Literatura anglosaxoa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:
A literatura anglosaxoa pasou por diferentes períodos de investigación. No [[século XIX]] e a comezos do [[século XX]] a investigación centrábase nas raíces xermánicas do inglés, posteriormente fíxose fincapé nos méritos literarios, e hoxe a investigación está centrada na [[paleografía]] e nos propios manuscritos físicos: os filólogos debaten asuntos como a datación, lugar de orixe, autoría, e as conexións entre a cultura anglosaxoa e o resto de [[Europa]] na [[Idade Media]].
A literatura anglosaxoa pasou por diferentes períodos de investigación. No [[século XIX]] e a comezos do [[século XX]] a investigación centrábase nas raíces xermánicas do inglés, posteriormente fíxose fincapé nos méritos literarios, e hoxe a investigación está centrada na [[paleografía]] e nos propios manuscritos físicos: os filólogos debaten asuntos como a datación, lugar de orixe, autoría, e as conexións entre a cultura anglosaxoa e o resto de [[Europa]] na [[Idade Media]].


Os primeiros traballos en [[Lingua inglesa|inglés]] datan do [[século V]] d.C e foron escritos nos diferentes dialectos [[anglosaxón]]s: os dialectos [[anglo]]s de [[Mercia]] e [[Northumbria]] e os dialectos [[saxón]]s de [[Wessex]] e [[Kent]], actualmente coñecidos como Old English ([[inglés antigo]]). A tradición oral era o método de transmisión literaria nas sociedades anglosaxoas, cumprindo unha importante función a figura do "''scope''" ou [[poeta]] que, cultivados no coñecemento da historia e a lei, viaxaban dunha tribo a outra transmitindo cancións, lendas, poemas e outro tipo de informacións. A súa función social máis importante era a de perpetuaren valores heroicos como a lealtade, a forza ou a coraxe a través das súas composicións literarias.
Os textos máis antigos en [[Lingua inglesa|inglés]] datan do [[século V]] d.C e son de carácter epigráfico. Trátanse de pequenas inscripcións escritas co [[alfabeto rúnico]] anglosaxón ou ''fuþorc'' e sen intencións literarias. O [[alfabeto latino]] foi introducido polos primeiros misioneiros cristiáns e canda el o cultivo literario do inglés. Os primeiros traballos literarios datan do [[século VII]] d.C e foron escritos nos diferentes dialectos [[anglosaxón]]s: os dialectos [[anglo]]s de [[Mercia]] e [[Northumbria]] e os dialectos [[saxón]]s de [[Wessex]] e [[Kent]], actualmente coñecidos como Old English ([[inglés antigo]]). A tradición oral era o método de transmisión literaria nas sociedades anglosaxoas, cumprindo unha importante función a figura do ''scope'' ou [[poeta]] que, cultivados no coñecemento da historia e a lei, viaxaban dunha tribo a outra transmitindo cancións, lendas, poemas e outro tipo de informacións. A súa función social máis importante era a de perpetuaren valores heroicos como a lealtade, a forza ou a coraxe a través das súas composicións literarias. Coa chegada do cristianismo e tras a súa aceptación polos líderes anglosaxóns construíronse numerosos mosteiros por toda [[Inglaterra]] nos que os primeiros cristiáns recolleron en manuscritos a rica literatura oral anglosaxoa, incorporando aos textos alusións ao [[cristianismo]] coa intención de predicaren a súa doutrina.


=== Lírica ===
=== Lírica ===


Principalmente foron cultivados catro xéneros: a [[poesía épica]], a [[poesía elexíaca]], a [[poesía gnómica]] (máximas e adiviñanzas) e en menor medida a [[prosa]] por mor de ser o [[latín]] a lingua oficial da igrexa. Os catro xéneros forman parte do rico corpus da [[literatura anglosaxoa]] que se agrupa en catro manuscritos principais:
Principalmente foron cultivados catro xéneros: a [[poesía épica]], a [[poesía elexíaca]], a [[poesía gnómica]], e en menor medida, a [[prosa]] por mor de ser o [[latín]] a lingua da igrexa. Os catro xéneros forman parte do rico corpus da [[literatura anglosaxoa]] que se agrupa en catro manuscritos principais:


* O [[manuscrito de Beowulf]].
* O [[manuscrito de Beowulf]].
* O [[manuscrito de Junius]].
* O [[manuscrito de Junius]].
* O [[libro de Éxeter]].
* O [[libro de Éxeter]].
* O [[libro de Vercelly]].
* O [[libro de Vercelly]].

