Río Dniéper: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: sh:Dnjepar
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 11: Liña 11:
| desemboca = [[Mar Negro]]}}
| desemboca = [[Mar Negro]]}}


[[Ficheiro:Dnepr Basin River Town Polski.png|thumb|right|300px|Mapa da conca do Dniepr]]
[[Ficheiro:Dnepr Basin River Town Polski.png|miniatura|right|300px|Mapa da conca do Dniepr]]


O '''Dniepr''' ou '''Dniéper''' (en [[lingua rusa|ruso]]: Днепр/Dnepr; en [[lingua bielorrusa|bielorruso]]: Дняпро/Dnyapro, en [[lingua ucraína|ucraíno]]: Дніпро/Dnipro) é un río con 2.290 km de percurso (o cuarto en [[Europa]] logo do [[Río Volga|Volga]], o [[Río Danubio|Danubio]] e o [[Río Ural|Ural]]).
O '''Dniepr''' ou '''Dniéper''' (en [[lingua rusa|ruso]]: Днепр/Dnepr; en [[lingua bielorrusa|bielorruso]]: Дняпро/Dnyapro, en [[lingua ucraína|ucraíno]]: Дніпро/Dnipro) é un río con 2.290 km de percurso (o cuarto en [[Europa]] logo do [[Río Volga|Volga]], o [[Río Danubio|Danubio]] e o [[Río Ural|Ural]]).

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 19:08

Dniepr
e
O Dniepr en Kiev
PaísRusia, Bielorrusia, Ucraína
NacementoAltiplano de Valdai
Lonxitude2.290 km
Conca516.000 km2
Caudal medio1.670 m3/s
DesembocaduraMar Negro
Mapa da conca do Dniepr

O Dniepr ou Dniéper (en ruso: Днепр/Dnepr; en bielorruso: Дняпро/Dnyapro, en ucraíno: Дніпро/Dnipro) é un río con 2.290 km de percurso (o cuarto en Europa logo do Volga, o Danubio e o Ural).

Percorrido

O Dniepr nace no altiplano de Valdai (Rusia occidental), para entrar despois en Bielorrusia; foi logo, durante 115 km, de fronteira natural entre Bielorrusia e Ucraína, para por fin facer o resto do seu curso a través da Ucraina, na cal baña a capital, Kiev. Ao longo dos tres países mantén esencialmente o mesmo nome, aínda que con pequenas variantes gráficas e de pronunciación.

O Dniepr desauga no Mar Negro cun longo estuario, non lonxe da cidade de Odessa, a occidente da península de Crimea. O seu caudal medio na foz é de 1.670 m³/s.

A conca hidrográfica do Dniepr abranxe unha área de 516.000 km², unha superficie maior que a de España, o que a torna na terceira en Europa, despois das do Volga e do Danubio.

Explotación económica

Nos últimos 800 km do río está regulado por unha serie de grandes encoros. Estes encoros son: o de Kiev (Kyivs'ke) (922 km²), o de Kaniv (582 km²), o de Kremenchuk (2252 km²), o encoro de Dniprodzerzhin (567 km²), o de Zaporiz (410 km²) e o de Kakhov (2155 km²). As presas destes encoros son utilizados para producir enerxía hidroeléctrica, que representa sobre do 10% electricidade xerada en Ucraína.

Nome e historia

O río Dniepr é mencionado polo grego Herodoto no Século V a.C. como Borysthenesfin. Os historiadores romanos denominárono Danaper. O vello nome usado na época medieval, cando do Rus' de Kiev, era Slavutich.

O Dniepr foi de sempre a principal vía de comunicación nesta zona, facilitando as comunicacións entre o Mar Negro e o mar Báltico. A través desta ruta fluvial, viquingos e polacos, se moveron cara o sur.

O Dniepr foi, durante a última guerra mundial, o eixo da "liña Stalin", escenario de duros combates entre os exércitos alemáns e soviéticos.

Cidades ás beiras do Dniepr

Desde o seu nacemento até a desembocadura temos entre as cidades principais erguidas as súas orelas:

Afluentes do Dniepr

Destacan entre os tributarios máis importantes do Dniepr en orde desde a fonte:


Recoñecementos

Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en italiano.