Dinastía de Avis: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: hu:Avis-ház |
m left -> esquerda |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
== Reis da Dinastía de Avis == |
== Reis da Dinastía de Avis == |
||
[[Ficheiro:PortugueseFlag1385.svg|thumb| |
[[Ficheiro:PortugueseFlag1385.svg|thumb|esquerda|180px|Bandeira da Casa de Avis]] |
||
* [[Xoán I de Portugal|D. João I]] (r. [[1385]] - [[1433]], despois do [[Crise de 1383-1385|Interregno que destronou a raíña D. Beatriz]]) - fillo natural de [[Pedro I de Portugal|D. Pedro I]] e medio-irmán do Rei D. [[Fernando I de Portugal]] |
* [[Xoán I de Portugal|D. João I]] (r. [[1385]] - [[1433]], despois do [[Crise de 1383-1385|Interregno que destronou a raíña D. Beatriz]]) - fillo natural de [[Pedro I de Portugal|D. Pedro I]] e medio-irmán do Rei D. [[Fernando I de Portugal]] |
||
* [[Duarte de Portugal|D. Duarte]] (r. 1433 - [[1438]]) - fillo de D. João I. |
* [[Duarte de Portugal|D. Duarte]] (r. 1433 - [[1438]]) - fillo de D. João I. |
Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 21:55
A Dinastía de Avis, ou Dinastía Xoanina, foi a segunda dinastía a reinar en Portugal, entre 1385 e 1581-1582[1]. Tivo inicio a finais da crise de 1383-1385, cando o mestre da Orde de Avis, D. Xoán, fillo natural de el-rei D. Pedro I, foi aclamado rei nas Cortes de Coimbra.
Antes disto, e para permitir isto, dérase a derrota do partido favorable á raíña destronada, D. Beatriz, muller de Xoán I de Castela, definitivamente vencida na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385.
A Casa de Avis, sucesora familiar da anterior dinastía Afonsina, reinou no territorio peninsular de Portugal entre 1385 e 1581, cando D. Antonio é vencido e destronado na batalla de Alcántara, sendo aclamado no seu lugar o estranxeiro Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, baixo a ameaza do seu exército que xa ocupara Lisboa. Pero reina aínda nas Azores ata 1582, coa caída de Angra do Heroísmo, cando a Illa Terceira e as restantes illas azorianas réndense á armada invasora do Marqués de Santa Cruz.
A Dinastía de Avis é substituída pola unión entre as coroas de Portugal e de todos os demais reinos de Felipe II, que deu comezo á dinastía dos Habsburgo ou Dinastía de Austria.
Reis da Dinastía de Avis
- D. João I (r. 1385 - 1433, despois do Interregno que destronou a raíña D. Beatriz) - fillo natural de D. Pedro I e medio-irmán do Rei D. Fernando I de Portugal
- D. Duarte (r. 1433 - 1438) - fillo de D. João I.
- D. Afonso V (r. 1438 - 1481) - fillo de D. Duarte.
- D. João II (r. 1481 - 1495) - fillo de D. Afonso V.
- D. Manuel I (r. 1495 - 1521) - curmán de D. João II.
- D. João III (r. 1521 - 1557) - fillo de D. Manuel I.
- D. Sebastião I (r. 1557 - 1578) - fillo de D. João, Príncipe de Portugal
- D. Henrique (r. 1578 - 1580) - tio avó de D. Sebastião.
- D. António (r. 1580 - 1581) - sobriño de D. Henrique, fillo do casamento secreto do Infante D. Luís coa Violante Gomes.
Notas
- ↑ SERRÃO, Joaquim Veríssimo, O Reinado de D. Antonio Prior do Crato (1580-1582), Coimbra, 1956. Sendo a primeira data (1581) a aclamación de D. Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, e a segunda (1582), o abandono definitivo do territorio portugués polo rei derrotado, D. Antonio, quen se viu obrigado a pasar de Angra do Heroísmo a Francia a continuar o combate por outros medios.