Margaret Rutherford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargaret Rutherford

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Margaret Taylor Rutherford Editar o valor em Wikidata
11 de maio de 1892 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1972 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Chalfont St Peter (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Alzhéimer Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art
Wimbledon High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de xénero , actriz de teatro , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1925 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeStringer Davis (1945–1972)
PaiWilliam Rutherford Benn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0751983 Allocine: 8521 Rottentomatoes: celebrity/margaret_rutherford Allmovie: p62313 IBDB: 58710
Musicbrainz: 0057d1cf-2a24-4365-a9e6-b753caa1aa60 WikiTree: Rutherford-3154 Find a Grave: 6141263 Editar o valor em Wikidata

Dame Margaret Taylor Rutherford, nada en Londres o 11 de maio de 1892 e finada en Chalfon St Peter (Buckinghamshire) o 22 de maio de 1972 foi unha actriz inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rutherford foi a única filla de William Rutherford Benn (que tivo problemas mentais e tivo que ser hospitalizado) e a súa segunda muller, Florence Nicholson. Cando era nena mudouse cos seus pais á India, volvendo aos tres anos para vivir coa súa tía Bessie Nicholson, despois de que a súa nai se suicidase cando estaba embarazada.[1]

Traballou como mestra de elocuencia para logo pasar á interpretación, debutando no teatro en 1925, xa con trinta e tres anos. Polo seu aspecto pronto se especializou na comedia. O seu talento foi recoñecido en 1939 na obra The Importance of Being Earnest, de Oscar Wilde. Aínda que o seu primeiro papel cinematográfico foi en 1936, foi a partir de Blithe Spirit (1945), de David Lean, que se converteu nunha actriz de éxito na pantalla. En 1963 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa personaxe da duquesa de Brighton en The V.I.P.s.

A principios da década de 1960 interpretou a Miss Marple nunha serie de catro filmes baseados libremente en novelas de Agatha Christie. Rutherford insistiu en levar a súa propia roupa e que o seu home aparecese tamén. Christie dedicoulle en 1963 a súa novela The Mirror Crack'd: "A Margaret Rutherford, con admiración".[2] Porén, a escritora non aprobou que a comicidade da personaxe de Marple nin a falta de fidelidade aos seus libros.

Ao final da súa vida Rutherford sufriu alzhéimer.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1936 Talk of the Devil
1936 Dusty Ermine
1936 Troubled Waters
1937 Missing, Believed Married
1937 Catch as Catch Can
1937 Big Fella
1937 Beauty and the Barge
1941 Spring Meeting
1941 Quiet Wedding
1943 Yellow Canary
1943 The Demi-Paradise
1944 English Without Tears
1945 Blithe Spirit
1947 While the Sun Shines
1947 Meet Me at Dawn
1948 Miranda
1949 Passport to Pimlico
1950 The Happiest Days of Your Life
1950 Quel bandito sono io
1951 The Magic Box
1952 Curtain Up
1952 Miss Robin Hood
1952 The Importance of Being Earnest
1952 Castle in the Air
1953 Innocents in Paris
1953 Trouble in Store
1954 The Runaway Bus
1954 Mad About Men
1954 Aunt Clara
1955 An Alligator Named Daisy
1957 The Smallest Show on Earth
1957 Just My Luck
1959 I'm All Right Jack
1961 On the Double
1961 Murder, She Said
1963 Murder at the Gallop
1963 The Mouse on the Moon
1963 The V.I.P.s
1964 Murder Most Foul
1964 Murder Ahoy!
1965 Badaladas a medianoite
1965 The Alphabet Murders
1967 A Countess from Hong Kong
1967 Arabella

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Billington, Michael (2001). Oxford University Press, ed. Stage and Screen Lives. p. 291. ISBN 978-0-19-860407-5. 
  2. "To Margaret Rutherford in admiration"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rutherford, Margaret, as told to Gwen Robyns. Margaret Rutherford: An Autobiography. W. H. Allen, Londres. 1972.
  • Simmons, Dawn Langley. Margaret Rutherford. A Blithe Spirit. Londres, 1983.
  • Merriman, Andy, Margaret Rutherford: Dreadnought with Good Manners. Londres, Aurum Press. 2009. ISBN 978-1-84513-445-7

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]