Cornes, Conxo, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións
arranxiños |
m formato |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
==Cultura== |
==Cultura== |
||
Cornes aparece nomeado en dous poemas de Rosalía de Castro: ''Aos lirios de Cornes'' e ''Ao lavadeiro de Cornes''. {{Cómpre referencia}} |
Cornes aparece nomeado en dous poemas de Rosalía de Castro: ''Aos lirios de Cornes'' e ''Ao lavadeiro de Cornes''. {{Cómpre referencia}} |
||
==Lugares e parroquias== |
|||
===Lugares de Conxo=== |
|||
{{Lp Conxo}} |
|||
===Parroquias de Santiago de Compostela=== |
|||
{{Santiago de Compostela}} |
|||
[[Categoría:Lugares de Santiago de Compostela]] |
[[Categoría:Lugares de Santiago de Compostela]] |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2011 ás 00:36
Cornes é un lugar do antigo concello de Conxo, situado ao sudoeste de Santiago de Compostela e dende 1925 integrado neste. Cornes aínda existe como núcleo, integrado agora na cidade compostelá.
Historia
A orixe do nome Cornes podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira. Pouco queda xa do trazado antigo do lugar de Cornes, nunha área reurbanizada dende mediados do século XX. Pero en Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28), e en Cornes naceu Rosalía de Castro, na Casa da Parra no lugar chamado Camiño Novo (na actualidade Praza de Vigo).
De Cornes saíu a primeira liña de camiño de ferro de Galiza, que remataba no Carril. Ao redor da estación levantáronse almacéns de aceite, viño, carbón, froita, sal, madeira, cemento, etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente marmoristas, carpinteiros e tallistas. Había tamén unha canteira de pedra, unha imprenta e un taller de coches.
Cultura
Cornes aparece nomeado en dous poemas de Rosalía de Castro: Aos lirios de Cornes e Ao lavadeiro de Cornes. [Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
Lugares de Conxo
Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro |