Xava: Diferenzas entre revisións
m →Humana: pirámide (construción) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
'''Xava''' (En [[lingua indonesia|indonesio]]: ''Jawa''), é unha [[illa]] de [[Indonesia]]. Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de [[Madura]], que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A [[Capital (política)|capital]] de Indonesia, [[Iacarta]], está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios [[hindú]]- [[budismo|budistas]], [[Sultán|sultanatos]] [[Islam|islámicos]], o centro colonial das [[Indias Orientais Neerlandesas]], e foi o centro da [[Revolución Nacional de Indonesia|campaña pola independencia Indonesia]]. A illa domina a vida social, política e económica indonesia. |
'''Xava''' (En [[lingua indonesia|indonesio]]: ''Jawa''), é unha [[illa]] de [[Indonesia]]. Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de [[Madura]], que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A [[Capital (política)|capital]] de Indonesia, [[Iacarta]], está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios [[hindú]]- [[budismo|budistas]], [[Sultán|sultanatos]] [[Islam|islámicos]], o centro colonial das [[Indias Orientais Neerlandesas]], e foi o centro da [[Revolución Nacional de Indonesia|campaña pola independencia Indonesia]]. A illa domina a vida social, política e económica indonesia. |
||
Conta con tres linguas principais, aínda que o [[ |
Conta con tres linguas principais, aínda que o [[Lingua xavanesa|xavanes]] é dominante e é a lingua materna de 60 millóns de persoas en Indonesia, a maioría dos cales viven en Xava. A maioría dos residentes son [[Multilingüismo|bilingüe]], co [[Lingua indonesia|Indonesio]] como a súa primeira ou segunda lingua. Aínda que a maioría da poboación de Xava é [[Islam|musulmá]], Xava ten unha mestura diversa de crenzas relixiosas, etnias e culturas. |
||
== Xeografía == |
== Xeografía == |
Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2012 ás 17:50
Xava | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Iacarta |
País | Indonesia |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Illas da Sonda |
Linguas | Xavanés |
Poboación (2005) | 124.000.000 hab. |
Superficie | 138,794 km² |
Densidade | 979 /km² |
Coordenadas | 7°30′10″S 111°15′47″L / -7.50278, -111.26306 |
Maior Altura | 3.676 m. Semeru |
Localización | |
Xava (En indonesio: Jawa), é unha illa de Indonesia. Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de Madura, que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A capital de Indonesia, Iacarta, está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios hindú- budistas, sultanatos islámicos, o centro colonial das Indias Orientais Neerlandesas, e foi o centro da campaña pola independencia Indonesia. A illa domina a vida social, política e económica indonesia.
Conta con tres linguas principais, aínda que o xavanes é dominante e é a lingua materna de 60 millóns de persoas en Indonesia, a maioría dos cales viven en Xava. A maioría dos residentes son bilingüe, co Indonesio como a súa primeira ou segunda lingua. Aínda que a maioría da poboación de Xava é musulmá, Xava ten unha mestura diversa de crenzas relixiosas, etnias e culturas.
Xeografía
Xava é a 13ª illa máis grande do mundo e a quinta illa máis grande de Indonesia, atópase entre Sumatra ao oeste e Bali ao leste. Borneo atópase ao norte e a Illa de Nadal ao sur. Xava está rodeado polo Mar de Xava no norte, o Estreito de Sunda no oeste, o Océano Índico no sur e o Estreito de Bali e Estreito de Madura no leste .
Xava é case na súa totalidade de orixe volcánica, contén trinta e oito montañas que forman unha columna vertebral de este a oeste, e que nun momento ou outro foron volcáns en estado activo. O volcán máis alto de Xava é o monte Semeru (3676 m). O volcán máis activo de Xava e tamén de Indonesia é o Monte Merapi (2968 m).
As montañas máis altas axudan a dividir o interior nunha serie de rexións relativamente illadas adecuadas para o cultivo do arroz; os arrozais de Xava atópanse entre os máis ricos do mundo. Xava foi o primeiro lugar onde cultivouse o café de Indonesia a partir de 1699. Hoxe en día, o Café arabico cultívase na meseta de Ijen en pequenas e grandes plantacións.
A superficie de Xava é de aproximadamente 139.000 km². O río máis longo da illa é o río Solo de 600 km de longo. O río nace na súa fonte no centro de Xava no volcán Lawu, e logo flúe cara ao norte e cara ao leste ata a súa desembocadura no Mar de Xava preto da cidade de Surabaya.
A temperatura media en todo o ano é de 22° C a 29° C e a humidade media do 75%. As chairas costeiras do norte son xeralmente máis quentes, media de 34° C durante o día na estación seca. A costa sur é xeralmente máis fría que o norte, e as zonas altas do interior son tamén máis frescas. A tempada de choivas comeza en outubro e finaliza en abril durante a cal a choiva cae principalmente nas tardes e de forma intermitente durante o resto do ano. Os meses máis chuviosos son xaneiro e febreiro.
Xava Occidental, é máis húmida que Xava Oriental e as rexións montañosas reciben precipitacións moito máis altas. As terras altas de Parahyangan en Xava Occidental, reciben máis de 4.000 mm anuais, mentres que a costa norte de Xava Oriental, recibe 900 mm anuais.
Humana
Os destinos turísticos máis populares inclúen a cidade de Yogyakarta, un gran monumento budista en forma de pirámide coñecido como Borobudur e o templo hindú máis grande de Xava, o Prambanan.
.
Administración
Xava divídese en 4 provincias:
- Banten, capital: Serang
- Jawa Barat (Xava Occidental), capital: Bandung
- Jawa Tengah (Xava Central), capital: Semarang
- Jawa Timur (Xava Oriental), capital: Surabaya
1 rexión especial * (istimewa daerah):
1 ** capital especial do distrito da cidade (ibukota khusus daerah):
- Iacarta **