Cadela (moeda)

A cadela, pataca, mota pequena ou perrachica era o nome coloquial co que se denominaba a moeda española de 5 céntimos de peseta, que se comezou a emitir en cobre en 1878 e acabou por ser de aluminio en tempos de Francisco Franco.[1]
O nome déuselle en alusión ao león que aparecía no reverso, que a xente deu en confundir cun can, seguramente cun afán sarcástico.
Así mesmo, chamábaselle can á moeda de iguais motivos no anverso e no reverso co dobre de peso, tamaño e valor (10 céntimos).[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entrada “can” no DRAG e no Portal das Palabras.
- ↑ Pita Fernández, Ricardo Luís. “Denominacións de moedas: can/cadela”. En Numismática Galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela, 1999 [ISBN 84-605-9958-2]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- «Adiós peseta». Fábrica Nacional da Moneda. p. 9.