Conversa:Lingua támil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No apartado historia realmente non se di nada: é a literatura máis vella pero non se pode datar, manuscritos sendo imposible datalos pero o remate é: "o traballo máis antigo existente foi probablemente realizado ente o século II a. d.C e o século X da nosa era", son doce séculos de diferenza, un mundo, ademais de levar a confusión, o texto que a maioría dos autores consideran o máis antigo dátase entre o século III a.C. e o V d.C. , iso si hai un autor, que é botánico polo demais, que di que é do século X pero xa non sería entón o texto máis antigo en támil. Cando teña tempo mudarei a redacción polo texto da wikipedia en inglés, a non ser que alguén vexa que o texto actual é digno de consideración.--Sernostri (conversa) 9 de abril de 2014 ás 15:48 (UTC)