Agatha Christie: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Xián (conversa | contribucións)
Alberto Álvarez Lugrís só traduciu unha obra, de todos os xeitos inclúo a información das obras traducidas ao galego na lista de obras.
Liña 47: Liña 47:
* 1924 ''[[Poirot Investigates]]'' (once relatos)
* 1924 ''[[Poirot Investigates]]'' (once relatos)
* 1925 ''[[The Secret of Chimneys]]'' (presenta ó Superintendente Battle de [[Scotland Yard]])
* 1925 ''[[The Secret of Chimneys]]'' (presenta ó Superintendente Battle de [[Scotland Yard]])
* 1926 ''[[The Murder of Roger Ackroyd]]''
* 1926 ''[[The Murder of Roger Ackroyd]]'' (traducido ao galego por Miguel Pérez Romero ''Asasinato de Roger Ackroyd''. Galaxia, 2001)
* 1927 ''[[The Big Four]]''
* 1927 ''[[The Big Four]]''
* 1928 ''[[The Mystery of the Blue Train]]''
* 1928 ''[[The Mystery of the Blue Train]]''
Liña 59: Liña 59:
* 1933 ''[[Lord Edgware Dies]]''
* 1933 ''[[Lord Edgware Dies]]''
* 1933 ''[[The Thirteen Problems]]'' (trece relatos coa señorita Marple)
* 1933 ''[[The Thirteen Problems]]'' (trece relatos coa señorita Marple)
* 1934 ''[[Murder on the Orient Express]]''
* 1934 ''[[Murder on the Orient Express]]'' (traducido ao galego por Alberto Álvarez Lugrís ''Asasinato no Orient Express''. Galaxia. 2000)
* 1934 ''[[Parker Pyne Investigates]]'' (doce relatos) (presenta a [[Parker Pyne]] e [[Ariadna Oliver]])
* 1934 ''[[Parker Pyne Investigates]]'' (doce relatos) (presenta a [[Parker Pyne]] e [[Ariadna Oliver]])
* 1934 ''[[The Listerdale mystery]]'' (doce relatos)
* 1934 ''[[The Listerdale mystery]]'' (doce relatos)
Liña 72: Liña 72:
* 1937 ''[[Murder in the Mews]]'' (catro relatos con Hércules Poirot)
* 1937 ''[[Murder in the Mews]]'' (catro relatos con Hércules Poirot)
* 1938 ''[[Appointment with Death]]''
* 1938 ''[[Appointment with Death]]''
* 1939 ''[[And Then There Were None]]''
* 1939 ''[[And Then There Were None]]'' (traducido ao galego por Eva María Almazán ''Dez negriños''. Galaxia, 2003)
* 1939 ''[[Murder is Easy]]''
* 1939 ''[[Murder is Easy]]''
* 1939 ''[[Hercule Poirot's Christmas]]''
* 1939 ''[[Hercule Poirot's Christmas]]''
Liña 84: Liña 84:
* 1942 ''[[The Moving Finger]]''
* 1942 ''[[The Moving Finger]]''
* 1944 ''[[Towards Zero]]''
* 1944 ''[[Towards Zero]]''
* 1944 ''[[Sparkling Cyanide]]''
* 1944 ''[[Sparkling Cyanide]]'' (traducido ao galego por María Cameselle ''Cianuro espumoso''. Galaxia, 2002)
* 1945 ''[[Death Comes as the End]]''
* 1945 ''[[Death Comes as the End]]''
* 1946 ''[[The Hollow]]''
* 1946 ''[[The Hollow]]''
Liña 122: Liña 122:
* 1973 ''[[Postern of Fate]]'' (con Tommy e Tuppence, última novela escrita)
* 1973 ''[[Postern of Fate]]'' (con Tommy e Tuppence, última novela escrita)
* 1974 ''[[Poirot's Early Cases]]'' (dezaoito relatos)
* 1974 ''[[Poirot's Early Cases]]'' (dezaoito relatos)
* 1975 ''[[Curtain]]'' (o último caso de Poirot, escrito catro décadas antes)
* 1975 ''[[Curtain]]'' (o último caso de Poirot, escrito catro décadas antes; traducido ao galego por Monserrat Gálvez Fernández ''Pano. O derradeiro caso de Poirot''. Galaxia, 2003 )
* 1976 ''[[Sleeping Murder]]'' (o último caso da señorita Marple, escrito catro décadas antes)
* 1976 ''[[Sleeping Murder]]'' (o último caso da señorita Marple, escrito catro décadas antes)
* 1979 ''[[Miss Marple's Final Cases and Two Other Stories]]''
* 1979 ''[[Miss Marple's Final Cases and Two Other Stories]]''
Liña 178: Liña 178:
* 1937 ''[[Wasp's Nest]]''
* 1937 ''[[Wasp's Nest]]''


