Pataca (moeda): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial»
Liña 9: Liña 9:


== Pataca "mexicana" ==
== Pataca "mexicana" ==
A '''pataca''' era unha moeda de [[prata]], co valor de 320 [[real (moeda portuguesa)|reais]] que foi emitida polo [[Portugal|goberno portugués]] ata o século XIX.
A '''pataca''' era unha moeda de [[prata]], co valor de 320 [[real (moeda portuguesa)|réis]] que foi emitida polo [[Portugal|goberno portugués]] ata o século XIX.


O nome "pataca" derivase da moeda de prata de [[Real de oito|oito reais]] [[México|mexicanos]].
O nome "pataca" derivase da moeda de prata de [[Real de oito|oito reais]] [[México|mexicanos]].


Antigamente era popular en [[Asia]], coñecidos en portugués como "pataca mexicana".
Antigamente era popular en [[Asia]], coñecidos en portugués como "pataca mexicana", que se tornara na moeda de referencia de pagamento en China, onde historicamente a prata era preferida para pagamentos do que oiro. As moedas chinesas, yuan, eran cuñadas con o mesmo valor e peso das patacas mexicanas.


== Pataca de Timor Portugués ==
== Pataca de Timor Portugués ==
Liña 25: Liña 25:


O Goberno de Macau, querendo crear a súa propia moeda oficial, autorizou, en [[1901]], o [[Banco Nacional Ultramarino]] (BNU) a emitir billetes coa denominación de patacas. Os primeiros billetes impresos comezaron a entrar en circulación en [[1906]] e [[1907]]. A súa cotización está indexada á cotización do [[dólar de Hong Kong]] <ref>'''''Moedas de Macao''''' de Ma Tak-wo. Publicado, en [[1987]], polo Museo Luís de Camões e editado polo [[Leal Senado de Macao]]</ref>.
O Goberno de Macau, querendo crear a súa propia moeda oficial, autorizou, en [[1901]], o [[Banco Nacional Ultramarino]] (BNU) a emitir billetes coa denominación de patacas. Os primeiros billetes impresos comezaron a entrar en circulación en [[1906]] e [[1907]]. A súa cotización está indexada á cotización do [[dólar de Hong Kong]] <ref>'''''Moedas de Macao''''' de Ma Tak-wo. Publicado, en [[1987]], polo Museo Luís de Camões e editado polo [[Leal Senado de Macao]]</ref>.
[[Ficheiro:Cifrão symbol.svg|miniatura|241x241px|Cifrão]]

Así, a '''pataca''' tornouse dende entón a moeda oficial de Macau, substituíndo o [[real (moeda portuguesa)|real]] ao troco de 1 pataca = 450 reais.
Así, a '''pataca''' tornou-se dende entón a moeda oficial de Macau, substituíndo o [[real (moeda portuguesa)|real]] ao troco de 1 pataca = 450 réis. Tal como o real portugués e futuramente o escudo o cinfrao de duas barras ($) é o sinal de identificacion monetário.


A partir de [[1995]], o Banco da China é tamén responsabel da emisión de billetes.<ref>{{Cita web |url=http://www.bocmacau.com/eng/aboutus/2b_index.htm |título=Páxina oficial do Banco da China (Sucursal de Macau) |data-acceso=29 de novembro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080611105300/http://www.bocmacau.com/eng/aboutus/2b_index.htm |dataarquivo=11 de xuño de 2008 |urlmorta=yes }}</ref>.
A partir de [[1995]], o Banco da China é tamén responsabel da emisión de billetes.<ref>{{Cita web |url=http://www.bocmacau.com/eng/aboutus/2b_index.htm |título=Páxina oficial do Banco da China (Sucursal de Macau) |data-acceso=29 de novembro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080611105300/http://www.bocmacau.com/eng/aboutus/2b_index.htm |dataarquivo=11 de xuño de 2008 |urlmorta=yes }}</ref>.

Revisión como estaba o 19 de abril de 2024 ás 09:08

Pataca é o nome de diversas moedas, das que só unha delas ten actualmente valor legal.