Os primeiros textos escritos en [[inglés antigo]] encontrámolos non en manuscritos senón gravados na [[pedra]]. Trátanse de pequenas inscripcións, empregando o [[alfabeto rúnico]], sen intencións literarias. O [[alfabeto latino]] foi introducido polos primeiros misioneiros cristiáns chegados de [[Roma]] e canda el o cultivo literario do inglés.
Coa chegada dos primeiros cristiáns e trala súa aceptación por parte dos líderes anglosaxóns comezan a ser construídos por toda [[Inglaterra]] igrexas e mosteiros ([[século VII]]). Neles, estes primeiros cristiáns serán os encargados de perpetuaren en manuscritos a rica literatura oral anglosaxoa, na meirande parte das veces incorporando aos textos simboloxía cristiá e alusións ao [[cristianismo]] coa fin de predicaren a súa doutrina.


Dentro da [[poesía épica]] destaca o [[poema]] coñecido, que non titulado, como "[[Beowulf]]". Trátase do primeiro poema épico escrito nun dialecto anglo por volta do [[século VI]] ou [[século VII|VII]] nalgunha corte cristiá ou [[mosteiro]] de [[Mercia]] ou [[Northumbria]]. A autoría do texto é anónima. Só se especula coa posibilidade de que o autor fose probablemente un [[cristián]] debido ás numerosas alusións relixiosas que se atopan no texto. O tema principal está centrado na figura de Beowulf, [[clásico]] [[heroe]] [[xermánico]], que derrota dous inimigos mortais: Grendel e a súa [[nai]]. Beowulf é finalmente derrotado por un [[dragón]] e o poema remata traxicamente.
Dentro da [[poesía épica]] destaca o [[poema]] coñecido, que non titulado, como "[[Beowulf]]". Trátase do primeiro poema épico escrito nun dialecto anglo por volta do [[século VI]] ou [[século VII|VII]] nalgunha corte cristiá ou [[mosteiro]] de [[Mercia]] ou [[Northumbria]]. A autoría do texto é anónima. Só se especula coa posibilidade de que o autor fose probablemente un [[cristián]] debido ás numerosas alusións relixiosas que se atopan no texto. O tema principal está centrado na figura de Beowulf, [[clásico]] [[heroe]] [[xermánico]], que derrota dous inimigos mortais: Grendel e a súa [[nai]]. Beowulf é finalmente derrotado por un [[dragón]] e o poema remata traxicamente.
O texto está escrito dende un punto de vista documental. Esta composición poética recolle simbolicamente a batalla entre os anglosaxóns e os [[viquingo]]s no ano [[991]]. Beowulf representa o pobo anglosaxón loitando honorablemente ata o derradeiro momento.
O texto está escrito dende un punto de vista documental. Esta composición poética recolle simbolicamente a batalla entre os anglosaxóns e os [[viquingo]]s no ano [[991]]. Beowulf representa o pobo anglosaxón loitando honorablemente ata o derradeiro momento.


Exemplo dun fragmento de texto tirado do poema "Beowulf":
{{Start box}}
{{Start box}}
| Him þa ellenrof andswarode,<br />
| Him þa ellenrof andswarode,<br />

Revisión como estaba o 14 de abril de 2011 ás 19:53

Páxina inicial da Crónica de Peterborough, probablemente escrita darredor do 1150, é unha das principais fontes da Crónica Anglosaxoa.

A literatura anglosaxoa (ou literatura en inglés antigo) abarca a literatura escrita en anglosaxón (inglés antigo) durante os 600 anos de período anglosaxón na Gran Bretaña, dende a metade do século V ata a Conquista Normanda de 1066. Estes traballos inclúen xéneros tales como a poesía épica, haxiografía, sermóns, traducións da Biblia, traballos legais, crónicas, adiviñanzas e outros. Entre todos forman unha escolma de 400 manuscritos do período, un importante corpus para a investigación especialista e de interese popular.