=== Traducións a galego ===
[[Alberto Álvarez Lugrís]], da universidade de Vigo. é o tradutor da obra de Agatha Christie ao galego.

* ''Asasinato no Orient Express'',
* ''Asasinato de Roger Ackroyd'',
* ''Cianuro espumoso'',
* ''Dez negriños'',
* ''Pano. O derradeiro caso de Poirot''
== Adaptacións cinematográficas ==
== Adaptacións cinematográficas ==

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2012 ás 17:58

Placa en lembranza de Agatha Christie no exterior da Torre Abbey, en Torquay

Agatha Mary Clarissa Miller Christie, nada en Torquay, Devon, o 15 de setembro de 1890 e falecida en Cholsey, Oxfordshire o 12 de xaneiro de 1976, foi unha escritora inglesa de novelas de misterio. Tamén escribiu novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. É coñecida como a Raíña do Crime.

Traxectoria

Agatha Christie é a escritora de misterio máis coñecida do mundo. Ata o 2003 vendéranse máis de mil millóns de exemplares dos seus libros en inglés e outros mil millóns traducidos a máis de 45 idiomas. Como exemplo do seu éxito internacional, é a escritora que máis libros vendeu en Francia con máis de 40 millóns de exemplares (ata 2003), contra 22 millóns de Émile Zola, o seu competidor máis próximo.

A súa obra de teatro The Mousetrap (A ratoeira), baseada no seu relato Three Blind Mice and Other Stories) ten o récord de permanencia en carteleira en Londres, con máis de 20.000 representacións desde o seu estreno no teatro Ambassadors o 25 de novembro de 1952 ata a actualidade.

Christie publicou máis de oitenta novelas e obras de teatro, principalmente do tipo do cuarto pechado e con argumentos onde intervén un dos seus personaxes principais, ben Hercules Poirot ou ben Miss Marple. Se ben lle gustaba variar a forma establecida do relato de detectives (un dos seus primeiros libros, The Murder of Roger Ackroyd, é famoso polo seu sorpresivo desenlace), era escrupulosa en xogar limpo co lector ó asegurarse de dar toda a información para resolver o problema.

A maioría das súas novelas e relatos foron levados ó cine, algúns en máis dunha ocasión, como Murder on the Orient Express ou Death on the Nile.

Agatha Christie estivo escribindo desde o final da Primeira Guerra Mundial, cando creou o seu personaxe Hercules Poirot, o pequeno detective belga coa súa cabeza con forma de ovo e a súa paixón pola orde, e desde entón un dos detectives máis populares desde Sherlock Holmes. Poirot e os seus outros detectives (como Miss Marple) apareceron tamén nas numerosas películas, programas de radio e representacións teatrais baseados nos libros de Agatha Christie.

Vida persoal

Agatha Christie naceu na vila de Torquay (condado de Devon), de pai norteamericano e nai británica, se ben nunca tivo a nacionalidade estadounidense.

O seu primeiro matrimonio, nada feliz, tivo lugar en 1914, co coronel Archibald Christie, aviador do Royal Flying Corps. A parella tivo unha filla, Rosalind Hicks, e divorciouse en 1928.

Durante a Primeira Guerra Mundial traballou nun hospital e no dispensario do mesmo, o que tivo certa influencia na súa obra: moitos dos asasinatos que relata lévanse a cabo con velenos.

