Rula: Diferenzas entre revisións
m Reemplazos con Replacer: «alas» |
Engado "rola", sinónimo de "rula". Etiquetas: Revertida Editor visual: Cambio |
||
Liña 17: | Liña 17: | ||
| synonyms = ''Turtur communis''<ref>{{Cita libro|url=http://caliban.mpiz-koeln.mpg.de/brehm/band5/high/IMG_9972.html|author=Brehm|encyclopedia=Die Vögel|volume=2|title=Turteltaube|year=1891 [with modern update]|language=de|data-acceso=04 de decembro de 2014|data-arquivo=03 de marzo de 2016|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160303225514/http://caliban.mpiz-koeln.mpg.de/brehm/band5/high/IMG_9972.html|url-morta=yes}}</ref> |
| synonyms = ''Turtur communis''<ref>{{Cita libro|url=http://caliban.mpiz-koeln.mpg.de/brehm/band5/high/IMG_9972.html|author=Brehm|encyclopedia=Die Vögel|volume=2|title=Turteltaube|year=1891 [with modern update]|language=de|data-acceso=04 de decembro de 2014|data-arquivo=03 de marzo de 2016|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160303225514/http://caliban.mpiz-koeln.mpg.de/brehm/band5/high/IMG_9972.html|url-morta=yes}}</ref> |
||
}} |
}} |
||
A '''rula'''<ref>{{DRAG|rula}}</ref> ('''''Streptopelia turtur''''') ou '''rula común''', para diferenciala de especies próximas como a [[rula turca]] (''Streptopelia decaocto''), é unha ave migratoria da familia [[Columbidae]]. Tamén é aceptada a variedade dialectal '''rola'''.<ref>{{DRAG|rola}}</ref> |
A '''rula'''<ref>{{DRAG|rula}}</ref> ('''''Streptopelia turtur'''''), '''rula'''<ref>{{DRAG|rola}}</ref>ou '''rula (rola) común''', para diferenciala de especies próximas como a [[rula turca]] (''Streptopelia decaocto''), é unha ave migratoria da familia [[Columbidae]]. Tamén é aceptada a variedade dialectal '''rola'''.<ref>{{DRAG|rola}}</ref> |
||
== Descrición == |
== Descrición == |
Revisión como estaba o 1 de xaneiro de 2024 ás 10:29
Rula | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Streptopelia turtur' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Turtur communis[2] |
A rula[3] (Streptopelia turtur), rula[4]ou rula (rola) común, para diferenciala de especies próximas como a rula turca (Streptopelia decaocto), é unha ave migratoria da familia Columbidae. Tamén é aceptada a variedade dialectal rola.[5]
Descrición
Son máis pequenas e delgadas que as pombas: miden entre 26 e 29 cm e pesan uns 300 gramos. Teñen un debuxo branco e negro nos lados do pescozo. A parte inferior do corpo é branca e o papo avermellado. A cola é escura cunha faixa terminal branca e as beiras tamén brancas. As aves adultas teñen a cabeza, o pescozo, os lados e o torso gris azulados e as ás de cor cinamomo manchadas de negro. O peito é de cor aviñado e o abdome e as plumas inferiores da cola son brancas. O bico é negro e as patas e os aneis oculares vermellos. As listas brancas e negras do pescozo non están presentes nas aves inmaturas, que son máis pardas e mates e teñen as patas castañas.
O seu berro, do que lle ven o nome vulgar, é unha sorte de rrur, rrur ou "turr turr".
Hábitat e distribución xeográfica
Son aves dos bosques abertos máis que de mestos, que ocasionalmente poden face-los seus niños tamén en grandes xardíns, pero son en xeral aves moi tímidas. Crían no Paleártico occidental, a onde chegan a finais de abril, permanecendo ata setembro. En Europa faltan completamente só en Islandia, Irlanda e Escandinavia. Pasan o inverno en África, ó sur do Sáhara.
A especie está a sufrir unha forte redución das súas poboacións en Europa, causada polos cambios nos métodos agrícolas que provocan a escaseza das sementes das que se alimenta, pola presión cinexética (sobre todo cando cruzan o Mediterráneo durante as migracións), a destrución das sebes e o emprego de pesticidas.
Alimentación
Comen principalmente sementes, buscándoas a miúdo no chan, moitas veces en campos cultivados ou noutras superficies planas.
Reprodución
A súa época reprodutora vai de maio a agosto. En chegando ós territorios de cría déixase oír o seu rular profundo e vibrante. O voo nupcial, alto e en círculos é acompañado polo son das ás batendo. O niño, feito con coteliños e follas e máis axiña chafalleiro, constrúeno nas árbores ou en sebes mestas a non moita altura. Poñen dous ovos brancos a finais de maio ou primeiros de xuño e a miúdo fan unha segunda posta en xullo ou agosto. Chocan uns 17 ou 18 días.
Nomes vulgares noutras linguas
Canta rula na gaiola; —Popular[6]
|
- Alemán: Turteltaube
- Catalán: Tórtora
- Español: Tórtola común
- Euskara: Usapal
- Francés: Tourterelle des bois
- Inglés: Turtle dove
- Italiano: Tortora
- Polaco: Turkawka
- Portugues: Rola-brava
- Sueco: Turturduva
Galería de imaxes
Notas
- ↑ BirdLife International (2015). "Streptopelia turtur". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de xullo de 2016.
- ↑ Brehm (1891 [with modern update]). Turteltaube. Die Vögel (en alemán) 2. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 04 de decembro de 2014.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rula.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rola.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rola.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da rula. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 125. ISBN 84-7154-379-6.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rula |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rula |
- http://www.iucnredlist.org/search/details.php/48733/all Arquivado 12 de marzo de 2007 en Wayback Machine. Xustificación da clasificación da especie como non ameazada na lista da IUCN.
- https://web.archive.org/web/20051030134238/http://www.vogelwarte.ch/scripts/vogelwarte/detail_d.asp?WArtNummer=3000 - (Alemán)
- https://web.archive.org/web/20070928122301/http://www.vzi.de/p/z2/kleista.htm (Alemán)
- https://web.archive.org/web/20070806172154/http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/birds/1617_22.htm (Alemán)