Diferenzas entre revisións de «Abjad»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
(hebreu->hebreo)
Moitas escrituras derivadas dos abxades fóronse ampliando con símbolos vocálicos para chegar a ser [[alfabeto]]s plenos. Esto pasou sobre todo cando a escritura se adaptou a unha lingua non semítica, sendo o caso máis famoso a derivación do [[alfabeto grego]] a partir do ''abjad'' fenicio. outras veces, os signos vocálicos aparecen en forma de pequenos puntos ou anzois en relación coas letras consonánticas, producindo un [[abugida]] como no caso do sistema de escritura [[alfabeto amhárico|amhárico]].
 
Un '''abxad''', ou ''alfabeto consonántico'', é un [[alfabeto]] que non nota máis cás [[consoante]]s (ou qu principalmente non nota máis cás consoantes), como no [[Alfabeto árabe|árabe]] ou no [[alfabeto hebreuhebreo|hebreo]]. O termo provén das primeiras letras do alfabeto árabe histórico (e non da súa versión actual), ou sexa ''ʾalif'', ''bāʾ'', ''ǧīm'' e ''dāl'' (أﺑﺠﺪ).
 
As [[vogal|vogais]] das palabras so aparecen ao ler ou ben se notan por signos auxiliares de emprego raro, principalmente [[diacrítico]]s. Neste caso, estes auxiliares de lectura so se empregan en textos pedagóxicos ou relixiosos (dominio no que hai que engadir os signos de [[cantilación]]). Para semellantes sistemas de escritura fálase daquela dunha ''scriptio defectiva'', « [[escritura defectiva]] »: a grafía está en efecto as maís das veces incompleta e necesita que o lector coñeza xa unha palabra dada para que a poida ler correctamente.
9.258

edicións

Menú de navegación