Pataca ou cadela

Artigo principal: Cadela (moeda).
Pataca (5 céntimos de peseta) de 1870

Moeda española con valor facial de 5 céntimos de peseta, cuñada inicialmente en cobre en 1870 polo Goberno Provisional e posteriormenmte a nome de Afonso XII entre 1877 e 1879, e que mantivo a súa denominación durante o mandato de Francisco Franco para designar as moedas dese mesmo valor labradas en aluminio durante a década de 1940.[1]

Pataca "mexicana"

A pataca era unha moeda de prata, co valor de 320 réis que foi emitida polo goberno portugués ata o século XIX.

O nome "pataca" derivase da moeda de prata de oito reais mexicanos.

Antigamente era popular en Asia, coñecidos en portugués como "pataca mexicana", que se tornara na moeda de referencia de pagamento en China, onde historicamente a prata era preferida para pagamentos do que oiro. As moedas chinesas, yuan, eran cuñadas con o mesmo valor e peso das patacas mexicanas.

Pataca de Timor Portugués

Pataca timorense de 1945
Artigo principal: Pataca timorense.

Pataca timorense foi a moeda da colonia de Timor Portugués entre 1894 e 1959, agás polo período comprendido entre 1942 e 1945, cando foi ocupada polos xaponeses durante a segunda guerra mundial, e fora introducido o gulden das Indias Holandesas e a rupia das Indias Holandesas. Era equivalente á pataca de Macau e subdividida en 100 avos.

Pataca de Macau

Artigo principal: Pataca macaense.
Pataca macaense de 2007

Actualmente, a pataca[2] (abreviatura: MOP) é a moeda oficial usada na Rexión Administrativa Especial de Macau da República Popular da China. Unha pataca é subdividida en 100 avos.

O Goberno de Macau, querendo crear a súa propia moeda oficial, autorizou, en 1901, o Banco Nacional Ultramarino (BNU) a emitir billetes coa denominación de patacas. Os primeiros billetes impresos comezaron a entrar en circulación en 1906 e 1907. A súa cotización está indexada á cotización do dólar de Hong Kong [3].

Cifrão

Así, a pataca tornou-se dende entón a moeda oficial de Macau, substituíndo o real ao troco de 1 pataca = 450 réis. Tal como o real portugués e futuramente o escudo o cinfrao de duas barras ($) é o sinal de identificacion monetário.

A partir de 1995, o Banco da China é tamén responsabel da emisión de billetes.[4].

A pataca atópase oficialmente indexada ao dólar de Hong Kong, cuxa circulación en Macau é libre. A taxa de troco é de MOP$103,20 para HK$100, cunha lixeira variación ata o 10%. Cerca de 12 a 13 Patacas equivalen a 1 euro e cerca de 7,8 a 8 Patacas a 1 dólar americano.[5].

Pataca do Brasil

Pataca brasileira de prata, 320 reis de 1812. Casa da Moeda de Río de Xaneiro.

No Brasil, pataca foi a denominación que recibiu a moeda de prata de orixe portuguesa con valor de 320 reis, que se mantivo en circulación entre 1695 e 1834. O seu peso medio, ao longo do tempo, foi de 8,96 gramas, e a súa pureza de 917 milésimas. A moeda de 960 reis (tres patacas), cuñada de 1810 a 1834, coñeceuse co nome de patacão. A serie de moedas á que pertence a pataca cuñouse no Brasil ata 1821, nas casas de moeda de Pernambuco, Baía, Río de Xaneiro e Minas Xerais.[6][7]

Notas

  1. Entrada “can” no DRAG e no Portal das Palabras.
  2. "pataca". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 
  3. Moedas de Macao de Ma Tak-wo. Publicado, en 1987, polo Museo Luís de Camões e editado polo Leal Senado de Macao
  4. "Páxina oficial do Banco da China (Sucursal de Macau)". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008. 
  5. "Moeda usada en Macao na Dirección dos Servizos de Turismo de Macau". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008. 
  6. Amato, C.; Neves, I. S.; Russo, A. (2004). Livro das moedas do Brasil. 1643 a 2004. 11ª ed. Editora e Gráfica Stampato. Páxina 106.
  7. "Pataca". En Moedas populares no Brasil.

Véxase tamén

Outros artigos