Algúns dos traballos máis importantes deste período inclúen o poema Beowulf, que conseguíu o status de épica nacional na Gran Bretaña. A Crónica Anglosaxoa é unha escolma dos acontecementos máis importantes da historia temperá inglesa. O poema Cædmon's Hymn do século VII é un dos textos máis vellos escritos en inglés.

A literatura anglosaxoa pasou por diferentes períodos de investigación. No século XIX e a comezos do século XX a investigación centrábase nas raíces xermánicas do inglés, posteriormente fíxose fincapé nos méritos literarios, e hoxe a investigación está centrada na paleografía e nos propios manuscritos físicos: os filólogos debaten asuntos como a datación, lugar de orixe, autoría, e as conexións entre a cultura anglosaxoa e o resto de Europa na Idade Media.

Os textos máis antigos en inglés datan do século V d.C e son de carácter epigráfico. Trátanse de pequenas inscripcións escritas co alfabeto rúnico anglosaxón ou fuþorc e sen intencións literarias. O alfabeto latino foi introducido polos primeiros misioneiros cristiáns e canda el o cultivo literario do inglés. Os primeiros traballos literarios datan do século VII d.C e foron escritos nos diferentes dialectos anglosaxóns: os dialectos anglos de Mercia e Northumbria e os dialectos saxóns de Wessex e Kent, actualmente coñecidos como Old English (inglés antigo). A tradición oral era o método de transmisión literaria nas sociedades anglosaxoas, cumprindo unha importante función a figura do scope ou poeta que, cultivados no coñecemento da historia e a lei, viaxaban dunha tribo a outra transmitindo cancións, lendas, poemas e outro tipo de informacións. A súa función social máis importante era a de perpetuaren valores heroicos como a lealtade, a forza ou a coraxe a través das súas composicións literarias. Coa chegada do cristianismo e tras a súa aceptación polos líderes anglosaxóns construíronse numerosos mosteiros por toda Inglaterra nos que os primeiros cristiáns recolleron en manuscritos a rica literatura oral anglosaxoa, incorporando aos textos alusións ao cristianismo coa intención de predicaren a súa doutrina.

Lírica

Principalmente foron cultivados catro xéneros: a poesía épica, a poesía elexíaca, a poesía gnómica, e en menor medida, a prosa por mor de ser o latín a lingua da igrexa. Os catro xéneros forman parte do rico corpus da literatura anglosaxoa que se agrupa en catro manuscritos principais:

Dentro da poesía épica destaca o poema coñecido, que non titulado, como "Beowulf". Trátase do primeiro poema épico escrito nun dialecto anglo por volta do século VI ou VII nalgunha corte cristiá ou mosteiro de Mercia ou Northumbria. A autoría do texto é anónima. Só se especula coa posibilidade de que o autor fose probablemente un cristián debido ás numerosas alusións relixiosas que se atopan no texto. O tema principal está centrado na figura de Beowulf, clásico heroe xermánico, que derrota dous inimigos mortais: Grendel e a súa nai. Beowulf é finalmente derrotado por un dragón e o poema remata traxicamente. O texto está escrito dende un punto de vista documental. Esta composición poética recolle simbolicamente a batalla entre os anglosaxóns e os viquingos no ano 991. Beowulf representa o pobo anglosaxón loitando honorablemente ata o derradeiro momento.


Him þa ellenrof andswarode,

wlanc Wedera leod word aefter spraec,
heard under helme: 'We synt Higelaces
beodgeneatas; Beowulf is min nama.
Wille Ic asecgan sunu Healfdenes,
maerum þeodne, min aerende,
aldre þinum, gif he us geunnan wile
þaet we hine swa godne gretan moton.'

Wulfgar maþelode -þaet waes Wendla leod;

waes his modsefa manegum gecyðed,
wig ond wisdom: 'Ic þaes wine Deniga,
frean Scildinga, frinan wille,
beaga bryttan, swa þu bena eart,
þeoden maerne, ymb þinne sið,
ond þe þa andsware aedre gecyðan
ðe me se goda agifan þenceð.'

