Entaboamento: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: be:Антаблемент |
m bot Engadido: stq:Ferbiend |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
[[sh:Trabeacija]] |
[[sh:Trabeacija]] |
||
[[simple:Entablature]] |
[[simple:Entablature]] |
||
[[stq:Ferbiend]] |
|||
[[sv:Entablement]] |
[[sv:Entablement]] |
||
[[uk:Антаблемент]] |
[[uk:Антаблемент]] |
Revisión como estaba o 28 de agosto de 2010 ás 19:21
Chámase entaboamento ou cornixamento ao conxunto de pezas que gravitan inmediatamente sobre as columnas na arquitectura arquitrabada. Divídense en tres seccións:
A orixe destes elementos parece proceder do feito de que os antigos construtores imitaran en pedra as formas coas que construían en madeira. Así o arquitrabe sería a trasposición en pedra dunha viga de madeira. Os triglifos do friso serían as cabezas das vigas secundarias que apoian sobre a anterior, e a cornixa sería o bordo da tablazón de madeira.
Sobre a cornixa, apóianse formando un coroamento, outras dúas cornixas en ángulo ou unha soa arqueada chamándose a este conxunto frontón. O espazo circunscrito polo triángulo resultante recibe o nome de tímpano. Os lados do frontón conforman os laterais da cuberta.
Entre as diferentes formas de frontón as máis comúns son:
- o frontón triangular (que é o máis habitual)
- o frontón circular
- o frontón partido
- o frontón aguzado
- o frontón rebaixado (segundo a altura do triángulo)
- o gablete ou piñón, que é un frontón aguzado e de puro adorno propio da arquitectura oxival. Tamén se chama muro piñón á parte alta dun muro terminada en forma triangular.