Clítoris: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 1549880 de Xoán Carlos Fraga (conversa)
arranxos
Liña 6: Liña 6:
Image = Clitoris anatomy labeled-pt.jpg |
Image = Clitoris anatomy labeled-pt.jpg |
Lenda = A anatomía do clítoris |
Lenda = A anatomía do clítoris |
Width = 180 |
Largura = 180 |
Precursor = [[Tubérculo xenital]] |
Precursor = [[Tubérculo xenital]] |
System = |
Sistema = |
Vascularización = [[Arteria dorsal do clítoris]] |
Arteria = [[Arteria dorsal do clítoris]] |
Vein = |
Vea = |
Inervación = [[Nervio dorsal do clítoris]] |
Nervio = [[Nervio dorsal do clítoris]] |
Lymph = |
Linfa = |
MeshName = Clítoris |
MeshName = Clítoris |
MeshNumber = A05.360.319.887.436 |
MeshNumber = A05.360.319.887.436 |

Revisión como estaba o 22 de maio de 2010 ás 11:32

Modelo:Anatomía O clítoris é a parte eréctil do aparato sexual feminino, situado na parte superior dos labios menores da vulva. A súa función nos seres humanos é producir pracer sexual e orgasmos.

Orixe e estrutura

Clítoris.

O clítoris feminino é o equivalente ao pene masculino. Embrioloxicamente provén do mesmo tecido fino que forma o pene. O que condiciona a formación dun pene no canto dun clítoris é a acción da testosterona no útero.

O órgano fórmase fóra do corpus cavernosum, é un tecido capilar formado por máis de 8.000 terminacións nerviosas, que serven para a estimulación sexual da muller.

O tamaño medio do clítoris vai de 8 a 10 centímetros de longo e de 3 a 6 centímetros de largo. A parte exterior do clítoris, o glande clitoridiano, está parcial ou totalmente cuberto polo prepucio, e varía grandemente dende aqueles moi reducidos (que non sobresaen do prepucio) a outros moi saíntes, pero a maior parte do clítoris está oculto. A estimulación externa de todo o clítoris pode dar lugar a unha resposta sexual máis intensa. Unha explicación do orgasmo vaxinal é que resulta da estimulación do interior do clítoris durante a penetración sexual, e o pracer ligado ao sexo é un mecanismo evolutivo que favorece a reprodución.

Recoñecemento da súa existencia

A literatura médica recoñeceu a existencia do clítoris por primeira vez no século XVI. No ano 1559 Realdo Colombo publicou De re anatomica, no que describia o asento de pracer da muller. Gabriele Falloppio reclamou ser tamén o descubridor do clítoris.

Modificación do clítoris

A mutilación xenital feminina ou ablación, consiste na extirpación total ou parcial da parte exterior do clítoris. Esta práctica é rexeitada en nome dos dereitos humanos e da protección do menor en case tódolos países, aínda que a práctica está viva en moitas sociedades tradicionais da África subsahariana e Asia.

Modelo:Características anatómicas humanas