Diferenzas entre revisións de «Teoloxía»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
m
== Nova Teoloxía no S. XX ==
 
Foi extraordinariamente influída polo filósofo [[Louis Althusser|Althusser]], quen na súa reinterpretación de [[Karl Marx]], establece que o totalitarismo non é unha condición ''[[Conditio sine qua non|sine qua non]]'' do marxismo, e que o verdadeiramente relevante é a transformación social e a loita contra as inxustizas. A partir de aquí a nova pléiade de teólogos exporá que se pode ser marxista e soster a idea de Deus. Agora ben, debido ao desprestixio do marxismo, nas súas aplicacións históricas, deixará de ser utilizado como termo na teoloxía. Ata as súas derivacións como a teoloxía da liberación deixarán de ser usadas na linguaxe pastoral.
 
Pero subsistirá o núcleo básico que é a anulación da esperanza. Mantéñense as teses de Marx no sentido de que toda apelación a un máis aló é alienante, e que toda a atención debe ser encamiñada a este mundo. Iso leva implícito a relectura das outras dúas grandes virtudes: Fe e Caridade, en clave temporal de redención humana.
2.710

edicións

Menú de navegación