Paraguai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: li:Paraguay
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: ia:Paraguay
Liña 225: Liña 225:
[[hu:Paraguay]]
[[hu:Paraguay]]
[[hy:Պարագվայ]]
[[hy:Պարագվայ]]
[[ia:Paraguay]]
[[id:Paraguay]]
[[id:Paraguay]]
[[ie:Paraguay]]
[[ie:Paraguay]]

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2011 ás 03:36

Modelo:Infobox País O Paraguai é un país do centro da América do Sur, limitado a norte e oeste pola Bolivia, a norte e leste polo Brasil e a sur e oeste pola Arxentina. Capital: Asunción. O Paraguai é un dos dous países da América do Sur que non posúe unha saída para o mar, sendo o segundo a Bolivia.

Historia

Artigo principal: Historia do Paraguai.

Os primeiros colonos españois chegaron ao Paraguai no comezo do século XVI. A cidade de Asunción, fundada en 15 de agosto de 1537, logo se tornou o centro dunha provincia nas colonias españolas na América do Sur.

O 15 de maio de 1811, o Paraguai declarou a súa independencia. Cun rápido crecimento economico e militar nos anos que proseguiron á independencia, o Paraguai tornouse un país auto-suficiente, e unha potencia rexional no continente.

A Guerra do Paraguai, entre 1865 a 1870, e contra a Tripla Alianza, composta pola Arxentina, Brasil e Uruguai, apoiados economicamente polo Reino Unido. Esta guerra foi motivada principalmente pola ambición paraguaia dunha saída para o mar, que no final acabou custando non somente todo o crecimento entón alcanzado, senón tamén a morte de dous terzos da poboación do sexo masculino e perda de territorios, en grande parte, para a Arxentina. A economía paraguaia ficaría estancada os próximos 50 anos.

Tropas bolivianas invadiron o Paraguai en 1932, desencadeando a Guerra do Chaco, (1932-1935), e culminando con vitoria paraguaia e a anexación do Chaco ao país.

Desde 1989, cando o rexime militar de máis de 35 anos de Alfredo Stroessner tivo fín, o Paraguai ten sido gobernado por presidentes eleitos democraticamente. Os maiores desafios do Paraguai desde entón teñen sido a crecente instabilidade política e a corrupción en alta.

Política

Artigo principal: Política do Paraguai.

En 1992, foi publicada oficialmente unha nova constitución en vigor ata hoxe, que substituiu a antiga constitución de 1967. De acordo coa actual constitución paraguaia, o sistema de goberno é a democracia representativa. O poder executivo é exercido polo Presidente e polo vice-presidente, que son escollidos polo pobo a través de voto direto, para un mandato de cinco anos consecutivos, sen dereito á reeleición, isto é, o xefe de Estado e de goberno non debe ser eleito dúas veces, e gobernan baixo asesoría do Consello de Ministros. O presidente participa da aprobación da lexislación e ordena súa publicación, podendo negar leis orixinadas do lexislativo.

O poder lexislativo é bicameral, formado polas dúas casas do Congreso, ou sexa, pola Cámara dos Deputados, de 80 membros, e polo Senado, de 45 membros, escollidos en ambos os casos para un mandato de cinco anos, por voto popular. O voto é imposto por lei para todos os eleitores a partir dos 18 anos.

A Corte Suprema de Xustiza é a instancia máxima do poder xudiciario, composta de nove membros nomeados polo presidente, e ten o poder de declarar a inconstitucionalidade de leis.

O principais partidos políticos son o Colorado (Asociación Nacional Republicana), o Liberal Radical Auténtico e Atopo Nacional. O Paraguai está dividido en 18 departamentos incluindose a capital, Asunción. Cada departamento ten como xefe de goberno un gobernador eleito.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións do Paraguai.

O Paraguai está dividido en 17 departamentos. Cada departamento divídese en distritos. Os distritos subdivídense en partidos e os partidos en compañías. Asunción, a capital, forma un distrito federal. Modelo:Mapa Departamentos do Paraguai

Xeografía

Artigo principal: Xeografía do Paraguai.
O río Paraguai parte en dous a Paraguai.

O río Paraguai divide ao Paraguai en dúas rexións: ao oeste a rexión Occidental ou Chaco e ao leste a rexión Oriental.

A Rexión Oriental abrangue o 39% do territorio total e posúe o 97,3% da poboación. Ten máis de 800 ríos e arroios e o 95% das súas terras son cultivables. Nesta rexión están as principais institucións da República e os patrimonios históricos e culturais máis importantes. Ten 14 Departamentos. Nesta rexión a temperatura media anual é de 24 °C. O punto máis alto é o cerro Tres Kandú con 842 m. Está moi afectada pola deforestación, xa que en 1945 o 55% da súa superficie encontrábase cuberta por bosques, e no 2004, só o 6% se atopaba cuberto por bosques.

A Rexión Occidental ou Chaco ten o 61% do territorio da República e posúe pouco máis do 2% da poboación total. O seu territorio está formado por un fondo mariño que emerxeu na era Cuaternaria. Esta rexión posúe terras secas e arxilosas, poboada de extensos matorrais e palmares, esteros, lagos e regatos. Ten tres Departamentos e a súa produción económica baséase nos cultivos e a gandería. A súa temperatura media anual é de 31 °C. O punto máis alto do Chaco é o Cerro León con 604 m. Segundo datos da SEAM, Secretaría do Medio Ambiente de Paraguai, o 65% desta rexión atópase cuberta por bosques.

Economía

Artigo principal: Economía do Paraguai.

Demografía

Artigo principal: Demografía do Paraguai.

A maioría da poboación do Paraguai é de mestizos de colonizadores hispánicos con nativos. Hai poboación branca de orixe predominantemente española. Ata hoxe a maior parte da poboación non fala o Guaraní, además da lingua española.

Principais cidades

Cultura

Artigo principal: Cultura do Paraguai.

Feriados

Data Nome en galego Nome local (en español) Observacións
1 de xaneiro Ano Novo Año Nuevo
6 de xaneiro Día dos Reis Día de los Reyes
3 de febreiro Día do Patrono do Paraguai Día del Patrono del Paraguay
1 de marzo Día dos Heroes Día de los Héroes
(varía) Xoves e Venres Santo Jueves y Viernes Santo
1 de maio Día dos Traballadores Día de los Trabajadores
15 de maio Día da Independencia Día de la Independencia
12 de xuño Día da Paz no Chaco Día de la Paz del Chaco
14 de agosto Día da bandeira Día de la Bandera
15 de agosto Fundación de Asunción Día de la Fundación de Asunción Aniversario da capital nacional
16 de agosto Día dos Nenos Día de los Niños Os nenos fican na casa
29 de setembro Día da Batalla de Boquerón Día de la Batalla de Boquerón
8 de decembro Día da Virxe de Caacupé Día de la Virgen de Caacupé
25 de decembro Nadal Navidad

Véxase tamén

Ligazóns externas