Jean Dubuffet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean Dubuffet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Philippe Arthur Dubuffet Editar o valor em Wikidata
31 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata
Le Havre, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1985 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
6.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTubersent Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo francés Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Julian (pt) Traducir
École supérieure d'art et design Le Havre-Rouen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura, artes visuais, pintura e filosofía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Arxentina
Turín
París
Le Havre
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador , teórico da arte , artista plástico , debuxante arquitectónico , debuxante , artista gráfico , escritor , deseñador , escultor , artista visual , filósofo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1918 Editar o valor em Wikidata - 1985 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
MovementoArte marxinal e Informalismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioJan du qu
J. Dubufe
Louis-Léon Bendy Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
RepresentantePace Gallery (en) Traducir e Artists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Participou en
27 de xuño de 19684. documenta (en) Traducir
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
Jewelry by Contemporary Painters and Sculptors (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeÉmilie Carlu (en) Traducir (1937–)
Paulette Bret (en) Traducir (1927–1935) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 8d1617be-b3ae-4021-90ca-16d9a379691c Discogs: 235395 Find a Grave: 69315764 Editar o valor em Wikidata
Escultura de Jean Dubuffet.

Jean Philippe Arthur Dubuffet, nado o 31 de xullo de 1901 en Le Havre e finado o 12 de maio de 1985 en París, foi un pintor e escultor francés dos máis famosos da segunda metade do século XX.

Biografía[editar | editar a fonte]

Jean Dubuffet, 1960.

Dubuffet naceu en Le Havre. Mudouse por primeira vez a París en 1918 para estudar pintura na Académie Julian, pero logo de seis meses deixou a academia para estudar de forma independente. En 1924, dubidando do valor da arte, deixou de pintar e fíxose cargo do negocio do seu pai vendendo viños. Retomou a pintura novamente na década de 1930, pero detívose novamente, só volvendo por longo tempo en 1942. A súa primeira mostra individual produciuse en 1944. Aproximouse ó surrealismo en 1948, logo á patafísica en 1954.

Influenciado polo libro de Hans Prinzhorn, Artistry of the Mentally Ill, Dubuffet acuñou o termo Art Brut (Arte en Bruto) para denominar á arte producida por non profesionais que traballan por fóra das normas estéticas, tales como a arte dos pacientes mentais, prisioneiros e nenos. El formou a súa propia colección de tal forma de arte, incluíndo a artistas tales como Aloïse Corbaz, Alfredo Pirucha e Adolf Wölfli. Dubuffet pretendía crear unha arte tan libre das preocupacións intelectuais como o Art Brut, crea figuras elementais e puerís e, a miúdo crueis (inspirouse nos debuxos dos nenos, os criminais e os dementes): personaxes bufos, morbosos, como as mulleres da súa serie "DAMES"; ou seres infrahumanos, figuras deformes, absurdas e grotescas como os ciclos "BARBAS".

Moitos dos traballos de Dubuffet foron realizados con óleos, utilizando un lenzo reforzado con materiais tales como area, alcatrán e palla, outorgándolle ó traballo unha infrecuente superficie texturada. Desde 1962 produciu unha serie de obras nas cales se limitaba a si mesmo coas cores vermello, negro, branco e azul. Cara a finais da década de 1960 dedicouse máis á realización de esculturas, producindo traballos en polistireno, os cales pintaba con vinílico.

Bibliografía seleccionada[editar | editar a fonte]

Catálogo Raisonné[editar | editar a fonte]

  • Catalogue des travaux de Jean Dubuffet, Fascículo I-XXXVIII, Pauvert: París, 1965-1991
  • Webel, Sophie, L’Œuvre gravé et les livres illustrés par Jean Dubuffet. Catalogue raisonné. Lebon: París 1991

Documentos[editar | editar a fonte]

  • Jean Dubuffet, Prospectus et tous écrits suivants, Tomo I, II, París 1967; Tomo III, IV, Gallimard: París 1995
  • Jean Dubuffet, Asphyxiating Culture and other Writings. Nova York: Four Walls Eight Windows, 1986. ISBN 0-941423-09-3

Estudos principais[editar | editar a fonte]

  • Michel Ragon, Dubuffet, Nova York: Grove Press, 1959
  • Peter Selz, The Work of Jean Dubuffet, Nova York: The Museum of Modern Art, 1962
  • Max Loreau, Jean Dubuffet, délits déportements lieux de haut jeu, París: Weber, 1971
  • Andreas Franzke, Jean Dubuffet, Basel: Beyeler, 1976
  • Andreas Franzke, Jean Dubuffet, Nova York: Harry N. Abrams 1981
  • Michel Thévoz, Jean Dubuffet, Genf: Albert Skira, 1986
  • Mildred Glimcher, Jean Dubuffet: Towards an Alternative Reality. Nova York: Pace Gallery 1987. ISBN 0-89659-782-2
  • Mechthild Haas, Jean Dubuffet, Berlín: Reimer, 1997
  • Jean Dubuffet, París: Centro Georges Pompidou, 2001. ISBN 2-84426-093-4
  • Laurent Danchin, Jean Dubuffet, Nova York: Vilo International, 2001. ISBN 2-87939-240-3
  • Jean Dubuffet: Trace of an Adventure, Ed. por Agnes Husslein-Arco, Múnic: Prestel, 2003. ISBN 3-7913-2998-7
  • Michael Krajewski, Jean Dubuffet. Studien zu seinem Fruehwerk und zur Vorgeschichte des Art brut, Osnabrueck: Der andere Verlag, 2004. ISBN 3-89959-168-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]