Conversa usuario:Cabaleiro de Espadas
Benvido(a) á Galipedia, Cabaleiro de Espadas!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 07:39, 20 xullo 2007 (UTC)
Pois moitas grazas Lansbricae! Espero ir facéndome coa Galipedia pouco a pouco... aínda ando un pouco perdido. --Cabaleiro de Espadas 22:55, 22 xullo 2007 (UTC)
Benvido, Cabaleiro de Espadas. Polos teus intereses e formación, permito-me dirixir-te cara tres listaxes de artigos que son curtos de máis: Lingüística, Literatura e Historia. Mira eses artigos, se queres, e amplía aqueles que poidas. A Historia do Reino Unido é ainda pequena, ainda que aumentou recentemente. Un saúdo e boa estadía. Para respostares-me, clica no sobre que sigue o meu nome. --Xosé (✉) 23:01, 22 xullo 2007 (UTC)
Maltés
[editar a fonte]Refíreste a esta páxina [[Template:Linguas semíticas]]? Pois ánimo, e actualízalle aí, ;), que eu de semíticas non controlo moito...--Xabier Cid 11:57, 28 agosto 2007 (UTC)
benvido
[editar a fonte]vin na tua paxina de usuario que non te atrevias co das imaxes, asi que che puxen unha imaxe de proba, en "literatura anglosaxoa", asi como as ligazons, ao final da paxina, ao artigo doutras linguas (a info atopeina percurando o artigo en español).Saúdos.---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 06:47, 22 setembro 2007 (UTC)
Galicia - Galiza
[editar a fonte]Ola, Benvido. só comentarche que os artigos Galicia e Galiza deben ter os mesmos contido (acordouse fai tempo por consenso) polo que as modificacións que fagas en Galicia deberías facelas tamén no de Galiza. Ánimo e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 06:56, 24 setembro 2007 (UTC)
Eu persoalmente tamén son da mesma opinión pero é un acordo ao que se chegou por consenso fai moito tempo (eu ainda non sabía nin que era a Galipedia) para evitar enfrontamentos que non leven a nada. Ambas denominacións son correctas pero cal debería primar sobre a outra? para evitar tomar esa decisión consensuouse que existisen estes dous artigos duplicados co mesmo contido, e tamén que nun artigo cando o primeiro editor use Galiza ou Galicia se respetase esa primeira opción. O resultado é que leva traballo e co tempo foron diferenciándose. De cando en vez alguén os homoxeneiza. Todo ésta discusión está na Taberna (en arquivo). Sempre se podería reabrir o debate pero sería convinte ler antes o xa aportado na discusión (cando teña un momento póñote a ligazón concreta se é que non o atopas ti antes). Bo traballo e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 09:09, 24 setembro 2007 (UTC)
Encargas
[editar a fonte]Recollo a luva, pero fareino mañá, si? --Xabier Cid 20:00, 10 novembro 2007 (UTC)
- Listo --Xabier Cid 21:01, 11 novembro 2007 (UTC)
Petición de tradución
[editar a fonte]Ola vin na túa páxina de usuario que aceptas peticións de traducións de artigos da wiki inglesa e quería pedirche se me facías o favor de traducirme dous artigos: en:Short SC.7 Skyvan e en:Lockheed L-188 Electra, son para completar dous artigos do wikiproxecto dereitos humanos: Guerra sucia en Arxentina e Voos da morte, en troques vin tamén que dis que non sabes poñer imaxes nos artigos e é moi doado:
Depende se queres poñer unha soa foto ou varias, se queres unha soa, enton pos
[[Image:Nomedaimage.jpp|thumb|right|200px|Nome que queres que apareza]]
onde thumb é para que che apareza un cadro bordeando a imaxe,
left ou right dependendo de se a queres a esquerda ou dereita e 200px/300px.... é o tamaño
Se as queres poñer como unha galería de imaxes, entón, é distinto, só pos
<gallery> Image:Nomedaimaxe.jpg|texto que queres que se vexa Image:Nomedaimaxe.jpg|texto... </gallery>
Saúdos. Alma (fálame eiquí) 18:08, 17 novembro 2007 (UTC)
Reversión de edición en fútbol
[editar a fonte]Boas Cabaleiro de Espadas, veño a comentarche que desfixemos a túa edición no artigo de Fútbol porque resulta que no libro de estilo da Galipedia hai unha norma que di que no caso de existir dúas ou máis formas correctas para escribir unha palabra, respectarase a opción escollida polo primeiro editor. Por outra banda felicítoche polas reversións vandálicas que fixeches no mesmo artigo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:26, 17 de abril de 2011 (UTC)
- Ves, iso si que non o mirara. Tes razón e a cousa é un pouco máis complicada do que pensaba, haberá que revisar qué opción usou o primeiro editor e aplicala en todo o artigo. Agora xa é moi tarde, mañá tentarei revisar iso e xa che conto o que atope. Perdoa polas molestias e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 01:56, 17 de abril de 2011 (UTC)
Aviso na taberna de axuda
[editar a fonte]Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 17:48 (UTC)
Grazas polo teu comentário de convite aos escritores lusófonos.
[editar a fonte]Faces moito ben en dicir algunha cousa de seixa realmente útil e que teña razón (estou a dicir daquele comentaria na Lingua Portuguesa na Galipedia que puseste en 2007, chego tarde, pero nunca é demais), e preciso axudar e mellorar a Wikipedia na lingua que seixa. Calquer cousa que me queiras dicir podes ir sempre á miña páxina na Wikipedia en castelán --------> https://es.wikipedia.org/wiki/Usuario:Gato_Preto Eu son moito activo, eu respondote. Moito ben, --Gato Preto (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 09:25 (UTC)
Literatura en lingua inglesa
[editar a fonte]Boas, o artigo Literatura en lingua inglesa, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2023 ás 20:35 (UTC)