Lingua támil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: oc:Tamil
Liña 107: Liña 107:
[[nn:Tamil]]
[[nn:Tamil]]
[[no:Tamilsk]]
[[no:Tamilsk]]
[[oc:Tamil]]
[[pl:Język tamilski]]
[[pl:Język tamilski]]
[[pnb:تامل]]
[[pnb:تامل]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2011 ás 20:28

Támil
தமிழ்
Pronuncia:/t̪ɐmɨɻ/
Falado en: India e Sri Lanka, con minorías significativas en Singapur, Malaisia, Dubai, Mauricio, Fidxi, Reunión, Trindade e Tobago, Sudáfrica, así como emigrantes en varios países.
Total de falantes: 68 millóns como lingua materna,[1][2] 77 millóns en total[1]
Posición: 20, 16,Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; nomes non válidos, por exemplo, demasiados 15[3](falantes nativos)
Familia: Dravídica
 Meridionais
  Támil
Estatuto oficial
Lingua oficial de: India e Sri Lanka
Regulado por: Varias academias e o Goberno de Tamil Nadu
Códigos de lingua
ISO 639-1: ta
ISO 639-2: tam
ISO 639-3: tam
Mapa
Status
Biblia en támil de 1723.

O támil ou lingua támil pertence ás linguas dravídicas e fálase principalmente no estado indio de Tamil Nadu e no nordés de Sri Lanka. É a lingua dravídica co segundo maior número de falantes despois do telegu, e é a de maior desenvolvemento literario. Actualmente, calcúlase arredor dos 50 millóns de falantes.

Existen tamén destacados núcleos de falantes en Malaisia, Vietnam, Singapur (onde é unha das catro linguas oficiais), Zanzíbar e, recentemente, en diversas cidades europeas, entre as que salienta Londres.

Conta cunha rica e antiga tradición literaria, remontándose os primeiros escritos desta lingua, consistentes en poesía lírica e unha gramática, ata o século I.

O sistema de escritura do támil provén do alfabeto brahmí. Combina consoantes con vogais para crear carácteres silábicos únicos pero, ao contrario que as outras escrituras derivadas do brahmí, non ten caracteres que representen sons con máis dunha consoante. Como na actualidade o támil está recibindo unha grande influencia doutras linguas, o seu sistema de escritura está tendo problemas á hora de representar os novos vocábulos.

Historia

O támil é unha das linguas máis antigas do mundo cuns 2.200 anos de historia. As orixes do támil non son claras, pero se desenvolveuse e floreceu na India como unha lingua independente cunha rica literatura. Máis do 55% das inscricións epigráficas atopadas en India foron escritas en támil. A literatura en támil é a máis vella que existe entre as linguas dravídicas, pero datar a lingua e a literatura de xeito preciso é difícil. Moitos traballos literarios indios foron preservados en manuscritos (copias) ou a través da transmisión oral, sendo imposible datalos. Probas lingüísticas internas e referencias cronolóxicas externas indican que o traballo máis antigo existente foi probablemente realizado ente o século II a. d.C e o século X da nosa era.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Top 30 Languages by Number of Native Speakers: sourced from Ethnologue: Languages of the World, 15th ed. (2005)". Vistawide - World Languages & Cultures. Consultado o 2007-04-03. 
  2. "Languages Spoken by More Than 10 Million People". MSN Encarta. Consultado o 2007-04-02. 
  3. George Weber (1997). Geoffrey Kingscott, ed. "TOP LANGUAGES" (pdf). Language Today 2. p. 87-99.  A referencia usa o parámetro obsoleto |mes= (Axuda)

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:Link FA Modelo:Link FA