Conversa:Entaboamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Preséntame moitas dúbidas o título do artigo, que sospeito que se debería asemellar máis ao portugués entablamento, precisamente por aquilo de que se trata do elemento que da unidade aos extremos superiores das columnas (de aí o latín epistylium) ou aos remates dos muros ligándoos ou trabándoos (o italiano trabeazione suxire iso precisamente). A forma entaboamento suxire algún parentesco coa palabra táboa, que é de todo imposible. Existe algunha referencia dalgunha fonte arquitectónica que xustifique entaboamento? Se non é así propoño movelo a entablamento. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:28, 20 febreiro 2010 (UTC)

  • Con moito retraso, a forma entaboamento está recollida con este significado no Dicionario visual da construcción, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004 (revisado por Termigal), xunto a cornixamento. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2020 ás 22:16 (UTC)Reply[responder]