En decembro de 1926 desapareceu durante once días, causando gran alarma na prensa. O seu vehículo atopouse abandonado nunha canteira. Finalmente atopóusele nun hotel de Harrogate, onde dixo sufrir amnesia a causa dun ataque de nervios trala morte da súa nai e a confesión de infidelidade por parte do seu marido. Aínda hoxe se discute se todo é verdade ou simplemente un truco publicitario. Esta aventura foi filmada en 1979 co título de Agatha, coa actuación de Vanessa Redgrave.

En 1930 casou co católico Max Mallowan, un arqueólogo 14 anos menor. Acompañouno nas súas viaxes ó Medio Oriente, que serviron de trasfondo a varias das súas novelas.

En 1961 foi nomeada membro da Real Sociedade de Literatura, e feita doctora honoris causa en Letras pola Universidade de Exeter.

En 1971 concedéuselle o título de Dama do Imperio Británico (Dame), o equivalente feminino do título de Sir, un título de nobreza que naquela época se concedía con menos frecuencia ás mulleres do que se fai con xustiza hoxe en día.

Agatha Christie morreu de causas naturais o 12 de xaneiro de 1976, con 85 anos, en Winterbrook House, Cholsey, cerca de Wallingford, Oxfordshire. Está enterrada no camposanto da igrexa de St. Mary, en Cholsey.

Varios dos seus libros foron publicados a título póstumo, entre eles a súa autobiografía.

Actualmente estanse programando videoxogos adaptados dos libros de Agatha Christie.

Ademais de ser escritora detectivesca escribiu 6 novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott, algunhas obras teatrais e un libro de poemas.

Unha das características principais da prosa detectivesca de Agatha Christie é que se desenvolven no que se denomina o whodunit; o que permite ó lector ensaiar hipóteses e, en suma, intentar adiviñar a identidade do culpable antes de acabar a lectura do relato.

Obras

Novelas

Obras en colaboración

Obras de teatro adaptadas en forma de novelas por Charles Osborne

Obras escritas como Mary Westmacott

Obras de teatro

Obras para radio

Obras para televisión


Adaptacións cinematográficas

Realizáronse varias producións -fundamentalmente británicas e norteamericanas- baseadas literal ou de forma máis libre nas súas historias, coa única excepción dun film de 1979 (Agatha do británico Michael Apted) no que se tomaba a figura directa da escritora e se intentaba dilucidar sobre un suceso real relacionado con ela: a súa misteriosa desaparición durante varios días en 1926.

Suxestión mortal (1937, Rowland V. Lee) e And Then There Were None (1944, René Clair) son as primeiras adaptacións importantes sobre Christie, sendo a primeira un bo drama de misterio hoxe esquecido, e a segunda unha pequena obra mestra do cine de suspense con inolvidable reparto de secundarios tan famosa como pouco revisada. Logo virían 4.50 from Paddington (1962, George Pollock), o éxito do cal iniciou unha serie de películas centradas nos casos da señorita Marple, interpretada maxistralmente por Margaret Rutherford; Endless Night (1971), que descubriu a Britt Ekland; o famoso ciclo rodado con estrelas de Hollywood composto de Murder on the Orient Express (1974, Sidney Lumet), con Oscar para Ingrid Bergman, Death on the Nile (1976, John Guillermin) coa primeira aparicion de Peter Ustinov encarnando ó detective Hercules Poirot, The Mirror Crack'd (1980, Guy Hamilton), Evil Under the Sun (1981, Guy Hamilton) que probablemente sexa a entrega máis floxa, e Ordeal by Innocence (1983, Desmond Davis). Tamén destaca a película Appointment with Death (1987, de Michael Winner). A partir de 1982 rodáronse tres series para televisión: un sobre Miss Marple, con Helen Hayes, de só tres cintas pola repentina morte da actriz; un sobre Hercules Poirot con Peter Ustinov, e outro sobre Miss Marple -este na televisión inglesa- interpretado por Joan Hickson, aparte de adaptacións soltas de toda condición. Tamén na pequena pantalla destaca a serie inglesa: Partners in crime, de 1982.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA