Escitia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Scythian Neapolis (en) | |||
Creación | século VIII a. C. | |||
Na antigüidade, a rexión coñecida como Scythia era unha grande área que abranguía dende a metade oriental de Europa e oeste de Asia até Asia Central.
Denominación
[editar | editar a fonte]Foron os gregos e mailos romanos os que crearon e empregaron a denominación. Escitia, era un termo sarmático e tracio introducido na lingua grega. Así, mentres, segundo Heródoto, os escitas chamábanse a si mesmos scoloti, os persas chamábanos saces (sacae).
Os escitas eran unha póla dos sármatas, do mesmo xeito que os eslavos e parte dos xermanos. As chamadas tribos escitas, inicialmente, non o eran todas aínda que, progresivamente, o termo se foi estendendo gradualmente a moitos pobos e tribos.
Os Tibiacae (en latín, tybiacae) foron un pobo de Escitia, á beira do Rha.
Notas
[editar | editar a fonte]Homero e Hesíodo mencionan os primeiros grupos escitas cos nomes de abii, glactophagi e hippemolgi. Heródoto menciona aos escitas máis aló do Danubio; e tamén afirma que os masaxetas emigraron e que meteron presión aos escitas e estes aos cimerios, que entraron no Bósforo e Asia (Media e Asia Menor).
Emporios
[editar | editar a fonte]Os escitas estableceron un emporio no Boristenes (río Dniéper) preto da costa; ao oeste atopábanse os callipidae, ao noroeste as alazones e ao norte os scythae aroteres; máis ao norte os neuri e aínda máis ao norte a "terra descoñecida". Todos eran grupos considerados escitas. Ao leste do Boristenes estaban os agricultores escitas ata Panticapea, e ao norte os andrófagos que non eran escitas e aínda máis ao norte a terra descoñecida. O Dnieper inferior era unha zona común para os escitas e os agricultores nómades.
Escitas reais
[editar | editar a fonte]Cando os escitas comezaron a construír palacios, foron coñecidos como escitas reais. A zona principal estaba no sur de Ucraína até Crimea e suponse que lles pertencía o centro comercial chamado Kremni, no Palus Maeotis. Ao norte dos escitas reais estaban os Melanchlaeni ("sombreiros negros", un nome equivalente a karakalpak), que non eran escitas, e máis alá de terras descoñecidas. Ao leste do Don as tribos eran denominada sármatas e non escitas.
Historia
[editar | editar a fonte]Os escitas foron un pobo nómade que vivía en Asia Central. Ao redor do século VII a.C. foron atacados por masaxetas e expulsados das súas terras. No reinado de Ciaxares, de Media, e Sadiates de Lidia, os nómades escitas invadiron a rexión dos cimerios, probablemente no norte do Cáucaso, quen foron expulsados cara ao sur.
Os cimerios ocuparon Sardes en tempos do rei Ardis II (629 a.C.) pero foron expulsados polo seu fillo Aliates II; os escitas dirixíronse a Media e Ciaxares tivo que abandonar o cerco de Nínive para lles facer fronte pero foi derrotado e, durante uns 28 anos, os cimerios percorreron e saquearon a rexión. Posteriormente, continuaron cara a Exipto, dirixidos polo rei Marías, onde o faraón Psamético I rendeulles homenaxe. Á volta pasaron por Ascalón; foron derrotados polos medos ao redor do 596 a.C. e expulsados ao sur de Rusia. Parece que se mesturaron cos cimerios e deron ás tribos non escitas da zona o nome de sármatas.
Non obstante, non todos os escitas abandonaron o país. Unha parte aínda estaba en Media no 590 a.C. e algúns foron protexidos por Ciaxares de Media até que, como non cambiaron de hábitos, nun acto de crueldade expulsounos e cara aos aliados de Lidia, que rexeitaron a súa entrega, o que levou á guerra (xa baixo Cresos, fillo de Aliates) cos medos, guerra que rematou coa batalla da Eclipse ou Halis no 585 a.C.
Guerras contra os persas
[editar | editar a fonte]Os escitas do sur de Rusia volvéronse parcialmente sedentarios, mentres que outra parte seguían a ser nómades. Polo 513 a.C, Darío invadiu dominios escitas no norte de Tracia. Daquela, os gelons, os budins e os sauromates (sármatas) xuntáronse aos escitas contra o rei persa, mentres que os agathyrsis, neuri, androphagi, melanchlaeni, e tauri quedaron fóra da alianza. Os tres aliados estaban gobernados por tres reis: Scopasis, Ianthyrsus e Taxacis, que defendían cadanseu territorio e queimaron as colleitas e envelenaron a auga para dificultar o avance dos persas. As fronteiras do Danubio e do Don convertéronse en lugares de loita: os budins foron os primeiros atacados e a súa cidade de madeira foi incendiada. Entón Darío desprazouse cara ao sur e oeste, pasando polo territorio dos Melanchlaeni, Neuri e Agathyrsis (estes últimos, ocupaban Transilvania na rexión do río Maros). Finalmente os persas, moi mal fornecidos, decidiron retirarse ao Danubio, mais os escitas anticipáronse e apoderáronse das pontes polo que o xeneral xónico Miltiades, ao servizo dos persas, aconsellou facer un pacto cos escitas. E chegouse un acordo polo cal os persas poderían regresar a Tracia.
Relacións co mundo greco-romano
[editar | editar a fonte]Tucídides menciona aos xetas como unha póla dos escitas e di que vivían ao norte das montañas Haemos de Tracia e na fronteira cos escitas. Contra eles loitou Filipo II de Macedonia, ao norte das montañas Haemos, onde foi ferido e, posteriormente, Alexandre Magno derrotou aos xetas e destruíu unha cidade.
Lisímaco de Tracia cruzou o Danubio, pero foi derrotado polos xetas e debeu a súa vida á xenerosidade do rei xeta Dromichaetes (312 a.C.).
O reino do Bósforo centrado en Panticapea tamén tiña aos escitas como veciños e foi un centro dun activo comercio entre escitas e gregos no que se intercambiaban cereais e escravos. As cidades gregas, ás veces eran independentes e ás veces pagaban tributo aos gobernantes escitas. Parisades do Bósforo, un rei presuntamente escita, gobernou sobre os meotes, que se subdividían en sindi, oraeti, dandarii, thetes e outros.
A partir do establecemento do Imperio romano, os escitas deixaron de ser mencionados baixo este nome e pasaron a ser mencionados como sármatas, dacios ou tracios.
Os hunos e os ávaros, tamén, tiveron unha importante contribución escita.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escitia |