Tashkent: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: af:Tasjkent
m bot Engadido: yo:Tashkent
Liña 143: Liña 143:
[[war:Tashkent]]
[[war:Tashkent]]
[[yi:טאשקענט]]
[[yi:טאשקענט]]
[[yo:Tashkent]]
[[zh:塔什干]]
[[zh:塔什干]]
[[zh-min-nan:Tashkent]]
[[zh-min-nan:Tashkent]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 20:17

Unha vista aérea de Tashkent
Taškent no Usbequistán

Tashkent, capital de Usbequistán, en usbeco Toshkent, é unha cidade de 2.073.000 habitantes, aínda que datos extraoficiais falan de que se achega aos 3.000.000 .

Áchase situada nun oasis irrigado polos ríos Chirchik e Keles. O nome da cidade mudou máis dunha vez: sob o dominio chinés, durante a dinastía Han, era chamada Beitan. Máis tarde pasou a ser denominada Chachkand, que evoluíu para Tashkand e logo Tashkent. O seu nome significa "cidadela de pedra" (taš : pedra en turco + kand, kent : cidade, vila, palabra centro-asiática).

Actualmente Tashkent non só e a capital da república, senón tamén o maior centro económico e cultural.

Clima

O clima da cidade é de tipo clima continental|continental, con invernos moi fríos e veráns moi calorosos. O més máis cálido é o de xullo, cunha media de 27,1º C, pero as temperaturas poden sobrepasar os 40º C á sombra. O mes máis frío é xaneiro cunha media de -1,1º C. Porén as temperaturas medias anuais son de 13,5º C. As precipitacións anuais só atinxen 417 mm anuais de media. As chuvias caen sobre todo nos meses primaverais, e o verán é longo e sen precipitacións.

Historia

Taškent ten antiga orixe. Foi fundada polos árabes no ano 750 no oasis do río Chirchik. Durante moito tempo foi controlada polos nómades do Turquestán, en tanto no era ocupada polos chineses. No ano 1219 a cidade foi destruída por Genghis Khan, sendo reedificada posteriormente. No 1809 foi anexionada ao Khanato de Kokand, do cal formaría parte até o 1865, ano no que foi incorporada a Rusia. En 1889 foi unida ao resto de Rusia con a construción do camiño de ferro transcaspiano.

O século XX

Vista dunha avenida de Tashkent

Tras a caída do imperio ruso, Tashkent veuse incorporata á URSS, como parte primeiro da República Socialista Soviética Autónoma do Turquestán e logo da República Socialista Soviética de Usbequistán. Durante a Segunda Guerra Mundial foron deslocadas para a cidade moitas industrias da zona occidetal da Unión Soviética, que estaban ameazadas polo avance das tropas alemanas, o que fixo medrar Tashkente con rapidez.

O 25 de abril de 1966, a cidade sufríu os efectos dun forte terremoto (7.5 graos da escala de Richter), que deixou sen vivenda a máis de 300.000 persoas.

No 1991, da cando a caída da Unión Soviética, Tashkent pasou a formar parte do Usbequistán, do que se tornou a capital.

Principais monumentos

  • Madrasa e mezquira de Khazret (Khast) Imam

De fins do século XVI; conserva fragmentos do máis antigo exemplar do Corán do mundo, que pertenceu ao segudo califa directo califa, Osmán.

  • Mausoleo de Kaffal Chachi

Edificación de 1541.

  • Madrasa Koukeldach

Construída a fins do século XVI.

  • Pazo do Príncipe Romanov

Costruído no século XIX polo Gran Duque Nikolai Konstantinovich, curmán do Tsar Alexandre III de Rusia. Unha parte do pazo está ocupada por un museo, e a outra polo Ministerio de Asuntos Exteriores.

  • Museo de Belas Artes do Usbequistán

Conserva unha estesa colección artística relativa ao período pre-ruso, parte procedentes da antiga Sogdiana, obras relixiosas zoroástricas e budistas. Conserva tamén moitas obras do período ruso, sobretodo de artes aplicadas.

  • Museo de Amir Timur

Está dedicado a Tamerlán.

Medios de comunicación de masas

En Tashkent edítanse varios xornais, dos que 9 saen en lingua usbeca, 4 en inglés e 9 en ruso. Posúe tamén medios emisores de televisión; el cómpre destacar a torre da tv, erguida en época soviética, e que atinxe unha altura de 375 metros.

Transporte

Tashkent é das poucas cidades da Asia Central que ten metro. Comezado a construír en 1977, na actualidade conta con tres liñas. Hai tamén autobuses e trolebuses para moverse no interior da cidade. Está unida por ferrocarril con as cidades máis importante de Asia Central e mesmo da China. Posúe un aeroporto internacional.

Irmandamentos

Taškent, está irmandada con:

Ver tamén