Ernst Öpik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernst Öpik
ErnstJuliusOpik.jpg
Nome completoErnst Julius Öpik
Nacemento22 de outubro de 1893
Lugar de nacementoKunda
Falecemento10 de setembro de 1985
Lugar de falecementoBangor
NacionalidadeEstonia e Imperio Ruso
Alma máterFaculty of Physics and Mathematics of Moscow Imperial University e Gustav Adolf Grammar School
Ocupaciónastrónomo, astrofísico e compositor
FillosUuno Öpik
IrmánsArmin Öpik, Paul Öpik e Oskar Öpik
PremiosMedalla de ouro da Royal Astronomical Society, Medalla Bruce, Medalla J. Lawrence Smith e Medalha Leonard
editar datos en Wikidata ]

Ernst Julius Öpik, nado o 23 de outubro de 1893, en Kunda, Estonia, e finado o 10 de setembro de 1985, en Bangor, Irlanda do Norte, foi un astrónomo e astrofísico estoniano. Traballou durante grande parte da súa vida (1948-1981) no Armagh Observatory de Irlanda do Norte.

Öpik estudou na Universidade de Moscova, e especializouse no estudo de corpos celestes distantes, como asteroides, cometas e meteoroides. Completou o seu doutoramento na Universidade de Tartu. En 1922 predixo que en Marte habería unha chea de cráteres moito antes de que se comprobara mediante sondas espaciais. En 1932 postulou unha teoría acerca das orixes dos cometas no noso sistema solar. El cría que estes cometas orbitaban nunha nube que se encontraba máis aló da órbita de Plutón. Esta nube coñeceríase máis tarde como a nube de Oort. Tamén inventou a rocking camera, que permite determinar a velocidade á que entran os meteoros na atmosfera. Foi o primeiro en calcular a densidade dunha anana branca (40 Eri B) en 1915, e en determinar a distancia exacta dun obxecto intergaláctico (Andrómeda), en 1922. En 1944, Öpik deixou o seu país natal debido ao medo da inminente entrada do exército vermello en Estonia. Viviu en Alemaña como refuxiado, e exerceu como reitor na Universidade do Báltico para refuxiados. En 1948, o Armagh Observatory ofreceulle un posto de traballo que Ernst no dubidou en aceptar. Tamén formulou a Teoría do Universo Pulsante.

En 1975 recibiu a Medalla de Uuro da Royal Astronomical Society, en 1976 foille concedida a Medalla Bruce, e en 1960 outorgóuselle a Medalla J. Lawrence Smith. O asteroide (2099) Öpik foi chamado así na súa honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]