Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 31 de xaneiro de 2016 ás 12:44 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{En uso}} A '''Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra''' naceu, presidida por Antón Losada Diéguez, como unha reunión de amigos da música. No grupo inicial estiveron ...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra naceu, presidida por Antón Losada Diéguez, como unha reunión de amigos da música. No grupo inicial estiveron Antonio Iglesias Vilarelle, Joaquín Maquieira Fernández, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Losada, Antonio Blanco Porto, Vicente Barreiro Viñas, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. A primeira presentación foi o 9 de abril de 1925, na igrexa de San Francisco de Pontevedra,[1] coa interpretación dun concerto sacro que se repetiu ó día seguinte na Basílica de Santa María a Maior, e o primeiro concerto foi no Teatro Principal de Pontevedra o 23 de marzo de 1926. Dende entón seguiu a liña proposta polos fundadores: polifonía clásica profana, polifonía sacra e melodías populares axustadas a unha interpretación polifónica depurada.

Historia

O coral fundacional era de corenta voces masculinas, dezaseis femininas e dezaseis de nenos. A comisión estaba integrada por Vicente Barreiro Viñas, Antonio Blanco Porto, Antonio Iglesias Vilarelle, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. As tarefas de dirección, dende 1925 ata 1940, correron a cargo de Blanco Porto. Sucedeuno, durante 24 anos, Iglesias Vilarelle. Á súa morte encargouse dela Manuel Fernández Cayeiro (de 1964 a 1967). Dende 1968 estivo á fronte Agustín Bertomeu Salazar, director da banda de música da Escola Naval Militar de Marín, e logo del José A. Sánchez Rodríguez. En maio de 1980 colleu a batuta Xosé Verea Montero ata que, en outubro de 1998, a recolleu por segunda vez Fernández Cayeiro, con Raymunda Lisquiño Abal como adxunta. Desempeñaron, ademais, a presidencia da sociedade, personaxes destacados da vida cultural do país como Castelao, José Blein Llinás, Vicente Riestra Calderón, Augusto García Sánchez, Xosé Fernando Filgueira Valverde e Xosé Carlos Valle Pérez. Castelao, ademais de presidente, foi escenógrafo e deseñou o escudo.

Actuou nas cidades máis importantes de Galicia, en Portugal, en Madrid, Bilbao, León, Oviedo, Santander, Burgos, Salamanca, Toledo e en Lourdes, contando co patrocinio da Xunta de Galicia, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra.

Entre as súas condecoracións figuran a Medalla de Prata de Pontevedra, a Medalla do Ateneo Santa Cecilia de Marín e a Medalla de Prata das Rutas Cicloturísticas do Románico.

Gravacións

Entre outras, conta cos discos:

Canciones Gallegas, Regal, 1958:[2]

A1 "Si Vas A San Benitiño" (foliada)
A2 "Non Te Namores, Meniña" (canción)
A3 "Vexo Vigo, Vexo Cangas" (foliada)
A4 "Tres Cantigas de Pontevedra"
B1 "Negra Sombra" (balada gallega)
B2 "O Neno Ten Soniño" (canto de berce)
B3 "Camiña Don Sancho" (romance)
B4 "Os Anxeliños Da Groria" (nadal)

Canciones y madrigales:

1 "Cantigas de amigo. Canción de la enamorada. Ondas do mar de Vigo"
2 "Toda mi vida os amé" (canción)
3 "Il bianco e dolce gigno" (madrigal)
4 "En Ávila mis ojos" (canción)
5 "Con qué la lavaré" (villancico)
6 "Al amor quiero vencer" (villancico)
7 "Madre, la mi madre" (canción)
8 "Occhi manza mía" (madrigal)

Ábreme a portiña, 1992

A colaboración nas recompilacións Galicia y su música (1985) e A gran escolma da música galega: coros (1993), para o que cantou "Si vas a San Benitiño" e "Vexo Vigo, vexo Cangas".

Unha Voz na Polifonía Europea, Ouvirmos, 2003

  1. "Prende Salgueiriño"
  2. "Romance de Doña Alda"
  3. "Camiña Don Sancho". Romance
  4. "Canto du Ourense"

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas