Adina, Sanxenxo: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|densidade +|ano = \n|densidade) |
m Bot: Substitución automática de texto (-|concello +|mapa = \n|concello) |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
|imaxe = Adina, Sanxenxo.jpg |
|imaxe = Adina, Sanxenxo.jpg |
||
|lenda = Igrexa parroquial |
|lenda = Igrexa parroquial |
||
|mapa = |
|||
|concello = Sanxenxo |
|concello = Sanxenxo |
||
|superficie = 10,5 |
|superficie = 10,5 |
Revisión como estaba o 25 de marzo de 2012 ás 04:36
Adina | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Sanxenxo |
Coordenadas | 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333Coordenadas: 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333 |
Área | 10,5 km² |
Poboación | (Ano 2009) 4.662 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 17 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE no 2009 tiña 4.662 habitantes (2.334 homes e 2.328 mulleres), o que supón unha lixeira diminución en relación ao ano 2008, cando tiña 4.667 habitantes. Ten unha extensión de 10,5 km² e 17 entidades de poboación.
Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus parroquianos o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.
Patrimonio histórico e artístico
A igrexa de Santa María de Adina conserva restos románicos de finais do século XII, xunto con elementos góticos e outros do século XVI.
No interior da igrexa e servendo de pé do altar maior, consérvase un panel dun baldaquino que representa a Anunciación. O panel estivo colocado no frontal do osario da igrexa e presenta a imaxe da Virxe picada.
-
Baldaquino
Adina na cultura popular
- Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio.
Lugares e parroquias
Lugares de Adina
Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña |