Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova categoría
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Galicia]] ten a súa orixe cultural na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo Galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]]. Ademais aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega: aínda que se sabe que a súa presenza non foi tan importante como a que quixeron ver os autores románticos, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e pode que mesmo a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fora celta, aínda que disto non hai certeza.
A '''Cultura de Galicia''' ten a súa orixe na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo Galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]]. Ademais aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega: aínda que se sabe que a súa presenza non foi tan importante como a que quixeron ver os autores románticos, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e pode que mesmo a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fora celta, aínda que disto non hai certeza.


Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[musulmán]]s. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: [[Santiago de Compostela]] e [[Lugo]]. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre [[árabe]]s, [[sirio]]s e [[bérber]]es, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do [[Magreb]], así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o [[cristianismo]] faise un trazo diferenciador que dá forzas á [[reconquista]].
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[musulmán]]s. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: [[Santiago de Compostela]] e [[Lugo]]. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre [[árabe]]s, [[sirio]]s e [[bérber]]es, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do [[Magreb]], así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o [[cristianismo]] faise un trazo diferenciador que dá forzas á [[reconquista]].

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2009 ás 07:58

A Cultura de Galicia ten a súa orixe na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo Galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos. Ademais aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega: aínda que se sabe que a súa presenza non foi tan importante como a que quixeron ver os autores románticos, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e pode que mesmo a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fora celta, aínda que disto non hai certeza.

Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os suevos farán de Galicia o primeiro reino independente de Europa, máis adiante, este reino será anexionado polos visigodos. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a viquingos, bretóns e musulmáns. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Magreb, así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o cristianismo faise un trazo diferenciador que dá forzas á reconquista.

Galicia, ao igual ca outros territorios da Península Ibérica, tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade xudía, principalmente na zona de Ribadavia e Ourense. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende América Latina, dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa, grazas ao camiño de Santiago.

Cultural e lingüísticamente as comarcas españolas do Bierzo (Castela e León) e o Eo-Navia (Asturias) son análogas a Galicia. Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindantes portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións.

A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da poboación nativa.