"Beowulf", dende a liña 340 á liña 355

A poesía épica e elexíaca anglosaxoa constitúese formalmente a través da liña anglosaxoa e o verso aliterativo. A liña anglosaxoa consiste na división da liña en dúas metades separadas por unha cesura ou pausa e o verso aliterativo consiste na repetición de sons consoánticos nas sílabas semanticamente máis importantes da liña. Esta estrutura dálle unidade a cada liña, dálle ritmo ao poema e faino máis sinxelo de lembrar, tendo en conta que esta literatura se transmitía de maneira oral. A meirande parte dos textos son anónimos e, malia a súa temperá produción, a literatura anglosaxoa presenta unha ampla riqueza estilística. Destacan entre estes recursos os "kenning" consistentes en locucións poéticas compostas que substitúen o nome usual dunha persoa ou dun obxecto.

Exemplo dun kenning no poema elexíaco "The Wanderer" (O Errante)

Orixinal anglosaxón:

Swa cwaeð eardstapa, earfeþa gemyndig,
wraþra waelsleathta, winemaega hryre:

Tradución para galego:

Así falou o errante, mente chea de sufrimentos,
das crueis batallas, as mortes dos familiares:

Liñas 5 e 6 de "The Wanderer"

A unión da palabra "eard / earth" (terra) con "stapa / stepper" (o que pasea) forma un kenning que alude ao título do poema.

Canda á poesía épica é a poesía elexíaca o outro xénero literario máis cultivado durante o período anglosaxón. A poesía elexíaca anglosaxoa expón a filosofía fatalista da súa civilización. O ton dos poemas acada un nivel altamente melancólico resaltando sentimentos como a soidade, o abandono, a inseguridade, o exilio e o sufrimento. O patrón tende a ser sempre o mesmo: a voz lírica lamenta a desaparición dun glorioso pasado e adopta unha postura de resignación. Resultan poemas moi persoais nos que se afonda nos sentimentos dos personaxes.

Entre os poemas elexíacos anglosaxóns cabe destacar os seguintes que se encontran no Libro de Éxeter:

  • 1º "The Wanderer" (O errante). Trátase dun poema de soidade, exilio e sufrimento no que atopamos a figura dun home solitario que perdeu a protección do seu Lord. O poema remata cun parágrafo onde se expón unha filosofía de vida cristiá que dá solución aos problemas do protagonista. Probablemente este derradeiro parágrafo do poema foi introducido polo escritor anónimo cristián e non estaría presente na versión oral orixinal do poema.
  • 2º "The Seafarer" (O mariñeiro). Consiste nun monólogo que relata os sentimentos dun vello guerreiro e mariñeiro anglosaxón. A voz lírica expón dun xeito moi dramático os seus sufrimentos no mar e contrástaos cos praceres da vida na terra. Este monumento literario á lingua inglesa é o máis evocador dos poemas curtos escritos en inglés antigo.
  • 3º "The Deor's Lament" (O lamento de Deor). A voz lírica comeza nomeando varios heroes de orixes xermánicas e relata os seus problemas e o seu sufrimento. Logo desta introdución comeza a relatar a súa propia historia. Deor era un exitoso poeta que foi remprazado polo outro e lamenta a perda desta posición social privilexiada.

Exemplo de poema elexíaco anglosaxón "The Seafarer":

Maeg Ic be me syfum soðgied wrecam,

siþas secgan, hu Ic geswincdagum
earfoðhwile oft þrowade. Brite breostceare gebiden haebbe, gecunnad in ceole cearselda fela, atol yþa gewealc, þaer mec oft bigeat nearo nihtwaco aet nacan stefnan þonne he be clifum cnossað.

Calde geþrungen

waeron mine fet, forste gebunden caldum clommum, þaer þa ceare seofedun hat ymb heortan. Hungor innan slat merewerges mod. þaet se mon ne wat þe him on foldan faergrost limpeð:

Liñas 1 a 13 de "The Seafarer".

Prosa

Finalmente, con respecto á prosa, en inglés antigo non se escribíu moita por mor de ser o latín a lingua oficial da Igrexa. Cabe facer mención á Crónica Anglosaxoa (Anglo-Saxon Chronicle) escrita polo rey Alfred o Grande e o seu círculo de eruditos. Este códice consiste nun arquivo anual dos acontecementos históricos e culturais máis importantes de Inglaterra dende a antigüidade ata o seus propios días. Data do século IX e, analizando o dialecto empregado para a narración, pénsase que foi escrito en Wessex.

Modelo:Link FA