Walther Bothe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: yo:Walther Bothe
photo 1935
Liña 1: Liña 1:
[[File:Bothe,Walther_1935_Stuttgart.jpg|thumb|Walther Bothe, Stuttgart 1935]]
'''Walther Wilhelm Georg Bothe''', nado en [[Oranienburg]] en [[1891]] e finado en [[Heidelberg]] en [[1957]], foi un [[físico]], [[Matemáticas|matemático]], [[químico]] e profesor universitario alemán. Recibiu o [[Premio Nobel de Física]] o ano [[1954]], xunto con [[Max Born]], pola invención do método das coincidencias na ocupación do [[contador Geiger]].
'''Walther Wilhelm Georg Bothe''', nado en [[Oranienburg]] en [[1891]] e finado en [[Heidelberg]] en [[1957]], foi un [[físico]], [[Matemáticas|matemático]], [[químico]] e profesor universitario alemán. Recibiu o [[Premio Nobel de Física]] o ano [[1954]], xunto con [[Max Born]], pola invención do método das coincidencias na ocupación do [[contador Geiger]].



Revisión como estaba o 11 de agosto de 2010 ás 04:55

Walther Bothe, Stuttgart 1935

Walther Wilhelm Georg Bothe, nado en Oranienburg en 1891 e finado en Heidelberg en 1957, foi un físico, matemático, químico e profesor universitario alemán. Recibiu o Premio Nobel de Física o ano 1954, xunto con Max Born, pola invención do método das coincidencias na ocupación do contador Geiger.

Traxectoria

Naceu o 8 de xaneiro de 1891 na cidade alemá de Oranienburg, preto de Berlín. Estudou física, química e matemáticas na Universidade de Berlín onde tivo como profesor a Max Planck, doutorándose no ano 1914. Tras a Primeira Guerra Mundial, onde foi feito prisioneiro polo Imperio Ruso e deportado a Siberia, colaborou con Hans Geiger ao Physikalisch-Technische Reichsanstalt de Berlín.En 1930 foi nomeado profesor da Universidade de Giessen e o 1934 foi director do Instituto de Física da cidade de Heidelberg.

Morreu o 8 de febreiro de 1957 á cidade de Heidelberg.

Procura científica

Xunto a Hans Geiger descubriu que se unha soa partícula é detectada por dúas ou máis contadores Geiger, a detección será practicamente coincidente no tempo. Usando esta observación construíu o circuíto de coincidencia permitindo que varios contadores en coincidencia determinen o ímpeto angular dunha partícula. Bothe estudou o efecto Compton usando este sistema, así establecendo a análise moderna dos procesos de dispersión e establecendo unha porta lóxica.

En 1930 demostrou, xunto con H. Becker, que mediante o bombardeo do berilio con partículas alfa conseguíase unha radiación penetrante, formada polo que posteriormente James Chadwick denominaría neutróns. En 1943 finalizou o primeiro ciclotrón alemán.

En 1954 foille concedido o Premio Nobel de Física, que compartín con Max Born, pola invención do método das coincidencias no uso do contador Geiger, polo estudo dos radiacións

Recoñecementos

En honor seu nomeouse o asteroide (19178) Walterbothe descuberto o 9 de setembro de 1991 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Premios Nobel de Física