1863 (Xuliano) Funikova Gora |
| Morte | 27 de setembro de 1944 París |
| Lugar de sepultura | Cemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois (pt) |
| Educación | Instituto Tecnolóxico Estatal de San Petersburgo |
| Actividade | |
| Ocupación | fotógrafo, pedagogo, mestre, editor, químico, inventor, viaxeiro |
| Profesores | Dimitri Mendeléiev e Adolf Miethe |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia de Cirilo e Metodio |
| Sitio web | prokudin-gorsky.org |
Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii, nado en Murom o 18 de agostoxul./ 30 de agosto de 1863greg. e finado en París o 27 de setembro de 1944, foi un fotógrafo e químico ruso.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou química con grandes especialistas en San Petersburgo, Berlín e París e desenvolveu unha técnica propia para tirar fotografías en cor.[1] O seu proceso empregaba unha cámara que tiraba unha serie de fotos monocromáticas nunha secuencia moi rápida, cada unha a través dun filtro de cor diferente. Ó proxectar as tres fotos monocromáticas coa luz da cor axeitada era posible reconstruír a escena coas cores orixinais. Non obstante, non dispuña de mecanismo para realizar impresións das fotos que obtiña. Cara a 1905 Prokudin-Gorskii concibiu o proxecto de documentar co seu método a historia, cultura e modernización do Imperio ruso para que fose utilizado nas escolas do Imperio, o que contou co total apoio do tsar Nicolao II, que puxo á súa disposición un tren equipado cunha cámara escura e o acceso a áreas restrinxidas.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Photographer to the Tsar: Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii. Library of Congress. Consultado o 13 de agosto de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |